Bruno Latour

Bruno Latour
Nome completoBruno Paul Louis Latour
Nacemento22 de xuño de 1947
Lugar de nacementoBeaune
Falecemento9 de outubro de 2022 e 8 de outubro de 2022
Lugar de falecemento13.º arrondissement de Paris e París
Causacancro de páncreas
NacionalidadeFrancia
Relixióncatolicismo
Alma máterUniversité de Tours, École des hautes études en sciences sociales, Lycée Saint-Louis-de-Gonzague, Université de Tours e Universidade de Borgoña
Ocupaciónantropólogo, sociólogo, catedrático, filósofo e escritor
PaiLouis-Noël Latour
IrmánsLouis Latour e Mireille Chalvon-Demersay
PremiosCabaleiro da Lexión de Honra, Prêmio Comemorativo Internacional Holberg, Albertus-Magnus professorate, Siegfried Unseld Preis, John Desmond Bernal Prize, officier de l'ordre national du Mérite, Prix Roberval, Doutor honoris causa pola Universidade de Lund, Honorary doctor of the University of Lausanne, doutor honoris causa pola Universidade de Montreal, honorary doctor of the University of Gothenburg, doctor honoris causa of the University of Warwick, doutor honoris causa pola universidade de Edimburgo, Ofiacial da Orde das Palmas Académicas, prix Raymond-de-Boyer-de-Sainte-Suzanne, prix de l'Académie catholique de France e Kyoto Prize in Arts and Philosophy
Na rede
http://www.bruno-latour.fr
Twitter: BrunoLatourAIME Dialnet: 268699 Musicbrainz: b5d66561-41bd-4914-b58b-4420e0e3c8e7 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Bruno Latour, nado en Beaune o 22 de xuño de 1947 e finado o 9 de outubro de 2022,[1] foi un filósofo da ciencia, antropólogo e sociólogo francés.[2] Foi recoñecido especialmente polo seu traballo no campo dos estudos da ciencia e da tecnoloxía (STS).[3] Tras dar clases na École des Mines de París (Centre de Sociologie de l'Innovation) entre 1982 e 2006, converteuse en profesor do Institut d'études politiques de París (2006–2017), onde foi o director científico do Sciences Po Medialab. Retirouse de varias actividades da universidade en 2017.[4] Foi tamén Centennial Professor na Escola de Economía de Londres.[5][6]

Latour foi máis coñecido polos seus libros Nous n'avons jamais été modernes : Essai d'anthropologie symétrique (1991), Laboratory Life (con Steve Woolgar, 1979) e Science in Action (1987).[7] Aínda que os seus estudos sobre a práctica científica estiveron nun momento asociados coas achegas do construcionismo social[7] á filosofía da ciencia, Latour diverxeu significativamente destas achegas. É coñecido por renunciar á división subxectivo/obxectivo e redesenvolver a contribución do traballo práctico.[2] Latour dixo en 2017 que estaba interesado en axudar a reconstruír a confianza na ciencia e que algunhas das autoridades da ciencia necesitaban ser reconquistadas.[8] Xunto con Michel Callon e John Law, Latour foi un dos principais desenvolvedores da teoría do actor-rede (ANT), unha achega construcionista influída pola etnometodoloxía de Harold Garfinkel, a semiótica xenerativa de Algirdas Julien Greimas, e a socioloxía do rival de Émile Durkheim, Gabriel Tarde.

As monografías de Latour valéronlle o décimo posto entre os autores máis citados nas humanidades e as ciencias sociais en 2007.[9] Latour esforzouse en anticipar os retos e problemas do clima, afirmando que "Necesitaríanse cinco planetas para seguir vivindo como nós"[10].

A seguinte frase é atribuída por Eliane Brum a este filósofo

O negacionismo é a maneira que as elites atoparon para que os pobres paguen a factura climática[11]

Traxectoria

Bruno Latour naceu en Beaune, Francia, en 1947. Estudou filosofía baixo a influencia de Michel Serres. Interesado pola antropoloxía, ingresou no Institut de Recherche pour le Développement e realizou o seu traballo de campo en Abidjan (Costa do Marfil). Despois amosou interese pola actividade científica.[12] Como resultado dunha investigación etnográfica no Instituto Salk (La Jolla, California), publicou en 1979 Laboratory Life, que coescribiu con Steve Woolgar.

En 1984 publicou Les Microbes: Guerre Et Paix, un repaso da vida e a obra de Louis Pasteur e o seu descubrimento dos microbios. En adiante, os seus libros foron fundamentalmente teóricos (Science in Action, Pandora's Hope: An Essay on the Reality of Science Studies, onde expón o fenómeno da caixanegrización), sendo un pensador clave da teoría do actor-rede.

Latour foi tamén organizador de exposición de arte de éxito no Zentrum für Kunst und Medientechnologie en Karlsruhe, Alemaña, incluídas "Iconoclash" (2002) e "Making Things Public" (2005). En 2005 recibiu a cátedra Spinoza de Filosofía da Universidade de Ámsterdam.[13]

Premios e honras

Foi nomeado doutor honoris causa polas universidades de Lund, Lausanne e Montreal e recibiu a medalla de honor do Instituto de Estudos Avanzados da Universidade de Boloña.[12] En 2013 foille concedido o Premio Holberg.[12]

Notas

  1. "Mort de Bruno Latour, le philosophe qui a déconstruit la science". Liberation. 9 de outubro de 2022. Consultado o 9 de outubro de 2022. 
  2. 2,0 2,1 Wheeler, Will. Bruno Latour: Documenting Human and Nonhuman Associations Critical Theory for Library and Information Science. Libraries Unlimited, 2010, p. 189.
  3. Steve Fuller, "Science and Technology Studies", en The Knowledge book. Key concepts in philosophy, science and culture, Acumen (UK) e McGill-Queens University Press (NA), 2007, p. 153.
  4. "Biography" Bruno Latour's official website
  5. "Bruno Latour, Instructor - Coursera". Coursera. Consultado o 17 de maio de 2018. 
  6. Dame, ENR/PAZ // Marketing Communications: Web // University of Notre. "Bruno Latour // Events // Department of English // University of Notre Dame". english.nd.edu. Arquivado dende o orixinal o 01 de novembro de 2016. Consultado o 17 de maio de 2018. 
  7. 7,0 7,1 Heather Vidmar-McEwen,"Anthropologists biographies: Bruno Latour", "Anthropologists biographies: Bruno Latour", Indiana University Anthropology Department
  8. Frazier, Kendrick (2018). "'Science Wars' Veteran Latour Now Wants to Help Rebuild Trust in Science". Skeptical Inquirer 42 (1): 7. 
  9. "The most cited authors of books in the humanities". timeshighereducation.co.uk. 26 de marzo de 2009. Consultado o 16 de novembro de 2009. 
  10. Martínez-Bascuñán, Máriam (2022-12-31). "Por qué es urgente que la ecología seduzca al público: el legado de Bruno Latour". El País (en castelán). Consultado o 2023-01-01. 
  11. Martínez-Bascuñán, Máriam (2022-12-31). "Por qué es urgente que la ecología seduzca al público: el legado de Bruno Latour". El País (en castelán). Consultado o 2024-01-06. 
  12. 12,0 12,1 12,2 Biografía de Bruno Latour na súa páxina web oficial.
  13. Amsterdam, Universiteit van. "The Spinoza Chair - Philosophy - University of Amsterdam". www.uva.nl. Consultado o 17 de maio de 2018. 

Véxase tamén

Ligazóns externas