Condado de Tours

Condados de Francia sobre 1030.
Condados de Francia sobre 1180.

O condado de Tours era unha xurisdición feudal de Francia centrada na cidade de Tours. Xa existía no tempo dos carolinxios.

Condes carolinxios

  • - 828 - Hugo de Tours e Alta Alsacia (Sundgau) chamado Hugo o Nugallán (765 - † 837), da familia dos Eticónidas, destituído en 828[1]. Era o pai de Berta, a muller de Xerardo do Rosellón.
  • Viviano, conde cara a mediados do século IX[2].
  • 860 - 866: Roberto o forte († 866), marqués de Neustria[3].
  • 866 - 886: Hugo o Abade († 886), cuñado de Roberto o Forte e neto de Hugo o Nugallán[4].
  • 886 - 888: Odón († 898), rei de Francia no 898, fillo máis vello de Roberto o Forte
  • 902: Roberto, quizais o irmán do precedente[5].

Vizcondes de Tours

Durante o goberno de Hugo o Abade que administraba varios condados, designáronse en Tours vizcondes no senso inicial do termo, dicir, o representante do conde que desempeñaba as funcións do conde en ausencia do titular:

Condes de Tours

  • 975 - 995: Eudes I († 995), conde de Blois, de Chartres, de Tours, de Châteaudun, de Provins e de Reims (982-995), fillo[7]. Casou con Berta de Borgoña.
  • 995 - 1004: Teobaldo II († 1004), conde de Blois, de Chartres, de Tours, de Chateaudun, de Provins e de Reims, fillo.
  • 1004 - 1037: Eudes II († 1037), conde de Blois, de Chartres, de Tours, de Chateaudun, de Provins, de Reims, despois de Meaux e de Troyes (como Eudes I), irmán[8]. Casou en primeiras nupcias en 1103 con Matilda de Normandía († 1006) e en segundas nupcias con Ermengarda de Auvernia.
  • 1037 - 1041: Teobaldo III (1019 - 1089), Conde de Blois, de Chartres, de Tours, de Chateaudun, de Provins, de Meaux e de Troyes (os dous últimos como Teobaldo I), fillo de Eudes II e Ermengarda de Auvernia[9]. Casou en primeiras nupcias con Garsenda do Maine e en segundas nupcias con Adelaida de Valois.

Nos séculos X e XI disputouse o condado de Tours entre os teobaldianos e os ingelgerianos descendentes de Folque I o Roxo, conde de Anjou. En 1041 o conde de Anjou Godofredo II Martel impúxose finalmente na batalla de Nouy e dominou o condado de Tours.

Ingelgerianos

Os condes de Anjou posuían o título sen levar o título:

En 1204 o condado foi conquistado polo rei Filipe Augusto de Francia e unido ao dominio real.

Condes e duques de Turena en asignacion

A Turena, similar ao antigo condado, entregouse en asignacin aos cadetes da familia real de Francia.

Armas de Filipe l'Agosserat, que se converteron nas de Turena

Notas

Véxase tamén