10 de xullo - Inicia o seu reinado André III de Hungría (até 1301).
Ladislau IV de Hungría, vencido polos cumanos e os tártaros, é asasinado polos seus baróns. Non tendo herdeiro directo, a anarquía feudal instálase de novo.
1 de agosto - Data tradicional da creación do Principado de Valaquia (até o ano seguinte). Negru Voda, o Príncipe Negro, fuxira do seu ducado de Făgăraş (País de Olt), atribuído polo rei André II de Hungría a un nobre húngaro, Ugrinos, para se refuxiar alén dos Cárpatos, na actual Valaquia.
Osmán I faise con Yenişehir, preto de Brousse (Eskhisehir).
Venecia e o rei de Aragón envían socorro a Acre, onde chega unha tropa indisciplinada de toscanos e lombardos. O masacre dos mercadores musulmáns fornece o pretexto para que o sultán de Exipto interveña decisivamente.
O turcoiranizado Khaldji Firuz Chah faise co sultanato de Delhi baixo o nome de Djahal ad-Din Khaldji (Khiji). Funda a dinastía dos Khaldjî (até 1320). Debe, en primeiro lugar, enfrontarse á oposición dos ilbaridas que teñen feito incursións contra os rajahs hindús. Vitorioso, trátaos con magnanimidade.
Os khmer recoñecen a soberanía da dinastía mongol da China.
Europa
24 de febreiro - O papa Bonifacio VIII dá a luz a bula "Clericis laicos" que prohibe a laicos e poderes públicos cobrar ningunha carga ou imposto sobre o clero, so pena de excomuñón, dirixida ao rei francés Filipe IV o Fermoso, que tentaba conseguir ingresos extraordinarios para sufragar os gastos da guerra contra Inglaterra.