1110
Acontecementos
Xaneiro : o papa Pascual II declara nulo o matrimonio entre Urraca e Afonso I de Aragón [ 1] .
Febreiro : Pedro Froilaz pon fin ao preito dos arciprestados que enfrentaban á súa familia co bispo Xelmírez [ 2] .
Maio : Afonso I de Aragón , acompañado pola súa esposa a raíña Urraca, invade Galiza para rematar coa rebelión dos partidarios do infante Afonso Raimúndez .
Afonso I de Aragón derrota os nobres galegos na Batalla de Monterroso, a cruel represión posterior provoca a súa primeira separación da raíña Urraca .
Pedro Froilaz agocha o príncipe Afonso Raimúndez no mosteiro de Moraime en Muxía .
Xuño : Os exércitos do rei de Aragón son expulsados de Galiza despois dunha campaña de tres meses. Na súa retirada tentan infrutuosamente sitiar Astorga [ 3] .
Afonso o Batallador retírase a Aragón para facer fronte a unha nova ofensiva almorábide[ 4] .
Urraca convoca o seu fillo á corte leonesa co obxecto de coroalo rei ao seu carón. Cando o nobres galegos chegan a León, Urraca esta camiño de Aragón reconciliada co seu esposo[ 1] .
Agosto : Afonso I e Urraca derrotan ao emir de Zaragoza Almostain na batalla de Valterra.
Agosto : Pedro Froilaz entrevístase con Henrique de Borgoña e leva o infante Afonso Raimúndez á fortaleza do Castrelo do Miño , aproximandoo aos dominios do conde Henrique[ 5] .
Afonso I retén como prisioneira, encerrada no castelo de Castellar, á raíña Urraca e ocupa militarmente Castela e León. Expulsa das súas sés os bispos de Toledo, Burgos e León.
Urraca escapa da prisión de Castellar coa axuda dos condes Gómez Núñez de Candespina e Pedro González de Lara.
26 de outubro : Batalla de Candespina. Afonso I de Aragón , en alianza con Henrique de Borgoña , derrota os condes casteláns partidarios de Urraca .
Henrique de Borgoña descontento polo incumprimento do seu pacto con Afonso de Aragón alíase agora con Urraca e ambos sitian a Afonso no castelo de Peñafiel [ 6] .
Henrique de Borgoña rompe a alianza con Urraca a instancias da súa muller a condesa Tareixa [ 6] .
Urraca reconciliase por segunda vez co seu home o rei de Aragón . Levántase o cerco ao castelo de Peñafiel .
Afonso I de Aragón retoma Palencia e Sahagun onde case captura á condesa Tareixa .
O exército de Henrique de Borgoña cerca a Urraca e Afonso en Carrión . Os partidarios de Urraca obrígano a levantar o sitio.
Asia
Nacementos
García IV Ramírez, rei de Navarra († 1150)
Mortes
Notas
↑ 1,0 1,1 Falque Rey, Emma (ed.). Historia compostelana (1990 ed.). AKAL. pp. 155–156.
↑ Pena Graña, André (1992). Narón, un concello con historia de seu. 2 . Concello de Narón. p. 100. Arquivado dende o orixinal o 22 de maio de 2019. Consultado o 08 de marzo de 2019 .
↑ López Ferreiro, Antonio (1900). Historia de la Santa a.m. iglesia de Santiago de Compostela 3 . p. 338.
↑ López Teixeira 2013. p. 64
↑ López Ferreiro, Antonio (1900). Historia de la Santa a.m. iglesia de Santiago de Compostela 3 . p. 344.
↑ 6,0 6,1 López Ferreiro, Antonio (1900). Historia de la Santa a.m. iglesia de Santiago de Compostela 3 . p. 359.
Véxase tamén
Outros artigos
The article is a derivative under the Creative Commons Attribution-ShareAlike License .
A link to the original article can be found here and attribution parties here
By using this site, you agree to the Terms of Use . Gpedia ® is a registered trademark of the Cyberajah Pty Ltd