Gerd Müller
Biografía | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Nacemento | (de) Gerhard Müller 3 de novembro de 1945 Nördlingen (American occupation zone in Germany) | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Morte | 15 de agosto de 2021 (75 anos) Wolfratshausen, Alemaña (pt) | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Causa da morte | Alzhéimer | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Datos persoais | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
País de nacionalidade | Alemaña | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Altura | 176 cm | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Peso | 77 kg | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Actividade | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Ocupación | futbolista | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Período de actividade | 1965 - 1981 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Lingua | Lingua alemá | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Nacionalidade deportiva | Alemaña | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Deporte | fútbol | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Liga | Fußball-Bundesliga | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Posición de xogo | Dianteiro | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Número deportivo | 13 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Participou en | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
23 de maio de 1999 | Eleição presidencial da Alemanha de 1999 (pt) | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
1974 | Mundial de Fútbol Alemaña 1974 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
xuño de 1972 | Eurocopa de Fútbol Bélxica 1972 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
1970 | Mundial de Fútbol México 1970 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Familia | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Cónxuxe | Ursula Ebenböck | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Premios
| |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Gerhard 'Gerd' Müller, nado en Nördlingen o 3 de novembro de 1945 e finado en Wolfratshausen o 15 de agosto de 2021,[1][2] foi un futbolista alemán. Gerd Müller foi un dos grandes dianteiros de tódolos tempos. A súa inalcanzable cifra de 68 goles en 62 partidos coa selección xermana é o mellor resumo que se pode facer do seu xogo. Foi coñecido como "Bomber der Nation" (o bombardeiro da nación) e "kleines dickes Müller" (baixo e gordo Müller).
Bayern Munich
A súa carreira comeza no TSV 1861 Nördlingen, e chega ao Bayern Munich en 1964, formando equipo con Franz Beckenbauer e Sepp Maier. Nese momento o club militaba na segunda división xermana mais en pouco tempo xa se fixo cun lugar na Bundesliga.
A partir de aquí comeza unha época de éxitos para o Bayern:
- 4 títulos de campión da liga xermana: 1969, 1972, 1973, 1974
- 3 Copa de Alemaña: 1966, 1967, 1969, 1971
- 3 Copas de Europa: 1974, 1975, 1976
- 1 Recopa: 1967
- 1 Copa Intercontinental: 1976
Aínda hoxe ten o récord de máximo anotador das competicións europeas con 66 goles en 74 partidos.
A Selección
Debuta en 1966 na selección de Alemaña do Oeste e retírase o 6 de xullo de 1974 coa vitoria na final do Mundial de 1974. Neste encontro anotou o gol da vitoria fronte a Holanda. Gerd Müller foi o máximo goleador da historia dos mundiais con 14 tantos ata o ano 2006 no que foi superado por Ronaldo con 15. Iso si, Muller só participou en dous (1970 e 1974) e Ronaldo en catro (1994,1998,2002 e 2006).
Tamén foi campión da Eurocopa de fútbol 1972 e o seu máximo artilleiro con 4 goles.
Fort Lauderdale Strikers
Rematada a súa carreira en Alemaña marchou cara aos EUA en 1979, onde xogou nos Fort Lauderdale Strikers. Anotou 38 goles nas tres tempadas que estivo alí e foi nunha ocasión subcampión de liga.
Despois do fútbol
Tras retirarse no ano 1982 caeu nunha forte depresión que o levou ao alcoholismo. Os seus compañeiros do Bayern Munich convencérono para se rehabilitar e cando rematou déronlle un traballo coma adestrador do equipo afeccionado do Bayern.
Palmarés
Títulos co Bayern Munich
- Bundesliga: 1969, 1972, 1973, 1974
- Copa de Alemaña: 1966, 1967, 1969, 1971
- Copa de Europa: 1974, 1975, 1976
- Copa Intercontinental: 1976
- Recopa: 1967
Títulos coa selección
Títulos individuais
- Máximo goleador da liga xermana: 1967, 1969, 1970, 1972, 1973, 1974, 1978
- Máximo goleador europeo (Bota de Ouro): 1970, 1972
- Máximo goleador dun mundial: 1970
- Máximo goleador dunha Eurocopa: 1972
- Futbolista xermano do ano: 1967, 1969
- Futbolista europeo do ano (Balón de Ouro): 1970
Notas
- ↑ "Er traf und traf und traf". hz.de (en alemán). 16 de agosto de 2021. Arquivado dende o orixinal o 22 de marzo de 2023. Consultado o 19 de agosto de 2021.
- ↑ "'The greatest striker': Gerd Müller, legendary German forward, dies aged 75". The Guardian (en inglés). 2021-08-15. Arquivado dende o orixinal o 19 de agosto de 2021. Consultado o 2021-08-16.