Robert Bárány
Nome orixinal | (hu) Róbert Bárány |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 22 de abril de 1876 Viena, Austria |
Morte | 8 de abril de 1936, 59 anos Uppsala (Suecia) |
Lugar de sepultura | Cemitério do Norte (pt) , Kvarter 21C, gravnummer 1702F 59°21′27″N 18°01′15″L / 59.3576, 18.0208 |
Datos persoais | |
Residencia | Austria, Suecia |
País de nacionalidade | Austríaca |
Educación | Universidade de Viena (–1900) |
Coñecido por | Polas súas investigacións sobre o aparello vestibular no oído interno |
Actividade | |
Campo de traballo | Medicina |
Ocupación | médico , otologist (en) , catedrático , neurocientífico , investigador |
Empregador | Universidade de Viena Universidade de Uppsala |
Membro de | |
Lingua | Lingua alemá, lingua húngara e lingua sueca |
Premios | |
Premio Nobel de Medicina (1914) | |
Lista
|
Robert Bárány, nado en Viena o 22 de abril de 1876 e finado en Uppsala (Suecia) o 8 de abril de 1936, foi un médico austríaco de orixe húngara.
Traxectoria
Realizou tódolos seus estudos en Viena até graduarse na facultade de medicina vienesa en 1900. Realizou prácticas de medicina interna, neuroloxía e psiquiatría en Alemaña. En 1903 comeza a práctica cirúrxica co profesor Politzer na clínica de oído do Hospital Xeral de Viena, onde permaneceu os seguintes 10 anos.
Bárány definiu as respostas normais e anormais a diferentes estímulos térmicos aplicados ó órgano da audición, enfocándose principalmente á función de labirinto e ós canles semicirculares do oído. Mediante as súas investigacións, describiu signos e síndromes, e creou probas para o estudo da función vestibular e a súa relación co cerebelo.
Como cirurxián, describiu procedementos para tratar a otosclerose e serviu como cirurxián durante a primeira guerra mundial, sendo pioneiro no tratamento das feridas por armas de fogo no cerebro. Foi feito prisioneiro de guerra e continuou a súa práctica cirúrxica durante a súa reclusión.
En 1914 foi galardoado co Premio Nobel de Medicina polos seus traballos na fisioloxía e patoloxía do aparello vestibular sendo aínda prisioneiro.
Non foi liberado até 1916, mediante a intervención de institucións e corpos diplomáticos. Trala súa liberación foi acusado de plaxio e omisión científica, e foi absolto destes cargos polo Instituto Karolinska. Viviu o resto dos seus días en Uppsala, Suecia, como profesor e xefe do servizo de otoloxía da Universidade de Uppsala, até a súa morte o 8 de abril de 1936.