Década de 1170

Segundo milenio
Século XII
1160
 
1170
 
1180
1170  · 1171  · 1172  · 1173  · 1174
1175  · 1176  · 1177  · 1178  · 1179


1170

Artigo principal: 1170.

1171

Artigo principal: 1171.

África

  • Tropas nubias (actual Sudán) lanzan un ataque sobre Assuán, cidade en poder dos musulmáns exipcios.

Oriente Próximo

  • Novembro: Inicio do goberno de Saladino (Salah al-Din al-Ayyubi) (até 1193). Depón a dinastía Fatimida do goberno de Exipto, restaura a lexitimidade dos abásidas e restaura o rito sunnita. Autoproclámase sultán de Exipto e funda a dinastía dos aiúbidas.

Europa

1172

Artigo principal: 1172.

Oriente Próximo

Europa

1173

Artigo principal: 1173.

1174

Artigo principal: 1174.

1175

Artigo principal: 1175.

Europa

En 1175 hai que restituir con outros monxes os labregos excedentarios que aqueles atraíran. Isaac II fixo o mesmo en 1186.

Oriente Próximo

A comezos de ano fracasa unha tentativa de asasinato no campamento de Saladino. Saladino fai que o califa lle outorgue o goberno de Exipto e de Siria.
  • Renaud de Châtillon é liberado por al-Malik, despois de quince anos de cativerio en Alepo.
Non logra chegar a Antioquía, onde reina o seu afillado Bohemundo III de Antioquía. Casa cunha nova viúva que lle outorga en dote os territorios situados ao leste do río Xordán e que inclúen as fortalezas de Kerak e Chawbak. Alíase cos Templarios e exerce unha influencia cada vez maior sobre a corte de Xerusalén. Fanático, é partidario dunha política de conquista fronte aos musulmáns.

1176

Artigo principal: 1176.

Europa occidental

  • Henrique XII de Baviera rexeita axudar a Frederico Barbarrosa nunha expedición a Italia.
  • Derrota de Frederico Barbarrosa diante da Liga lombarda na batalla de Legagno. Confírmanse os privilexios de Milán.
  • Concilio en Albi, Provenza, que condena aos albixenses como herexes.

Europa oriental

  • Vitoria de Vladimir e de Péréïaslav sobre Rostov e Souzdal. O principado de Vladimir afirma a súa preponderancia sobre Kíiv.
  • O príncipe de Riazán saquea Moscovo.
  • Derrota dos bizantinos en Misocefalón, en Anatolia central, ante os selxúcidas do sultanato de Iconio

Oriente Próximo

  • 22 de maio: durante o Sitio de Alepo, uns membros da seita dos asasinos tenta asasinar a Saladino, que se salva grazas á súa cota de malla, mentres que os asaltantes son masacrados.
  • En agosto, para vingarse, Saladino sitia Massiaf, fortaleza dos Asasinos en Siria central. Ameazado de asasinato polo "vello da montaña", Saladino levanta rapidamente o sitio. Posteriormente procurará conciliarse cos Asasinos para evitar unha nova fronte, a parte dos francos.

1177

Artigo principal: 1177.

Europa

Esta paz consagra a autoridade papal, concedéndolle un perdón aos cismáticos. Barbarrosa abandona ao seu antipapa e recoñece a Alexandre III, se ben continúa a controlar as eleccións episcopais en Alemaña e rexeita entregarlle ao papado a herdanza de Matilde de Toscana.
Neste sínodo téntase impor unha Constitución e establecer normas precisas para solucionar o problema da sucesión real. Porén, reinícianse as desordes e Sverri, un relixioso pretendente ao trono, ponse á cabeza dun clan de proscritos, os Birkebeiner ("pernas de bidueiro"). Rexeita aceptar as decisións políticas tomadas baixao presión da Igrexa e faise proclamar rei de Noruega en Nidarós o ano seguinte.
  • Mieszko III de Polonia é deposto por despotismo.
  • Casimiro II o Xusto tórnase en duque de Polonia.

Oriente Próximo

Asia

  • Conflitos entre os khmer e os Chams, que saquean a capital, Angkor.
  • No Xapón, as más relacións entre o emperador retirado Go-Shirakawa son tan tensas que aquel tenta un golpe de estado contra o Daijō-daijin (primeiro ministro) Taira no Kiyomori.

1178

Artigo principal: 1178.
  • xullo: Frederico I Barbarrosa, coroado rei en Arles
  • Sverri convértese en rei da Noruega.
Sverri apoiouse nas forzas militares para fornecer o Estado de estruturas máis sólidas, reducindo as pretensións da Igrexa (logrou ser coroado solemnemente en Bergen. O arcebispo Eysteinn, así como o seu sucesor Eíríkr tentaron promover un dereito eclesiástico que lle asegurase ao clero unha posición xurídica máis favorábel. Mais Sverri insiste en manter o dereito tradicional. Eíríkr escapou a Dinamarca, promoveu unha revolta contra Sverri e fixo xurdir pretendentes que se lle opuxesen a Sverri (único rei en 1202).
  • Igor Svyatoslavich torna príncipe de Novgorod-Seversky (até 1202).

Arte e cultura

  • Comézase a inclinar a Torre de Pisa segundo se chega á terceira altura.

Ciencia e tecnoloxía

Relixión

  • O bispo islandés Thorlákr Rúnolfsson (1178-1193), formado en París, reforma o convento de Thykkvabær e promove a moral cristiá. Cinco anos despois da súa morte será canonizado polo Althing.
  • Fúndase en Milán un mosteiro de cátaros para o tratamento comunitario da lá.
Cráter lunar Giordano Bruno, foto da NASA

1179

Artigo principal: 1179.

Europa

  • III Concilio ecuménico de Letrán, presidido por Alexandre III
  • O papa recoñece a Portugal como reino independente, previo pago do monarca luso de 1.000 moedas de ouro.
  • Filipe de Alsacia funda o porto de Damme, diante de Bruxas, no estuario do río Zwyn.

Oriente Próximo

  • Tratado entre Saladino e Bizancio
  • Vitoria de Saladino sobre os cruzados en Merj Oyoum. O reino de Xerusalen perde a praza forte do Gué de Jacob
  • O reino de Xerusalen vese ameazado, após a retirada dos bizantinos de Asia Menor ao norte e polos ataques terrestres e marítimos dos aiúbidas ao sur. As peticións de axuda dirixidas a Occidente levan a Terra Santa un grupo de cabaleiros liderados por Filipe de Flandres, cruzado ineficaz, desexoso sobre todo de intervir nas querelas polo poder. O patriarca de Xerusalen e o Grande Mestre do Hospital non traen desde Europa máis que as axudas do rei de Inglaterra.