Ernst Otto Fischer

Modelo:BiografíaErnst Otto Fischer

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento10 de novembro de 1918 Editar o valor en Wikidata
Solln, Alemaña Editar o valor en Wikidata
Morte23 de xullo de 2007 Editar o valor en Wikidata (88 anos)
Múnic, Alemaña Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaCemitério de Solln (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade Técnica de Múnic
Universidade de Múnic Editar o valor en Wikidata
Director de teseWalter Hieber Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoQuímica Editar o valor en Wikidata
Lugar de traballo Múnic Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónquímico, profesor universitario Editar o valor en Wikidata
EmpregadorUniversidade de Múnic
Universidade Técnica de Múnic Editar o valor en Wikidata
Membro de
Obra
Obras destacables
Familia
PaiKarl Tobias Fischer Editar o valor en Wikidata
Premios
Sinatura Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteGrande Enciclopedia Soviética 1969-1978, (sec:Фишер Эрнст Отто) Editar o valor en Wikidata
WikiTree: Fischer-3268 Find a Grave: 198639865 Editar o valor en Wikidata

Ernst Otto Fischer nado o 10 de novembro de 1918 en Múnic (Imperio Alemán) e finado o 23 de xullo de 2007 en Múnic (Alemaña), foi un químico e profesor universitario alemán, quen gañou o Premio Nobel de Química polo seu traballo pioneiro na área da química organometálica.

Biografía

Ernst naceu en Solln, preto de Múnic. Os seus pais foron Karl T. Fischer, Profesor de Física na Universidade Tecnolóxica (UT) de Múnic, e Valentine née Danzer. Graduouse en 1937 con Abitur. Antes de completar dous anos de servizo militar obrigatorio, estalou a segunda guerra mundial, e debeu prestar servizo en Polonia, Francia e Rusia. Durante un período de licenza por estudos, cara a fins de 1941 comezou a estudar química na UT de Múnic. Tras o fin da Guerra, foi liberado polos estadounidenses no outono de 1945 e renovou os seus estudos, graduándose en 1949.

En 1964 foi electo como membro da sección de Matemática/Ciencias Naturais da Academia Bávara de Ciencias. En 1969 foi designado membro da Deutsche Akademie der Naturforscher Leopoldina (Academia alemá das ciencias naturais Leopoldina) e en 1972 foille outorgado un doutoramento honorario pola Facultade de Química e Farmacia da Universidade de Múnic.

Investigacións científicas

Traballou na súa tese de doutoramento como asistente do Profesor Walter Hieber no Instituto de Química Inorgánica. A súa tese titulouse "Os Mecanismos das Reaccións Monóxido de Carbono de Sales de Níquel (II) en Presenza de Ditionita e Sulfoxilato[1] Logo de recibir o seu doutoramento en 1952, continuou coa súa investigación na química organometálica do metal de transición e na súa tese sobre "Os Complexos Metálicos de Ciclopentadienos e Indenos". En 1955 foi designado conferenciante na Universidade Tecnolóxica, en 1957 profesor e logo en 1959, profesor C4. En 1964 tomou o cargo de Xefe de Química Inorgánica na UT.

Ernst deu conferencias ao redor do mundo sobre complexos metálicos de ciclopentadienil, indenil, olefinas e carbonilos metálicos. Nos anos 60, o seu grupo descubriu un metal-alquilideno e complexos alquilidinos, desde entón chamados carbenos e carbinos Fischer.[2] En total, publicou ao redor de 450 artigos e adestrou a varios estudantes de PhD e postdoctorado, moitos dos cales seguiron carreiras importantes. Entre as súas múltiples conferencias no estranxeiro, foi Conferenciante de Firestone na Universidade de Wisconsin (1969), profesor visitante na Universidade de Florida (1971) e profesor visitante de Arthur D. Little, Inc. no Instituto de Tecnoloxía de Massachusetts (1973).

Recibiu moitos premios incluíndo, en 1973 xunto a Geoffrey Wilkinson, o Premio Nobel de Química polo seu traballo sobre compostos organometálicos.

Véxase tamén

Ligazóns externas

Predecesor:
Stanford Moore,
Christian Anfinsen
e William Howard Stein
Premio Nobel de Química

1973
con
Geoffrey Wilkinson
Sucesor:
Paul J. Flory

Notas

  1. ".Hieber, W.; Fischer, E. O. "Ũber dean Mechanismus der Kohlenoxydreaktion von Nickel(II)- und KobaIt(II)-Salzen bei Gegenwart von Dithionit" Zeitschrifft anorganische und allgemeine Chemie 1952, volume 269, 292-307.
  2. Fischer, E. O., "On the way to carbene and carbyne complexes", Advances in Organometallic Chemistry, 1976, volume 14, 1-32
  • C. Elschenbroich, A. Salzer ”Organometallics : A Concise Introduction” (2nd Ed) (1992) from Wiley-VCH: Weinheim. ISBN 3-527-28165-7