Anatole France

Anatole France
Nome completoJacques François-Anatole Thibault
AlcumeAnatole France e Anatolis Fransas
Nacemento16 de abril de 1844
 París Francia
Falecemento12 de outubro de 1924
 Saint-Cyr-sur-Loire Francia
SoterradoNeuilly-sur-Seine Old Communal Cemetery
NacionalidadeFrancia
Alma máterCollège Stanislas (París)
Ocupaciónescritor, poeta, novelista, bibliotecario, crítico literario, escritor de ciencia ficción, prosista, biógrafo e crítico
CónxuxeValérie Guérin de Sauville e Emma Laprévotte
FillosSuzanne Thibault
Coñecido/a porThaïs e Os deuses estão sedentos
PremiosPremio Nobel de Literatura, Premio Montyon, Vitet Prize, Oficial da Lexión de Honra e Cabaleiro da Lexión de Honra
Na rede
IMDB: nm0289787 IBDB: 4113
Bitraga: 792 Dialnet: 2278036 Musicbrainz: 491de47d-8782-4a93-bb7b-a7f1893e9d6b Discogs: 2970592 IMSLP: Category:France,_Anatole WikiTree: Thibault-1729 Find a Grave: 12286 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]
Debuxo de T.A. Steinlein.

Anatole François Thibault, que adoptou o sobrenome Anatole France, nado o 16 de abril de 1844 en París e finado o 12 de outubro de 1924 en Saint-Cyr-sur-Loire, foi un escritor francés. Anatole France é pai do tamén escritor Noël France.

De ton escéptico, as súas publicacións obtiveron grande éxito. O seu primeiro grande éxito foi Le Crime de Sylvestre Bonnard (1881), premiado pola Academia francesa. Outras obras son: Thaïs (1890), Le Lys rouge (1894), Le Puits de Sainte Claire (1895), Les dieux ont soif (1912), La Révolte des anges (1914) etc.

Biografía

De seu pai herdou o interese pola Revolución francesa. A familia era propietaria dunha librería que vendía tanto libros como panfletos e outros materiais editados durante a Revolución. Dese mundo, Anatole sacou parte das súas ideas e primeiras lecturas.

Segundo Fulgrosse, durante a guerra franco-prusiana (1870-1871), Anatole France participou na defensa de París como garda nacional, integrado na 1ª Compañía do 20º Batallón da Garda Nacional do Sena (compañías de guerra), na reserva no reduto de Faisanderie (Joinville-le-Pont) mentres se libraba a batalla de Champigny. Foi declarado impropio para servizo por ser de fraca constitución e pasou a ser civil en xaneiro de 1871. Foxe de París no inicio da insurrección da Comuna de París.

Foi primeiro bibliotecario no Senado, e foi elixido para a Academia francesa en 1896. En 1921 conseguiu o Premio Nobel de Literatura polo conxunto da súa obra.

Anatole France apoiou a Émile Zola no caso Dreyfus; ao día seguinte da publicación do J'accuse, asinou a petición que pedía a revisión do proceso. Devolveu a súa Lexión de Honra cando lle foi retirada a Zola. Participou na fundación da Liga dos Dereitos do Home.

Tamén se comprometeu nas causas da separación da Igrexa e o Estado, dos dereitos sindicais, contra os presidios militares...

Foi colaborador do diario l'Humanité, e tomou partido en 1919 contra o Tratado de Versailles (Contra unha paz inxusta, que publicou l'Humanité o 22 de xullo de 1919). Presentouse a deputado nas eleccións lexislativas de 1914. Próximo á SFIO (Sección Francesa da Internacional Obreira, futuro Partido Socialista Francés), estivo cerca do Partido Comunista Francés, aínda que máis adiante volveuse crítico contra.

Tras o 24 de maio de 1924, no seu octoxésimo aniversario, ao día seguinte da vitoria da esquerda, asistiu a unha manifestación pública de celebración no Trocadero.

Véxase tamén