Golfo de Biscaia
Golfo de Biscaia | |
---|---|
'Bizkaiko golkoa / Golfe de Gascogne' | |
Localización administrativa | |
Estado | España Francia |
División | Galicia (ESP) Asturias (ESP) Cantabria (ESP) País Vasco (ESP) País do Loira (FRA) Aquitania (FRA) Bretaña (FRA) |
Localización xeográfica | |
Océano / Mar | Océano Atlántico, Mar Cantábrico, Mar de Iroise |
Continente | Europa |
Xeografía | |
Mares contiguos | Canle da Mancha |
Subdivisións | Mar Cantábrico e mar de Iroise |
Illas interiores | illa de Sein (0,58 km²), Ouessant (15,58 km²), Arquipélago de Glenan (5,05 km²), Houat (2,91 km²), Groix (14,82 km²), Belle-Île-en-Mer (83,76 km²), Hœdic (2,08 km²), Noirmoutier (48,77 km²), Yeu (23 km²), Ré (85 km²), Oleron (175 km²) (FRA) |
Afluentes | Nalón, Sella, Bidasoa, Urola, Nervión e Asón (ESP) Vilaine, Loira, Indre, Charente, Seudre, Sèvre Niortaise, Garona, Dordogne, Adur (FRA) |
Cidades ribeiregas | Xixón, Santander, Bilbao e Donostia (ESP) Baiona, Bordeos, La Rochelle, Nantes, Saint-Nazaire, Lorient, Vannes, Concarneau (FRA) |
Accidentes | |
Golfos e baías | Baía de Santander e ría de Bilbao (ESP) Baía de Arcachón, Esteiro da Gironda, Esteiro do Loira, Golfo de Morbihan (FRA) |
Cabos | cabo de Peñas, cabo de Ajo, e Matxitxako (ESP) Punta de Corsen, Punta de Saint-Mathieu, Punta de Raz, Punta de Penmarch, península de Quiberon, Pointe de la Coubre e Cap Ferret (FRA) |
Características | |
Superficie | 225 000 km² |
Profundiade máxima | 4375 m |
Mapa | |
Mapa batimétrico da bhía e os seus arredores | |
Vista do golfo (Bay of Biscay), como é coñecido internacionalmente (ver límites IHO) | |
O golfo de Biscaia (en castelán: Golfo de Vizcaya, en éuscaro: Bizkaiko Golkoa, en francés: golfe de Gascogne, en occitano: golf de Gasconha) é un golfo do Atlántico Norte que comprende o mar Cantábrico. Comprende, aproximadamente, dende Estaca de Bares en Galicia ata o sur da Bretaña. Baña as costas de Cantabria, País Vasco e Aquitania (Francia).
Comprende importantes portos comerciais, como o de Bilbao, Pasaia ou Bordeos, e pesqueiros como os de Santoña, Laredo, Castro Urdiales, Bermeo, Ondarroa, Getaria ou Saint-Jean-de-Luz.
Xeografía física
A súa costa no sur é escarpada, con multitude de cantís entre os que se abren praias e pequenas baías, xeralmente nas desembocaduras dos ríos (que adoitan ser en forma de rías). Destacan a rasa mareal da costa guipuscoana, entre Deba e Zumaia (esténdese en menor medida ata Ondárroa), e as praias de Laredo, Comillas, Laga, Deba, Zarautz ou Donostia, mentres que a costa francesa é baixa e areosa, con numerosos pantanos. Nuns 320 km ao norte da Xironda predominan as marismas, pero logo vólvese rochosa e elevada ata a península de Quiberon.
Os ríos que desembocan neste golfo son de curto percorrido e moi irregular caudal, como todos os da vertente Cantábrica (agás o río Garona que desemboca na cidade de Bordeos). Entre eles destacan o Nervión, que forma a ría de Bilbao, e o río Bidasoa, que marca a fronteira entre Francia e España.
A pesqueira do golfo de Biscaia é similar á do mar Cantábrico. Está moi explotada e hai moitas especies que están en perigo serio de extinción, como o ollomol, a pescada e ata a bocarte. Outras, como o verdel e o bonito, gozan de boa saúde e explótanse regularmente. Algunhas especies xa desapareceron, como a balea vasca, cuxo último exemplar pescouse en Orio a principios do século XX.
O golfo de Biscaia foi unha zona de tránsito naval importante desde a antigüidade. A característica da súa localización e forma potenciou que se usase para a navegación entre a costa occidental continental e o norte peninsular, e entre estes puntos coas Illas Británicas (a diferenza da rexión occidental do mar Cantábrico, as costas galega e asturiana, onde se propiciaron as rutas cara a e desde Irlanda).
A corrente de Nadal, que percorre toda a costa Cantábrica de oeste a leste, chega ao golfo de Biscaia arrastrando toda clase de obxectos ata chocar coa costa continental, o que lle obriga a subir ao norte e morrer. Esta corrente é a culpable de que a vertedura de chapapote ou do naufraxio do Prestige chegase ata as costas francesas desde máis aló da cidade da Coruña.
Extensión
A Organización Hidrográfica Internacional define os límites do Golfo de Biscaia como "unha liña que une o Cabo Ortegal (43°46′N 7°52′O / 43.767, -7.867) a Penmarch Point (47°48′N 4°22′O / 47.800, -4.367).[1]
A parte máis meridional é o Mar Cantábrico.
Ríos
Os principais ríos que se baleiran no Golfo de Biscaia son o Loira, Charente, Garona, Dordoña, Adour, Nivelle, Bidasoa, Oiartzun, Urumea, Oria, Urola, Deba, Artibai, Lea, Oka, Nervión, Agüera, Asón, Miera, Pas, Saja, Nansa, Deva, Sella, Nalón, Navia, Esva, Eo, Landro e Sor.
Clima
A finais da primavera e principios do verán un gran triángulo de néboa enche a metade suroeste da baía, que extenténdese só uns quilómetros cara o interior.
A medida que iniciase o inverno, o clima faise severo. As depresións entran desde o oeste con moita frecuencia e o ben rebotan cara ao norte ás Illas Británicas ou entran no val do Ebro, se secan e renacen en forma de fortes tormentas eléctricas cando alcanzan o Mar Mediterráneo. Estas depresións causan un clima severo no mar e provocan chuvias leves aínda que moi constantes nás súas costas (coñecidas como orballo, sirimiri, morrina, orbayu, orpin ou calabobos). Ás veces, fórmanse fortes tormentas de vento, se a presión cae rapidamente (Galernas), que viaxan ao longo da Corrente do Golfo a gran velocidade, asemellándose a un furacán e, finalmente, chocando nesta baía coa súa máxima potencia, como o Klaus.[Cómpre referencia]
A Corrente do Golfo entra na baía seguindo o bordo da plataforma continental no sentido antihorario (a Rennell Current), mantendo as temperaturas moderadas durante todo o ano.
Cidades principais
As principais cidades a beiras do Golfo de Biscaia son Bordeaux, Bayonne, Biarritz, Brest, Nantes, La Rochelle, Donostia, Bilbao, Santander, Xixón e Avilés.
Véxase tamén
Ligazóns externas
Previsualización de referencias
- ↑ "Limits of Oceans and Seas, 3rd edition + corrections" (PDF). International Hydrographic Organization. 1971. p. 42 [corrections to page 13]. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 08 de outubro de 2011. Consultado o 6 de febreiro de 2010.