Década de 1100
Segundo milenio | |||||
Século XI | |||||
| |||||
|
1100
- Artigo principal: 1100.
- Os aragoneses, ao mando de Pedro I, toman aos musulmáns a localidade de Barbastro.
- Diego Xelmírez é nomeado bispo de Santiago de Compostela.
1101
- Artigo principal: 1101.
- Raimundo IV de Tolosa, conde de Trípoli, toma Ancara aos turcos selxúcidas.
- O rei de Aragón, Pedro I, toma Barbastro aos musulmáns.
- 21 de abril: Diego Xelmírez é consagrado bispo na Catedral de Santiago.
1102
- Artigo principal: 1102.
- O bispo Xelmírez viaxa a Braga e rouba as principais reliquias relixiosas da súa Catedral. Os feitos son cualificados na Historia Compostelá como "Pío latrocinio"[1].
- Unión dos reinos de Croacia e Hungría, formando a Coroa de Santo Estevo.
- Os almorábides capturan Valencia.
1103
- Artigo principal: 1103.
- Sigurd Jorsalfare, Øystein Magnusson e Olav Magnusson son, á vez, reis de Noruega.
Arte e cultura
- O arquitecto e ministro do goberno chinés, Li Jie (1065-1110) publica ''Yingzao Fashi'', un tratado sobre arquitectura da China, na época do emperador Huizong da dinastía Song.
1104
- Artigo principal: 1104.
- Afonso I de Aragón sobe ao trono de Aragón e Navarra.
- Fundación do bispado de Lund (no extremo sur da actual Suecia)
1105
- Artigo principal: 1105.
- 6 de maio: O conde Pedro Froilaz casa coa súa segunda esposa, a nobre Maior Guntroda Rodríguez.
- 27 de agosto: Vitoria dos cruzados sobre os Fatimidas de Exipto na batalla de Ramla.
- O rei Koloman de Hungría incorpora Dalmacia á súa coroa.
1106
- Artigo principal: 1106.
Europa
- 16 de abril: en Ordes (Rairiz de Veiga), os veciños Pedro Díaz e Muño Vandilaz fan un acordo de Adelphopoiesis.[2]
- 28 de setembro: O rei Henrique I de Inglaterra vence a Robert Curthose, duque de Normandía, na batalla de Tinchebray, anexionando Normandía á Inglaterra.
1107
- Artigo principal: 1107.
- Xuramento de León: Os nobres galegos xuran defender os dereitos sucesorios de Afonso Raimúndez se a súa nai Urraca volve casar[3].
1108
- Artigo principal: 1108.
- 29 de maio – Ten lugar a Batalla de Uclés na que falece Sancho Afónsez, fillo e herdeiro de Afonso VI.
- Verán: Afonso VI convoca unha curia en Toledo para tratar da súa sucesión no trono. Noméase herdeira á súa filla Urraca e acórdase casala con Afonso I de Aragón[4].
- Henrique de Borgoña, defensor dos dereitos sucesorios de Afonso Raimúndez, abandona a corte de Afonso VI contrariado pola decisión. Atravesa os pireneos na procura de reforzos militares[5].
Europa
- 29 de xullo – Lois VI de Francia comeza o seu reinado trala morte do seu pai.
- Primeira mención aos cónsules de Bérgamo indicando que a cidade xa era unha república independente.[6]
Asia
- Setembro – O emperador bizantino Aleixo I Comneno e Bohemundo I de Antioquía negocian o Tratado de Devol
1109
- Artigo principal: 1109.
- Xullo: Urraca I herda os reinos do seu pai o rei Afonso VI.
- Outubro: Urraca I casa con Afonso I o Batallador, rei de Aragón e Navarra.
- Outubro: O conde Pedro Froilaz proclama rei de Galiza o seu protexido Afonso Raimundez rebelándose contra a súa nai Urraca e o seu consorte o rei de Aragón.
- 22 de novembro: O mosteiro de San Vicenzo de Pombeiro é doado pola raíña Urraca á orde de Cluny.
- Os nobres galegos partidarios de Urraca e opostos a Pedro Froilaz e Afonso Raimúndez crean unha irmandade. Elixen como líder a Diego Xelmírez.[7]
Previsualización de referencias
- ↑ Historia Compostelá. Libro I. Capítulo XV
- ↑ "Máis que amigos", artigo en Vieiros, 6 de decembro de 2008. Consultado o 15 de xuño de 2010
- ↑ Falque Rey, Emma, ed. (1994). Historia Compostelá. Akal. pp. 152–154.
- ↑ López Teixeira, Xosé Antonio (2013). Rex et Regina.Urraca, Afonso Raimúndez e a monarquía galega. Toxos Outos. p. 56.
- ↑ Puyol y Alonso, Julio (ed.). Anónimo de Sahagún (1920 ed.). pp. 40–41.
- ↑ Kleinhenz, Christopher (2004). Medieval Italy: an encyclopedia, Volume 1. New York: Routledge. ISBN 0-415-93930-5.
- ↑ Falque Rey, Emma (ed.). Historia compostelana (1990 ed.). p. 155.