Pescada
- "Carioca" remite directamente a este artigo. Para o seu uso como xentilicio, véxase Río de Xaneiro.
Pescada | |||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Clasificación científica | |||||||||||||||||
| |||||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||||
'Merluccius merluccius' (Linnaeus, 1758) | |||||||||||||||||
![]() |
Pescada ou pixota[1] son dous dos nomes comúns que recibe máis frecuentemente a especie Merluccius merluccius, peixe da familia dos merlúcidos, da orde dos gadiformes.[2]
Presenta un corpo fusiforme, moi alongado e comprimido lateralmente, de 40 a 70 cm de lonxitude, podendo chegar até os 120. Posúe dúas aletas dorsais, a primeira moito máis curta cá segunda. De cor cinsenta no lombo, clareando nos costados e máis prateada pola zona do ventre. Posúe uns ollos de gran tamaño así como unha boca grande, con dentes afiados.
Cando é aínda de pequeno tamaño denomínase carioca, estando prohibida a súa captura e comercialización se non alcanza os 27 cm.
Ecoloxía
Reprodúcense na primavera, cando alcanzan os 40 cm de lonxitude (momento no que chegan á madurez sexual). Vive nas proximidades dos fondos mariños, entre os 30 e 500 metros de profundidade.
Aproveitamento pesqueiro

Péscase con artes de arrastre, sendo preferida a capturada no palangre con anzol (pescada do pincho). O principal caladoiro para a súa pesca é o Gran Sol.
Festas gastronómicas

Notas
- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para pescada. Consultado o 8 de febreiro de 2017.
- ↑ Cada vez estase estendendo máis o castelanismo merluza (recollido polo DRAG como entrada tolerada aínda que non recomendada), e pescadilla para a de menor tamaño (aínda que máis grande que o da carioca).
Véxase tamén
Outros artigos
Ligazóns externas
- Lloris, D. e outros: Merluzas del mundo (Familia Merluciidae). Organización de las Naciones Unidas para la Alimentación y la Agricultura. Roma 2003.