11 de agosto
<< | Agosto | >> | ||||
Lu | Ma | Mé | Xo | Ve | Sá | Do |
1 | 2 | 3 | 4 | |||
5 | 6 | 7 | 8 | 9 | 10 | 11 |
12 | 13 | 14 | 15 | 16 | 17 | 18 |
19 | 20 | 21 | 22 | 23 | 24 | 25 |
26 | 27 | 28 | 29 | 30 | 31 | |
2024 Todos os días |
O 11 de agosto é o 223º día do ano do calendario gregoriano e o 224º nos anos bisestos. Quedan 142 días para finalizar o ano.
Acontecementos
- 1114 - nas illas Baleares, Ramón Berenguer III, conde de Barcelona, conquista Eivisa (Ibiza).
- 1960 - Chad declárase independente de Francia.
- 1967 - Nixeria declara a guerra total a Biafra.
- 1979 - Marrocos invade o sur do Sáhara Occidental, administrado por Mauritania.
Nacementos
- 1858 - Christiaan Eijkman, fisiólogo neerlandés (m. 1930).
- 1867 - Edgar de Wahl, creador da lingua auxiliar internacional chamada Occidental ou Interlingue.
- 1871 - Purificación Pazó Prado, mestra e política galega (m. 1958).
- 1881 - José Soto Reguera, político galego (m. 1953).
- 1903 - Ánxel Fole, escritor galego (m. 1986).
- 1916 - Amparo Alvajar, xornalista, tradutora e escritora galega. (m. 1998).
- 1928 - Lucho Gatica, cantante chileno.
- 1932 - Peter Eisenman, arquitecto estadounidense.
- 1932 - Fernando Arrabal, escritor español.
- 1950 - Stephen Wozniak, enxeñeiro electrónico estadounidense.
- 1951 - Fina Casalderrey, escritora galega.
- 1967 - Collin Chou, actor e especialista en artes marciais taiwanés.
Mortes
- 1259 - Mongke, Gran Khan do Imperio Mongol.
- 1494 - Hans Memling, pintor flamengo.
- 1801 - Félix María Samaniego, escritor español.
- 1936 - Blas Infante, político e escritor español.
- 1936 - Manuel Gómez del Valle, escritor e xornalista galego (n. 1906).
- 1936 - Jesús Parrado Vaamonde, político galego (n. 1911).
- 1937 - Edith Wharton, escritora estadounidense (n. 1862).
- 1951 - Ramón Obella Vidal, médico e empresario galego (n. 1888).
- 1956 - Jackson Pollock, pintor estadounidense.
- 1963 - Ignacio Vidales Tomé, xornalista, debuxante e caricaturista galego (n. 1896).
- 1973 - Karl Ziegler, químico alemán (n. 1898).
- 1995 - Alonzo Church, matemático e lóxico norteamericano (n. 1903).
Festas e celebracións
Outros
- Santoral: Santa Clara (virxe).