Eugene Wigner
Eugene Wigner | |
---|---|
Nacemento | 17 de novembro de 1902 |
Lugar de nacemento | Budapest |
Falecemento | 1 de xaneiro de 1995 |
Lugar de falecemento | Princeton |
Causa | pneumonía |
Soterrado | Cemitério de Princeton |
Nacionalidade | Hungría e Estados Unidos de América |
Etnia | Pobo xudeu |
Alma máter | Fasori Gimnázium e Universidade Técnica de Berlín |
Ocupación | matemático, físico, profesor universitario, físico teórico e científico nuclear |
Cónxuxe | Amelia Frank, Mary Annette Wheeler e Eileen Clare-Patton Hamilton |
Fillos | David Wheeler Wigner |
Irmáns | Margit Dirac |
Coñecido por | The Unreasonable Effectiveness of Mathematics in the Natural Sciences e Wigner's theorem |
Premios | Premio Nobel de Física, Medalla Max Planck, Prêmio Enrico Fermi, Prêmio Albert Einstein, Medalla Nacional de Ciencia, medalha Wigner, Gibbs Lecture, Medalla Franklin, Premio Memorial Richtmyer, Fellow of the American Physical Society, Foreign Member of the Royal Society, John von Neumann Lecture, Medalha Presidencial por Mérito e Premio Átomos pola Paz |
Na rede | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Eugene Paul Wigner (en húngaro: Wigner Jenő Pál), nado en Budapest o 17 de novembro de 1902 e finado en Princeton (Nova Jersey) o 1 de xaneiro de 1995, foi un físico e matemático estadounidense, de orixe húngara, galardoado co Premio Nobel de Física no ano 1963 polos seus estudos sobre o núcleo atómico e as partículas elementais.
Traxectoria
Naceu en Budapest, daquela pertencente ao Imperio Austrohúngaro, nunha familia de clase media de raíces xudías. Aos once anos foi enviado a un sanatorio das montañas de Austria para curalo da tuberculose, sendo naquel momento cando iniciou o seu interese polas matemáticas. Despois de estudar no Budapesti Evangélikus Gimnázium a súa familia converteuse ao luteranismo, o cal lle permitiu iniciar en 1921 os seus estudos en enxeñería química no Technische Hochschule de Berlín. Participou en varios coloquios organizados pola Sociedade Física Alemá que tiveron como conferenciantes ilustres nomes como Max Planck, Max von Laue, Rudolf Ladenburg, Werner Heisenberg, Walther Nernst, Wolfgang Pauli e Albert Einstein, e no cal coñeceu o seu compañeiro de investigacións Leó Szilárd.
Adicou os últimos anos da súa vida á filosofía hinduísta.
Investigacións científicas
Interesado no campo da mecánica cuántica, conseguiu ser axudante de David Hilbert na Universidade de Gotinga. Na súa estancia en Gotinga conseguiu desenvolver a súa teoría sobre a simetría, e no 1927 formulou a matriz Wigner D.
A principios da década de 1930 trasladouse aos Estados Unidos fuxindo do réxime nazi, entrando a traballar na universidade de Princeton e converténdose no cuñado do físico inglés Paul Dirac. Naqueles momentos iniciou os seus traballos ao redor do núcleo atómico, desenvolvendo unha teoría xeral sobre as reaccións nucleares, denominada Teorema de Wigner-Eckart.
O 8 de maio de 1937 conseguiu a nacionalidade norteamericana, e no 1939 foi invitado a participar no Proxecto Manhattan, que contribuíu a impulsar pola redacción da carta que finalmente sería asinada por Einstein e entregada a Roosevelt,[1] aínda que el sempre participou movido por un sentimento pacifista e polo uso civil dos resultados obtidos. Posteriormente participou no proxecto defensivo e de seguridade exterior do goberno dos Estados Unidos chegando a ser no ano 1946 director de investigación e desenvolvemento do Oak Ridge National Laboratory, situado en Tennessee.
En 1963 foi galardoado co Premio Nobel de Física, xunto con Maria Göppert-Mayer e Johannes Hans Jensen, aínda que por traballos diferentes, polas súas contribucións na teoría do núcleo atómico e das partículas elementais, particularmente a través do descubrimento dos principios fundamentais da simetría.
Premios e distincións
Foi nomeado doutor honoris causa en Ciencias pola Universidade Católica de América en 1969.
Notas
- ↑ Glashow, Sheldon L. (1994). Interacciones : una visión del mundo desde el encanto de los átomos. Barcelona: Tusquets. ISBN 84-7223-429-0. OCLC 43732833.