Gorlois

Gorlois (en lingua galesa: Gwrlais) foi un lendario Duque de Cornualla e o primeiro marido de Igraine antes de casar con Uther Pendragon, de acordo coa lenda artúrica. Versións posteriores atribúenlle varios fillos, os máis famosos deles eran Elaine, Morgause e Morgana.

Consonte a Historia Regum Britanniae de Geoffrey de Monmouth, Uther namorou de Igraine e declaroulle a guerra a Gorlois para chegar a ela. Uther pediulle a Merlín axuda para se atopar con ela, e Merlín lanzou un feitizo que transformou a Uther na aparencia de Gorlois. Coa aparencia do seu marido, Uther achegouse a Igraine doadamente e durmiu con ela, que concibiu a Artur. Sen o coñecemento de ningún deles, o Gorlois real foi asasinado no seu castelo esa mesma noite. Tempo adiante, Igraine casou con Uther.

Véxase tamén