Wikipedia:Cómpre referencia
Para asegurar que todo o contido da Wikipedia é verificable, calquera pode cuestionar unha afirmación sen referencias inserindo a etiqueta {Cómpre referencia}
.
Exemplo: O 65% das persoas cre nas pantasmas.[Cómpre referencia]
- Teña precaución antes de crer unha afirmación sen referenciar.
- Se pode achegar unha fonte fiable para unha afirmación, sexa valente e substitúa o modelo "Cómpre referencia" por unha referencia á fonte. Hai máis información sobre como facelo en Wikipedia:Guía/Fontes.
- Se alguén marca as súas contribucións coa etiqueta
{Cómpre referencia}
e non está de acordo, debata o asunto na páxina de conversa do artigo. - As afirmacións controvertidas e pobremente referenciadas nas biografías de xente viva deben eliminarse inmediatamente.