Glatisant a Besta

O Rei Artur e A besta ladrador

Glatisant a Besta (A besta ladrador en galego), é un monstro que aparece nas lendas da Materia de Bretaña. É o motivo das misións emprendidas polos cabaleiros Pellinore, Palamedes e Perceval.

Características

O monstro en cuestión ten a cabeza e o colo dunha serpe, o corpo dun leopardo, as ancas dun león e as patas dun cervo. O seu nome provén do bruído que emite o seu bandullo, como se fose o ladrido de "sesenta cans de caza inquisitivos". 'Glatisant' relaciónase co termo francés glapissant, que significa "ouvear" ou "ladrar" en especial os cans ou os raposos.

Referencias na literatura galega medieval

Aínda que chegaron a nós moi poucos textos galegos da materia de Bretaña, hai unha referencia á besta ladrador na poesía profana. Fernando Esquío satiriza un cabaleiro que prometera un cabalo para a guerra, pero que non daba entregado, comparando este cabalo prometido con estoutro animal fabuloso:

"Disse um infante ante sa companha

que me daria besta na fronteira,

 e nom será já murzela nem veira,

nem branca, nem vermelha, nem castanha;

pois amarela nem parda nom for,

 a pram será a Besta Ladrador

que lh'adurám do reino de Bretanha."

Véxase tamén

Outros artigos