Zygmunt Bauman

Zygmunt Bauman
Nacemento19 de novembro de 1925
 Poznan
Falecemento9 de xaneiro de 2017
 Leeds
NacionalidadePolonia e Reino Unido
Relixiónateísmo
Alma máterLondon School of Economics e Faculty of Philosophy and Sociology, University of Warsaw
Ocupaciónfilósofo, sociólogo, profesor universitario, escritor e xornalista de opinión
CónxuxeJanina Bauman
FillosIrena Bauman
PremiosGolden Medal for Merit to Culture, Medal of the 10th Anniversary of People's Poland, Prêmio Theodor W. Adorno, Premio Príncipe de Asturias de Comunicación e Humanidades, Cruz de Valor, European Amalfi Prize for Sociology and Social Sciences, honorary doctor of the University of Gothenburg, doutor honoris causa da Universidade Vytautas-Magnus e The VIZE 97 Prize
Na rede
IMDB: nm8659676 Dialnet: 21633 iTunes: 440967465 WikiTree: Bauman-1514 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Zygmunt Bauman, nado en Poznań o 19 de novembro de 1925 e finado en Leeds o 9 de xaneiro de 2017, foi un sociólogo, filósofo e ensaísta polaco de orixe xudía. A súa obra, que comezou na década de 1950, ocúpase, entre outras cousas, de cuestións como as clases sociais, o socialismo, o holocausto, a hermenéutica, a modernidade e a posmodernidade, o consumismo, a globalización e a nova pobreza. Desenvolveu o concepto da «modernidade líquida» e acuñou o termo correspondente.[1] Xunto co tamén sociólogo Alain Touraine, Bauman recibiu o Premio Príncipe de Asturias de Comunicación e Humanidades en 2010.[2]

Traxectoria

Naceu no seo dunha familia humilde. Na súa fuxida do nazismo trasladouse á Unión Soviética e posteriormente regresou a Polonia, onde militou no Partido Comunista.[3] Foi mestre de filosofía e socioloxía na Universidade de Varsovia antes de verse obrigado a marchar de Polonia en 1968 por mor da política antisemita desenvolvida polo goberno comunista despois dos sucesos de marzo de 1968. Após a súa marcha da universidade desa cidade, ensinou socioloxía en países como Israel, os Estados Unidos e o Canadá. Dende 1971 residía en Inglaterra. Foi mestre na Universidade de Leeds, da que foi profesor emérito dende 1990.

Recoñecementos

Notas

  1. 'Sociedad líquida' El Diario Vasco, consultado o 11 de outubro de 2011
  2. 2,0 2,1 Los sociólogos Touraine y Bauman ganan el Príncipe de Asturias de Comunicación, 20 minutos, 27 de maio de 2010, consultado o mesmo día.
  3. Clarín.com : Zygmunt Bauman: "Sí, fui un espía del comunismo" Arquivado 04 de marzo de 2016 en Wayback Machine.

Véxase tamén