Vuelta a España
Tipo | Grandes Voltas |
---|---|
Deporte | ciclismo en ruta |
Organizador | Unipublic (pt) |
Localización e Datas | |
País | España |
Vixencia | 1935 – |
Calendario da tempada | agosto – |
Período de ocorrencia | 1 ano |
Organización | |
Propietario | Unipublic (pt) |
A Volta Ciclista a España (castelán: Vuelta Ciclista a España), comunmente chamada Volta a España ou A Volta (castelán: La Vuelta), é unha competición ciclista anual, que se disputa por etapas ó longo de 3 semanas, principalmente por estradas españolas. A primeira edición tivo lugar no ano 1935, sendo Roberto Heras o ciclista máis laureado, con 4 vitorias na clasificación xeral por tempos, seguido de Tony Rominger e Alberto Contador, con 3.
A Volta a España xunto co Tour de Francia e o Giro de Italia, son as únicas carreiras de tres semanas do calendario da UCI, recibindo o sobrenome de "as tres grandes". Durante moito tempo a carreira española era a primeira das tres en disputarse, pero no ano 1995 cambiou de datas para instalarse entre finais do mes de agosto e comezos de setembro. Este cambio viu acompañado tamén dunhas novas propostas no deseño das etapas, buscando distancias máis curtas e espectaculares. O vixente gañador é o esloveno Primož Roglič.
Historia
A Vuelta Ciclista a España iniciouse no ano 1935 e tivo unha duración de 14 etapas e 3.431 km, grazas a Clemente López Doriga (en colaboración con Juan Pujol). Pouco despois, só tras terse disputado dúas Vueltas, houbo de suspenderse pola guerra civil española.
Nun principio, os participantes eran fundamentalmente españois; arredor dos anos 60-80 comezou a adquirir prestixio internacional. Nos últimos anos, a súa importancia diminuíu.
A Vuelta de 2005 viuse afectado polo escándalo da dopaxe. O seu gañador, Roberto Heras, foi desposuído do seu título en favor de Denis Menchov, xa que deu positivo nun control de EPO.
Organizadores
A primeira edición foi organizada polo desaparecido xornal Informaciones. A partir de 1945 foi o xornal Ya o que se fixo cargo da organización da carreira. O xornal El Correo tomou o relevo en 1955 até finais dos anos 70. A empresa de publicidade Unipublic é a organizadora da carreira dende 1979.
- Informaciones (1935-1944)
- Ya (1945-1954)
- El Correo (1955-1978)
- Unipublic (1979-...)
Xerseis
Para facilitar o recoñecemento dos líderes das diversas clasificacións da carreira dentro do pelotón de ciclistas, estes levan uns xerseis dunhas cores determinadas, do mesmo xeito que nas outras grandes voltas: Tour de Francia (maillot amarelo) e Giro de Italia (maglia rosa).
No caso da Vuelta a España, estes son os xerseis que dende o ano 2010 distinguen ós líderes das distintas clasificacións:
- Xersei vermello: vestido polo líder da clasificación xeral por tempos.
- Xersei de puntos azuis: vestido polo líder da clasificación de escaladores.
- Xersei verde: vestido polo líder da clasificación por puntos.
- Xersei branco: vestido polo líder da clasificación combinada.
