Albrecht Kossel

Albrecht Kossel
Datos persoais
Nome completoLudwig Karl Martin Leonhard Albrecht Kossel
Nacemento16 de setembro de 1853
LugarRostock (Alemaña)
Falecemento5 de xullo de 1927, 73 anos
LugarHeidelberg (Alemaña)
SoterradoBergfriedhof (Heidelberg)
ResidenciaAlemaña
NacionalidadeAlemá
FillosWalther Kossel
Actividade
Campomédico
Alma máterUniversidade de Estrasburgo e Universidade de Rostock
Director de teseFelix Hoppe-Seyler
Contribucións e premios
Coñecido porÁcido nucleico
PremiosPremio Nobel de Medicina (1910)
editar datos en Wikidata ]

Ludwig Karl Martin Leonhard Albrecht Kossel, nado en Rostock o 16 de setembro de 1853 e finado en Heidelberg o 5 de xullo de 1927 foi un médico alemán.

Traxectoria

Fillo de Albrecht Kossel, cónsul de Prusia e a súa esposa Clara. Estudou medicina na Universidade de Rostock e en 1872 continúa os seus estudos na Universidade de Estrasburgo, onde recibe leccións de Bary, Waldeyer, Kundt, Baeyer e Felix Hoppe-Seyler. Obtén a licenciatura en 1878.

Dirixiu o Instituto de Fisioloxía de Berlín. Máis tarde accede á Cátedra de Fisioloxía de Marburgo, sendo titular da mesma en Heidelberg, cidade onde falece en 1927.

Descubriu os acedos nucleicos. A este bioquímico alemán foille outorgado o Premio Nobel de Medicina en 1910 polas súas contribucións no desciframento da química de ácidos nucleicos e proteínas, descubrindo os ácidos nucleicos, bases na molécula de ADN, que constitúe a substancia xenética da célula.

A súa vocación investigadora introduciuno na área da fisioloxía celular e seguindo os descubrimentos de Miescher comezou a desenvolver unha serie de estudos que lle levaron a importantes conclusións sobre a síntese das proteínas, a destacar a importancia das encimas e a intuír o papel dos ácidos nucleicos na herdanza. Establece as bases da estrutura do ADN, ó estudar as nucleínas (nucleoproteínas) mostrando que consistían nunha porción proteica e outra non proteica (acedos nucleicos).

Posteriormente, describe os seus compoñentes, distinguindo entre adenina, citosina, guanina, timina e uracilo. Kossel estableceu as bases que conduciron a esclarecer a estrutura do ADN.

Véxase tamén

Bibliografía

  • Untersuchungen über die Nukleine und ihre Spaltungsprodukte (Investigations into the nucleins and their cleavage products), 1881
  • Die Gewebe des menschlichen Körpers und ihre mikroskopische Untersuchung (The tissues in the human body and their microscopic investigation), 1889-1891
  • Leitfaden für medizinisch-chemische Kurse (Textbook for medical-chemical courses), 1888
  • Die Probleme der Biochemie (The problems of biochemistry), 1908
  • Die Beziehungen der Chemie zur Physiologie (The relationships between chemistry and physiology), 1913