Órbita alta terrestre
Unha órbita alta terrestre é unha órbita xeocéntrica cunha altitude enteiramente por riba da órbita xeoestacionaria (ou xeosincrónica, isto é, cunha altura de 35 786 quilómetros).[1] O período orbital de tales órbitas é maior que 24 horas, polo que os satélites en tales órbitas teñen un movemento aparente retrógrado. Ou sexa, mesmo se teñen unha órbita progrado (90° > inclinación ≥ 0°), a súa velocidade angular orbital é menor que a velocidade de rotación da Terra, o que causa que o seu movemento sexa visto dende a superficie terrestre como indo cara ó oeste.
Exemplos de satélites en órbita alta terrestre
Nome | NSSDC id. | Data de lanzamento | Perixeo | Apoxeo | Período | Inclinación |
---|---|---|---|---|---|---|
Vela 1A[2][3] | 1963-039A | 17/10/1963 | 101 925 km | 116 528 km | 6519 min | 37,8° |
IBEX | 2008-051A | 19/10/2008 | 61 941 km | 290 906 km | 12 963 min | 16,9° |
Notas
- ↑ "User support guide: platforms. NASA Goddard Space Flight Center.". Arquivado dende o orixinal o 27/05/2010. Consultado o 15/12/2020. Arquivado 27/05/2010, en Wayback Machine.
- ↑ "Encyclopedia Astronautica Index: 1". www.astronautix.com. Consultado o 2020-12-15.
- ↑ "NASA - NSSDCA - Spacecraft - Details". nssdc.gsfc.nasa.gov. Consultado o 2020-12-15.
Véxase tamén
Outros artigos
- Órbita
- Órbita baixa terrestre
- Órbita media terrestre
- Órbita xeoestacionaria