George Porter

Infotaula de personaGeorge Hornidge Porter
Nome orixinal(en) George Porter Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento6 de decembro de 1920
Stainforth, Reino Unido (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Morte31 de agosto de 2002
Canterbury Reino Unido Reino Unido
Membro da Cámara dos Lords
16 de xullo de 1990 – 31 de agosto de 2002 (finado no cargo)
56º Presidente da Royal Society
1985 – 1990
← Andrew HuxleyMichael Atiyah → Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
ResidenciaReino Unido Reino Unido
País de nacionalidadeinglés
Educación
  • Universidade de Leeds
  • Director de teseRonald George Wreyford Norrish Editar o valor em Wikidata
    Coñecido por
  • reaccións químicas extremadamente rápidas
  • Actividade
    Campo de traballo
  • Química
  • Ocupaciónquímico , político , profesor universitario Editar o valor em Wikidata
    EmpregadorUniversidade de Sheffield (pt) Traducir
    Imperial College London
    University College de Londres
    Universidade de Cambridge Editar o valor em Wikidata
    Membro de
    LinguaLingua inglesa Editar o valor em Wikidata
    Obra
    DoutorandoJames Robert Durrant (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
    Outro
    TítuloKnight Bachelor Editar o valor em Wikidata
    Cónxuxe
  • FillosJohn Brooke Porter (en) Traducir, Andrew Christopher George Porter (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
    PaisJohn Smith Porter (en) Traducir Editar o valor em Wikidata  e Alice Ann Roebuck (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
    Premios
  • Premio Nobel de Química (1967)
  • Orde do Imperio Británico (1972)
  • Order of Merit (1989)
  • George Porter, Barón Porter de Luddenham, OM, FRS, nado o 6 de decembro de 1920 en Stainforth (Inglaterra) e finado o 31 de agosto de 2002 en Canterbury (Inglaterra), foi un químico e profesor de universidade inglés galardoado co Premio Nobel de Química do ano 1967.

    Traxectoria

    Naceu en Stainforth, condado de Yorkshire. Realizou os seus estudos de química na Universidade de Leeds onde se licenciou. Durante a segunda guerra mundial alistouse na Mariña Real Británica como voluntario e ao terminar esta estivo axudando a Ronald George Wreyford Norrish da Universidade de Cambridge. Posteriormente traballa como profesor na Universitat de Shefield e como chanceler da Universidade de Leicester entre 1984 e 1995.

    Membro da Royal Society de Londres, da que foi presidente entre 1985 e 1990. En 1972 recibe a Orde do Imperio Británico de mans da raíña Isabel II do Reino Unido, en 1989 foille concedida a Orde do mérito, en 2002 trasládase á súa residencia de Canterbury, situada no condado de Kent.

    Investigación científica

    Inicia a súa carreira científica á beira de Ronald Norrish, realizando estudos sobre as reaccións químicas que se realizan a gran velocidade. Realizou traballos sobre as partículas de clorina e o equilibrio entre átomos e moléculas.

    En 1967 foi galardoado co Premio Nobel de Química "polas súas investigacións sobre as reaccións químicas extremadamente rápidas, que son causadas por destrución do equilibrio debido a un curto impulso enerxético", premio que comparte co británico Ronald Norrish e o alemán Manfred Eigen.

    Véxase tamén

    Outros artigos

    Ligazóns externas

    Predecesor:
    Robert S. Mulliken
    Premio Nobel de Química

    1967
    con Manfred Eigen
    e Ronald George Wreyford Norrish
    Sucesor:
    Lars Onsager