18 de maio
<< | Maio | >> | ||||
Lu | Ma | Mé | Xo | Ve | Sá | Do |
1 | 2 | 3 | 4 | 5 | ||
6 | 7 | 8 | 9 | 10 | 11 | 12 |
13 | 14 | 15 | 16 | 17 | 18 | 19 |
20 | 21 | 22 | 23 | 24 | 25 | 26 |
27 | 28 | 29 | 30 | 31 | ||
2024 Todos os días |
O 18 de maio é o 138º día do ano do calendario gregoriano e o 139º nos anos bisestos. Quedan (227) días para finalizar o ano.
Acontecementos
- 37 - O Senado Romano cesa o mandato de Tiberio e proclama a Calígula emperador.
- 1766 - A Revolta Americana: O Parlamento Británico anula a Lei do Selo, que foi moi impopular nas colonias británicas.
- 1900 - Fúndase o AFC Ajax.
- 1916 - Nunha xuntanza nos locais da Real Academia Galega da Coruña, Manuel Lugrís Freire, Antón Villar Ponte, Florencio Vaamonde Lores, Uxío Carré Aldao —entre outros— acordan a creación das Irmandades da Fala para a defensa, exaltación e fomento da lingua de Galicia.
- 1965 - Alexei Leonov, cosmonauta ruso, convértese na primeira persoa en camiñar polo espazo.
- 1970 - Fúndase no Castro de Samoedo, Sada, o Museo Maside de Arte Contemporánea.
- 1995 - Voda da Infanta Elena de Borbón con Jaime de Marichalar.
- 1999 - Erich Karkoschka descobre a lúa do planeta Urano, Perdita, a cal foi recuperada de imaxes tomadas o 18 de xaneiro de 1986 pola sonda espacial Voyager 2, e sería confirmado este descubrimento con imaxes tomadas polo Telescopio Espacial Hubble no ano 2003.
Nacementos
- 1048 - Omar Khayyam, matemático, astrónomo e poeta persa.
- 1742 - Félix de Azara, militar e naturalista español que describiu máis de 200 novas especies animais en Suramérica (m. 1821).
- 1852 - Gertrude Käsebier, fotógrafa estadounidense (m. 1934).
- 1868 - Nicolao II, tsar de Rusia.
- 1872 - Bertrand Russell, matemático británico, Premio Nobel de Literatura (m. 1970).
- 1876 - Hermann Müller, chanceler alemán (m. 1931).
- 1883 - Eurico Gaspar Dutra, presidente do Brasil (m. 1974).
- 1887 - Ernst Wiechert, mestre e escritor alemán (m. 1950).
- 1891 - Rudolf Carnap, filósofo alemán.
- 1893 - María Carmen Corredoira Ruiz, pintora galega (m. 1970).
- 1895 - Augusto César Sandino, revolucionario nicaraguano (m. 1934).
- 1897 - Frank Capra, director de cine estadounidense de orixe italiana (m. 1991).
- 1901 - Vincent du Vigneaud, químico estadounidense, Premio Nobel (m. 1978).
- 1913 - Neelam Sanjiva Reddy, presidente indiano (m. 1996).
- 1920 - Karol Józef Wojtyła, futuro papa Xoán Paulo II (m. 2005).
- 1923 - Hugh Shearer, primeiro ministro de Xamaica (m. 2004).
- 1931 - Fernando Pereira Caamaño, político galego (m. 2000).
- 1938 - Xosé Antonio Silva do Porto, xornalista e escritor galego (m. 1997).
- 1939 - Peter Andreas Grünberg, físico alemán, Premio Nobel de Física.
- 1941 - Francisco Pillado Maior, escritor e crítico teatral galego.
- 1944 - W. G. Sebald, escritor alemán.
- 1944 - Albert Hammond, cantante e compositor británico.
- 1946 - Andreas Katsulas, actor estadounidense.
- 1946 - Maria do Carme Ríos Panisse, filóloga galega.
- 1949 - Rick Wakeman, compositor inglés.
- 1962 - Antonio Taboada Ferradás (Wily), escultor galego.
- 1970 - Billy Howerdel, músico estadounidense.
Mortes
- 1525 - Pietro Pomponazzi, filósofo italiano (n. 1462]).
- 1799 - Pierre-Augustin de Beaumarchais, dramaturgo francés (n. 1732).
- 1897 - Esteban Quet Puigvert, profesor universitario e político catalán, residente en Galicia (n. 1811).
- 1911 - Gustav Mahler, compositor alemán (n. 1860).
- 1922 - Charles Louis Alphonse Laveran, médico francés, Premio Nobel de Fisioloxía ou Medicina (n. 1845).
- 1953 - Cecilio Bedia Caballería, militar galego (m. 1868).
- 1955 - Prudencio Landín Tobío, avogado e xornalista galego (n. 1877).
- 1965 - Saturnino Piñeiro Groba, agrarista a xornalista galego.
- 1968 - José María Mosqueira Manso, mariño, biólogo e historiador galego (n. 1886).
- 1975 - Jan Bronner, escultor neerlandés (n. 1881).
- 1975 - Aníbal Troilo, bandoneonista e compositor arxentino.
- 1982 - Arturo Taracido Veira, político galego (n. 1887).
- 1992 - Manuel Cuña Novás, escritor e político galego.
- 2007 - Pierre-Gilles de Gennes, físico francés (n. 1932).
- 2010 - Edoardo Sanguineti, poeta, crítico literario e profesor italiano (n. 1930).
Festas e celebracións
- Ó redor do 18 de maio celébrase o Día Internacional dos Museos (declarado pola ONU en 1977) [1].
Outros
- Santoral:
Notas
- ↑ "International Council of Museums. Día Internacional de los Museos" (en castelán). Consultado o 2022-11-23.