Władysław Reymont
Władysław Stanisław Reymont | |
Nome orixinal | (pl) Władysław Stanisław Reymont |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | (pl) Władysław Stanisław Rejment 7 de maio de 1867 Kobiele Wielkie |
Morte | 5 de decembro de 1925 Varsovia |
Lugar de sepultura | Cemitério de Powązki (pt) (1925–) 52°15′09″N 20°58′34″L / 52.252518, 20.976084 |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Imperio Ruso Segunda República Polaca |
Grupo étnico | Pobo polaco |
Actividade | |
Campo de traballo | Fiction (en) |
Ocupación | escritor , guionista , novelista , prosista |
Período de actividade | 1896 - |
Partido político | Partido Popular Polonês "Piast" (pt) (1925–1925) National League (en) |
Membro de | |
Lingua | Lingua polaca |
Obra | |
Obras destacables
| |
Familia | |
Cónxuxe | Aurelia Szacnajder Szabłowska |
Premios
| |
Władysław Reymont, que é o alias literario de Władysław Rejment, nado en Kobiele-Wielkie o 7 de maio de 1867, finado en Varsovia o 5 de decembro de 1925, foi un novelista polaco, que foi galardoado co Premio Nobel de Literatura en 1924.
Seu pai era organista nunha aldea polaca e súa nai era de orixe nobre. Ambos querían que Władysław se fixese sacerdote, pero este tivo outros proxectos. Deixou a escola e desempeñou diversos oficios (actor de teatro, maquinista de ferrocarril), cambiando con frecuencia de lugar de residencia. Viaxou moito por Polonia e a través de Europa, pero a súa paixón sempre foi a literatura. Pertenceu á corrente literaria Polonia Nova.
A máis coñecida das súas novelas, Chłopi (Os labregos), 1904-1909), dividida en catro partes que levaban os nomes das estacións do ano, foi o seu principal aval para conseguir o premio Nobel en 1924, a pesar de que Stefan Zeromski era considerado un mellor candidato para que un escritor en lingua polaca obtivera este premio, pero este era profundamente antialemán.