Val Logsdon Fitch

Val Logsdon Fitch
Val Logsdon Fitch
Datos persoais
Nacemento10 de marzo de 1923
LugarMerrimen, Nebrasca
Falecemento15 de febreiro de 2015 (91 anos)
LugarPrinceton, Nova Jersey
NacionalidadeEstados Unidos de América
Actividade
CampoFísica de partículas
Alma máterUniversidade de Columbia
Universidade McGill
Director de teseJames Rainwater
Contribucións e premios
PremiosPremio Nobel de Física (1980)
editar datos en Wikidata ]

Val Logsdon Fitch, nado en Merrimen, Nebrasca, o 10 de marzo de 1923 e finado en Princeton, Nova Jersey o 5 de febreiro de 2015, foi un físico norteamericano galardoado co Premio Nobel de Física do ano 1980.

Traxectoria

Estudou enxeñaría na Universidade McGill, onde se licenciou en 1948. En 1954 doutorouse en física na Universidade de Columbia.

Investigacións científicas

Durante a segunda guerra mundial participou no Proxecto Manhattan de Los Álamos.

Xunto a James Cronin realizou diversos experimentos acerca das reaccións subatómicas, observando como estas a miúdo non cumpren os principios fundamentais da simetría. Coa observación en 1964 da análise das partículas kaóns viron como as reaccións feitas en sentido inverso non seguían a mesma traxectoria que a reacción orixinal, o que mostrou que as interaccións das partículas subatómicas non son independentes do tempo. Esta formulación recibiu o nome de violación CP.

En 1980, xunto con Cronin, foi galardoado co Premio Nobel de Física polos seus descubrimentos acerca da violación dos principios da simetría na partícula kaón.

Véxase tamén

Ligazóns externas