Historial da Vuelta a España
Podios
Corredor | Edicións | |||
---|---|---|---|---|
Roberto Heras | 4 | 1 | 2 | 8 |
Tony Rominger | 3 | 0 | 1 | 4 |
Alberto Contador | 3 | 0 | 0 | 3 |
Primož Roglič | 3 | 0 | 0 | 3 |
Julián Berrendero | 2 | 2 | 0 | 7 |
Chris Froome | 2 | 2 | 0 | 7 |
Pedro Delgado | 2 | 1 | 2 | 11 |
Alex Zülle | 2 | 1 | 0 | 11 |
Bernard Hinault | 2 | 0 | 0 | 2 |
Gustaaf Deloor | 2 | 0 | 0 | 2 |
José Manuel Fuente | 2 | 0 | 0 | 4 |
... | ... | ... | ... | ... |
Emilio Rodríguez | 1 | 1 | 0 | ? |
Delio Rodríguez | 1 | 0 | 1 | 6 |
Álvaro Pino | 1 | 0 | 0 | 9 |
Ezequiel Mosquera | 0 | 1 | 0 | 4 |
Manuel Rodríguez | 0 | 1 | 0 | ? |
| |||||||||||||||
Edicións | Primeiro | Segundo | Terceiro | ||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
2024 | Primož Roglič | Ben O'Connor | Enric Mas | ||||||||||||
2023 | Sepp Kuss | Jonas Vingegaard | Primož Roglič | ||||||||||||
2022 | Remco Evenepoel | Enric Mas | Juan Ayuso | ||||||||||||
2021 | Primož Roglič | Enric Mas | Jack Haig | ||||||||||||
2020 | Primož Roglič | Richard Carapaz | Hugh Carthy | ||||||||||||
2019 | Primož Roglič | Alejandro Valverde | Tadej Pogačar | ||||||||||||
2018 | Simon Yates | Enric Mas | Miguel Ángel López | ||||||||||||
2017 | Chris Froome | Vincenzo Nibali | Ilnur Zakarin | ||||||||||||
2016 | Nairo Quintana | Chris Froome | Esteban Chaves | ||||||||||||
2015 | Fabio Aru | Joaquim Rodríguez | Rafal Majka | ||||||||||||
2014 | Alberto Contador (3) | Chris Froome | Alejandro Valverde | ||||||||||||
2013 | Chris Horner | Vincenzo Nibali | Alejandro Valverde | ||||||||||||
2012 | Alberto Contador (2) | Alejandro Valverde | Joaquim Rodríguez | ||||||||||||
2011 | Chris Froome | Bradley Wiggins | Bauke Mollema | ||||||||||||
2010 | Vincenzo Nibali | Ezequiel Mosquera | Peter Velits | ||||||||||||
2009 | Alejandro Valverde | Samuel Sánchez | Cadel Evans | ||||||||||||
2008 | Alberto Contador | Levi Leipheimer | Carlos Sastre | ||||||||||||
2007 | Denis Menchov | Carlos Sastre | Samuel Sánchez | ||||||||||||
2006 | Alexander Vinocurov | Alejandro Valverde | Andrey Kashechkin | ||||||||||||
2005 | Roberto Heras (4) | Denis Menchov | Carlos Sastre | ||||||||||||
2004 | Roberto Heras (3) | Santiago Pérez | Francisco Mancebo | ||||||||||||
2003 | Roberto Heras (2) | Isidro Nozal | Alejandro Valverde | ||||||||||||
2002 | Aitor González | Roberto Heras | Joseba Beloki | ||||||||||||
2001 | Ángel Casero | Óscar Sevilla | Roberto Heras | ||||||||||||
2000 | Roberto Heras | Ángel Casero | Pável Tonkov | ||||||||||||
1999 | Jan Ullrich | Igor González | Roberto Heras | ||||||||||||
1998 | Abraham Olano | Fernando Escartín | José María Jiménez | ||||||||||||
1997 | Alex Zülle (2) | Fernando Escartín | Laurent Dufaux | ||||||||||||
1996 | Alex Zülle | Laurent Dufaux | Tony Rominger | ||||||||||||
1995 | Laurent Jalabert | Abraham Olano | Johan Bruyneel | ||||||||||||
1994 | Tony Rominger (3) | Mikel Zarrabeitia | Pedro Delgado | ||||||||||||
1993 | Tony Rominger (2) | Alex Zülle | Laudelino Cubino | ||||||||||||
1992 | Tony Rominger | Jesús Montoya | Pedro Delgado | ||||||||||||
1991 | Melchor Mauri | Miguel Indurain | Marino Lejarreta | ||||||||||||
1990 | Marco Giovannetti | Pedro Delgado | Anselmo Fuerte | ||||||||||||
1989 | Pedro Delgado (2) | Fabio Parra | Óscar Vargas | ||||||||||||
1988 | Sean Kelly | Reimund Dietzen | Anselmo Fuerte | ||||||||||||
1987 | Luis Herrera | Reimund Dietzen | Laurent Fignon | ||||||||||||
1986 | Álvaro Pino | Robert Millar | Sean Kelly | ||||||||||||
