Gabriele d'Annunzio

Gabriele d'Annunzio
Nacemento12 de marzo de 1863 e 1863
Lugar de nacementoPescara
Falecemento1 de marzo de 1938 e 1938
Lugar de falecementoGardone Riviera
Causahemorraxia cerebral
SoterradoVittoriale degli italiani
NacionalidadeReino de Italia
Relixióncatólica
Alma máterUniversidade de Roma La Sapienza e Convitto Nazionale Cicognini
Ocupacióndramaturgo, político, militar, poeta, xornalista, escritor, ensaísta, guionista, aviador e libretista
CónxuxeMaria Harduin di Gallese
FillosMario D'Annunzio, Gabriellino D'Annunzio e Ugo Veniero D'Annunzio
Xénerosnovela, poesía e dramaturxia
Coñecido porIl Piacere, Le vergini delle rocce, Francesca da Rimini, The Intruder e Il sogno di un mattino di primavera
PremiosLexión de Honra, Ordem Militar de Itália, Orde de Malta, Croix de guerre 1914–1918, Medalha de Ouro de Valor Militar, Officer of the Military Order of Savoy e Knight of the Military Order of Savoy
Na rede
IMDB: nm0195339 Allocine: 16202 Allmovie: p86514 IBDB: 5734
Musicbrainz: 8c184461-06e7-4db4-a0a5-f3a8cd9ae978 Discogs: 855536 IMSLP: Category:D'Annunzio,_Gabriele WikiTree: D'Annunzio-6 Find a Grave: 21833 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Gabriele d'Annunzio, nado en Francavilla al Mare (Pescara) o 12 de marzo de 1863 e finado en Gardane Riviera o 1 de marzo de 1938, foi un escritor italiano, precursor do fascismo.

Traxectoria

Gabriele d'Annunzio naceu co nome de Gaetano Rapagnetta, fillo dun rico comerciante, xa dende moi novo deu mostras do seu talento literario, publicou aos dezaseis anos (1879) o seu primeiro poemario, Primo vere. En 1881 entrou na Universidade de Roma, onde integrou varios grupos literarios e escribiu artigos e críticas nos xornais locais. En 1889 publica a súa primeira novela Il piacere.

En 1897 d'Annunzio entra na Cámara dos deputados como independente,. En 1910 marcha a Francia para escapar das fortes débedas contraídas polo seu estilo de vida. Colabora con Claude Debussy na comedia musical Le martyre de Saint Sébastien (1911). Durante a primeira guerra mundial loitou como aviador e perdeu un ollo en combate aéreo. Ao rematar a guerra ocupou a cidade de Fiume (1919) á fronte dun grupo de voluntarios para propiciar a súa integración en Italia, diante a negativa dos aliados (Francia, Gran Bretaña e Estados Unidos) declarouse Duce e proclamou a independencia de Fiume (Rexencia italiana da Carnaro), cunha Constitución que é un precedente do fascismo italiano, e mantívose na cidade ata que a armada italiana bombardeou a cidade en decembro de 1920.

Despois de triunfar o fascismo en Italia, en 1924 recibiu o título de príncipe de Montenevoso, aínda que Gabriele d'Annunzio non participou na política de Benito Mussolini, tivo unha grande influencia na súa ideoloxía. Pouco antes da súa morte a Real Academia Italiana elixiuno como o seu presidente.

Obra


Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre unha personalidade é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.