Clinton Engineer Works
Clinton Engineer Works (CEW) foron as instalacións de produción do Proxecto Manhattan que durante a segunda guerra mundial produciron o uranio enriquecido usado no bombardeo de Hiroshima, ademais das primeiras mostras de plutonio producido nun reactor nuclear. Consistía en varias instalacións de produción dispostas en tres localizacións principais, outras instalacións como unha central eléctrica e a vila de Oak Ridge. Estaba a uns 29 km ó oeste de Knoxville, e recibiu o nome pola vila de Clinton, a uns 13 km ó norte. As instalacións de produción estaban principalmente no condado de Roane, e a parte norte estaba no condado de Anderson. O enxeñeiro do Distrito Manhattan Kenneth Nichols trasladou o cuartel xeral do mesmo dende Manhattan ata Oak Ridge en agosto de 1943. Durante a guerra, as investigacións realizadas nestas instalacións estiveron dirixidas pola Universidade de Chicago.
Os traballadores da construción foron aloxados nunha comunidade coñecida como Happy Valley. Esta comunidade temporal tiña unha capacidade de 15 000 persoas. A vila de Oak Ridge estableceuse para aloxar ó persoal de produción. O persoal operativo chegou ós 50 000 traballadores pouco antes da fin da guerra, mentres que o persoal da construción chegou ós 75 000 e o persoal combinado ós 80 000. A vila foi desenvolvida por parte do goberno federal como unha comunidade segregada.
Véxase tamén
Bibliografía
- Fine, Lenore; Remington, Jesse A. (1972). The Corps of Engineers: Construction in the United States (PDF). Washington, D.C.: United States Army Center of Military History. OCLC 834187. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 01 de febreiro de 2017. Consultado o 13 de decembro de 2017.
- Freeman, Lindsey A. (2015). Longing for the Bomb: Oak Ridge and Atomic Nostalgia. ISBN 978-1-4696-2237-8. OCLC 891369595.
- Groves, Leslie (1962). Now it Can be Told: The Story of the Manhattan Project. Nova York: Harper & Row. ISBN 0-306-70738-1. OCLC 537684.
- Hales, Peter B. (1997). Atomic Spaces: Living on the Manhattan Project. Urbana, Illinois: University of Illinois Press. ISBN 978-0-252-02296-8. OCLC 36292920.
- Kiernan, Denise (2013). The Girls of Atomic City: the Untold Story of the Women who Helped win World War II. Nova York: Simon & Schuster. ISBN 978-1-4516-1752-8. OCLC 796757323.
- Jackson, Charles O.; Johnson, Charles W. (1977). The Urbane Frontier: The Army and the Community of Oak Ridge, Tennessee, 1942–1947. Military Affairs 41. pp. 8–15. JSTOR 1987090.
- Johnson, Charles W.; Jackson, Charles O. (1981). City Behind a Fence: Oak Ridge, Tennessee, 1942–1946. Knoxville, Tennessee: University of Tennessee Press. ISBN 0-87049-303-5. OCLC 6331350.
- Johnson, Leland; Schaffer, Daniel (1994). Oak Ridge National Laboratory: the First Fifty Years. Knoxville, Tennessee: University of Tennessee Press. ISBN 978-0-87049-853-4.
- Jones, Vincent (1985). Manhattan: The Army and the Atomic Bomb (PDF). Washington, D.C.: United States Army Center of Military History. OCLC 10913875. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 07 de outubro de 2014. Consultado o 13 de decembro de 2017.
Este artigo é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
|