Constantino III de Bretaña
Costantino III aparece na lista dos reis lendarios da Bretaña (actual Inglaterra) relatada na Historia Regum Britanniae de Godofredo de Monmouth. El era fillo de Cador, duque de Cornualla, un parente do rei Artur. Costantino combateu na batalla de Camlann e parece que foi un dos poucos sobreviventes. Cando estaba sendo levado a Avalon, o rei Artur nomeouno o seu sucesor.
Godofredo afirma que Costantino continuou tendo problemas cos saxóns e cos dous fillos de Mordred, Melehan e Melou. Finalmente sobreviviu aos seu inimigos, e parece que incluso matou os dous fillos de Mordred nunha igrexa. Por ter feito tal sacrilexio, foi liquidado por Deus e sepultado en Stonehenge, ao lado de Uther Pendragon.
Costantino tamén aparece na Aliteración da morte de Artur e n` A morte de Artur de Thomas Malory como o primo e sucesor do rei Artur. A tradición identificao con Constantino, rei de Dumnonia, quen acabou por escoller a vida relixiosa e tornouse santo.