1985 | Pedro Delgado | Robert Millar | Pacho Rodríguez | ||||||||||||
1984 | Eric Caritoux | Alberto Fernández | Reimund Dietzen | ||||||||||||
1983 | Bernard Hinault (2) | Marino Lejarreta | Alberto Fernández | ||||||||||||
1982 | Marino Lejarreta | Michel Pollentier | Sven-Ake Nilsson | ||||||||||||
1981 | Giovanni Battaglin | Pedro Muñoz | Vicente Belda | ||||||||||||
1980 | Faustino Rupérez | Pedro Torres | Claude Criquelion | ||||||||||||
1979 | Joop Zoetemelk | Francisco Galdós | Michel Pollentier | ||||||||||||
1978 | Bernard Hinault | José Pesarrodona | Jean-René Bernaudeau | ||||||||||||
1977 | Freddy Maertens | Miguel María Lasa | Klaus-Peter Thaler | ||||||||||||
1976 | José Pesarrodona | Luis Ocaña | José Nazabal | ||||||||||||
1975 | Agustín Tamames | Domingo Perurena | Miguel María Lasa | ||||||||||||
1974 | José Manuel Fuente (2) | Joaquim Agostinho | Bernard Thévenet | ||||||||||||
1973 | Eddy Merckx | Luis Ocaña | Bernard Thévenet | ||||||||||||
1972 | José Manuel Fuente | Miguel María Lasa | Agustín Tamames | ||||||||||||
1971 | Ferdinand Bracke | Wilfried David | Luis Ocaña | ||||||||||||
1970 | Luis Ocaña | Agustín Tamames | Herman Van Springel | ||||||||||||
1969 | Roger Pingeon | Luis Ocaña | Marinus Wagtmans | ||||||||||||
1968 | Felice Gimondi | José Pérez Francés | Eusebio Vélez | ||||||||||||
1967 | Jan Janssen | Jean Pierre Ducasse | Aurelio González | ||||||||||||
1966 | Francisco Gabica | Eusebio Vélez | Carlos Echeverría | ||||||||||||
1965 | Rolf Wolfshohl | Raymond Poulidor | Rik Van Looy | ||||||||||||
1964 | Raymond Poulidor | Luis Otaño | José Pérez Francés | ||||||||||||
1963 | Jacques Anquetil | José M. Colmenarejo | Miguel Pachecho | ||||||||||||
1962 | Rudi Altig | José Pérez Francés | Seamus Elliott | ||||||||||||
1961 | Angelino Soler | François Mahé | José Pérez Francés | ||||||||||||
1960 | Franz De Mulder | Armand Desmet | Miguel Pachecho | ||||||||||||
1959 | Antonio Suárez | José Segu | Rik Van Looy | ||||||||||||
1958 | Jean Stablinski | Pasquale Fornara | Fernando Manzaneque | ||||||||||||
1957 | Jesús Loroño | Federico Bahamontes | Bernardo Ruiz | ||||||||||||
1956 | Angelo Conterno | Jesús Loroño | Raymond Impanis | ||||||||||||
1955 | Jean Dotto | Antonio Jiménez Quiles | Raphael Geminiani | ||||||||||||
1951-1954 | Non se disputou | ||||||||||||||
1950 | Emilio Rodríguez | Manuel Rodríguez | José Serra | ||||||||||||
1949 | Non se disputou | ||||||||||||||
1948 | Bernardo Ruiz | Emilio Rodríguez | Bernardo Capó | ||||||||||||
1958 | Jean Stablinski | Pasquale Fornara | Fernando Manzaneque | ||||||||||||
1947 | Edouard van Dyck | Manuel Costa | Delio Rodríguez | ||||||||||||
1946 | Dalmacio Langarica | Julián Berrendero | Jan Lambrichs | ||||||||||||
1945 | Delio Rodríguez | Julián Berrendero | Juan Gimeno | ||||||||||||
1943-1944 | Non se disputou | ||||||||||||||
1942 | Julián Berrendero (2) | Diego Chafer | Antonio Sancho | ||||||||||||
1941 | Julián Berrendero | Fermín Trueba | José Jabardo | ||||||||||||
1937-1940 | Non se disputou | ||||||||||||||
1936 | Gustaaf Deloor (2) | Alfons Deloor | Antonio Bertola | ||||||||||||
1935 | Gustaaf Deloor | Mariano Cañardo | Antoine Dignef |
Vitorias de etapa
- Con 38: Delio Rodríguez
- Con 20: Alessandro Petacci
- Con 18: Laurent Jalabert e Rik Van Looy
- Con 16: Sean Kelly
Días como líder
- Con 48: Alex Zülle
- Con 34: Roberto Heras
- Con 32: Delio Rodríguez e Gustaaf Deloor
- Con 31: Tony Rominger, Julián Berrendero e Domingo Perurena