Barbara McClintock
Barbara McClintock, nada en Hartford (Connecticut) o 16 de xuño de 1902 e finada en Huntington (Nova York) o 2 de setembro de 1992, foi unha xenetista estadounidense, que obtivo o Premio Nobel de Medicina no 1983, a terceira muller pero a primeira en conseguilo de xeito individual.[1]
Traxectoria
Estudou na Universidade Cornell, acadando o doutoramento no 1927. Descubriu os transposóns mentres traballaba para explicar os patróns de cor das sementes do millo. O seu traballo foi pasado por alto moitos anos, ó non estar conforme cos entón vixentes modelos de xenética.[2]
Os seus descubrimentos non se recoñeceron até que Jacob e Monod chegaron ás mesmas conclusións.[3]
Notas
- ↑ "Barbara McClintock, especialista en citogenética Efemérides". Mujeres con ciencia (en castelán). 2014-06-16. Consultado o 2021-04-27.
- ↑ "Barbara McClintock y la libertad de pensamiento Vidas científicas". Mujeres con ciencia (en castelán). 2014-06-30. Consultado o 2021-04-27.
- ↑ Cervera, José. El Diario, ed. "Así era la primera mujer que ganó un premio Nobel de medicina en solitario" (en español). Consultado o 15 de novembro de 2017.
Véxase tamén
Bibliografía
- Cívico, Irene; Parra, Sergio (2018). Las chicas son de ciencias. 25 científicas que cambiaron el mundo. Barcelona: Penguin Random House. pp. 88-91. ISBN 978-84-9043-882-4.
Outros artigos
Este artigo sobre unha personalidade é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |