Gran Premio da Arxentina de 1997
Detalles da carreira | ||
---|---|---|
Carreira 3 de 17 no Campionato Mundial de Fórmula 1 de 1997. | ||
Trazado do circuíto de Buenos Aires. | ||
Data | 13 de abril 1997 | |
Nome oficial | XX Gran Premio Marlboro de la República Argentina de 1997 | |
Localización | Autódromo Oscar Alfredo Gálvez, Buenos Aires, Arxentina | |
Percorrido | Percorrido permanente de carreira 4´259 km | |
Distancia | 72 voltas, 306´648 km | |
Clima | Parcialmente nubrado e seco con temperaturas de ata 21 °C[1] | |
Pole position | ||
Piloto | Jacques Villeneuve | Williams-Renault |
Tempo | 1:24.473 | |
Volta rápida | ||
Piloto | Gerhard Berger | Benetton-Renault |
Tempo | 1:27.981 na volta 63 | |
Podio | ||
Primeiro | Jacques Villeneuve | Williams-Renault |
Segundo | Eddie Irvine | Ferrari |
Terceiro | Ralf Schumacher | Jordan-Peugeot |
O Gran Premio da Arxentina de 1997 foi unha carreira de automobilismo de Fórmula Un celebrada o 13 de abril de 1997 no Autódromo Oscar Alfredo Gálvez de Buenos Aires, Arxentina. Foi a terceira carreira da tempada de Fórmula Un de 1997 e o 600º Gran Premio do Campionato do Mundo desde o seu inicio. A carreira de 72 voltas gañouna o piloto de Williams Jacques Villeneuve despois de que comezase desde a pole position. Eddie Irvine terminou segundo para o equipo Ferrari e o piloto de Jordan Ralf Schumacher chegou na terceira posición.
Resumo
Pre-Carreira
A maior parte dos comentarios antes do gran premio eran sobre Heinz-Harald Frentzen e Eddie Irvine e os seus pobres comezos na tempada. A pesar de saír do negocio, o director do equipo Lola [[Eric Broadley] estaba seguro de que o equipo podería volver a estar funcionando no Gran Premio de San Marino, aínda que cun novo patrocinador principal. O equipo Tyrrell tamén causou un gran revuelo tras chegar ao gran premio con catro novas ás no coche, dúas no morro e outras dúas ao lado da cabeza dos pilotos. Semellaron a á-X e pronto se usou como alcume. A sesión de práctica non trouxo sorpresas cos dous Williams primeiro e segundo.
Clasificación
Do mesmo xeito que na sesión de prácticas, Williams volveu a estar na primeira fila, con Jacques Villeneuve na pole. A primeira sorpresa real do fin de semana foi o desempeño de Olivier Panis no Prost, que conseguiu cualificar no terceiro lugar. Outro rendemento forte foi o quinto lugar de Rubens Barrichello no Stewart. Como era de esperar, os dous McLarens clasificáronse mal, queixándose do mal manexo na superficie accidentada. O tempo máis lento de volta de Pedro Diniz sería suficiente para poñelo na pole na carreira do ano anterior.
Carreira
Cando se apagaron as luces vermellas, Jacques Villeneuve saíu limpiamente da primeira curva e comezou a afastarse dos outros pilotos dianteiros. Michael Schumacher case colisionou con Panis, pero o francés saíuse da trazada para perder uns poucos lugares antes que chocar co Ferrari. Chegando á primeira curva, Michael Schumacher estaba xunto ao seu compañeiro Irvine e Rubens Barrichello. Con todo, Michael entón virou e estrelouse contra a parte traseira do coche de Barrichello facendo que o brasileiro trompeara e Michael se retirara. Barrichello entrou en boxes a cambiar o morro dianteiro e saíu de novo. Pero na melé, Coulthard estrelouse contra a parte traseira do Jordan de Ralf Schumacher, rasgando a súa roda dianteira e deixandoo fóra da carreira. A pista era intransitable e os pilotos tiveron que meterse pola herba para rodear o incidente, polo que saíu o Safety Car. No reinicio logo de 4 voltas, Villeneuve volveu a afastarse de Frentzen e Panis, pero a carreira de Frentzen finalizou na 6ª volta con problemas de aceleración. A oportunidade de vitoria para o Prost terminou na 18ª volta, tamén con problemas de aceleración. Na volta 24 os dous Jordans chocaron e [Giancarlo Fisichella]] tivo que retirrse da carreira. Hill, que chegou ata o cuarto posto, retirouse cun fallo de motor na volta 33. Aínda que nas últimas voltas, Irvine pechou a diferenza con Villeneuve, o canadense mantivo a presión e gañou o sexto premio da súa carreira. Irvine rematou en segundo lugar, o mellor final da súa carreira nese momento, con Ralf Schumacher logrando o seu primeiro podio en terceiro lugar.
Post-carreira
Os comentarios de antes da carreira sobre o futuro de Heinz-Harald Frentzen e Eddie Irvine, se tranquilizaron logo da carreira. A gran carreira do alemán mellorou a relación con Williams, mentres que o segundo de Irvine significou que a prensa italiana xa non pedira o seu despido.
Houbo rumores de descontento no equipo Jordan polo choque e o equipo non saltou ao muro de boxes para celebrar o podio de Ralf Schumacher, pero o equipo asegurou que isto foi debido á superstición despois de que Rubens Barrichello perdera o 3º lugar no Gran Premio de Hungría de 1995, aínda que en posteriores carreiras o equipo asomouse á espera dos seus coches no muro de boxes se estaban no top 3.
No podio os organizadores sacaron erroneamente a bandeira de Irlanda en lugar da Union Jack, como se mostraba habitualmente, para Eddie Irvine. Aínda que o propio Irvine, de Irlanda do Norte, se identifícase como irlandés a pesar de ter pasaporte británico, a casa dos seus pais no Condado de Down foi branco dos lealistas do Ulster xa que sentían que foran traizoados polo piloto de Ferrari. Posteriormente, Irvine solicitou unha bandeira branca cun trevo para ser usada se conseguía outro podio. Con todo, a FIA insistiu en que se empregase Union Jack no futuro.[2]
Clasificación
Cualificación
Pos | Nº | Piloto | Construtor | Tempo | Diferenza | |
---|---|---|---|---|---|---|
1 | 3 | Jacques Villeneuve | Williams-Renault | 1:24.473 | ||
2 | 4 | Heinz-Harald Frentzen | Williams-Renault | 1:25.271 | +0.798 | |
3 | 14 | Olivier Panis | Prost-Mugen-Honda | 1:25.491 | +1.018 | |
4 | 5 | Michael Schumacher | Ferrari | 1:25.773 | +1.300 | |
5 | 22 | Rubens Barrichello | Stewart-Ford | 1:25.942 | +1.469 | |
6 | 11 | Ralf Schumacher | Jordan-Peugeot | 1:26.218 | +1.745 | |
7 | 6 | Eddie Irvine | Ferrari | 1:26.327 | +1.854 | |
8 | 16 | Johnny Herbert | Sauber-Petronas | 1:26.564 | +2.091 | |
9 | 12 | Giancarlo Fisichella | Jordan-Peugeot | 1:26.619 | +2.149 | |
10 | 10 | David Coulthard | McLaren-Mercedes | 1:26.799 | +2.326 | |
11 | 7 | Jean Alesi | Benetton-Renault | 1:27.076 | +2.603 | |
12 | 8 | Gerhard Berger | Benetton-Renault | 1:27.259 | +2.786 | |
13 | 1 | Damon Hill | Arrows-Yamaha | 1:27.281 | +2.808 | |
14 | 17 | Nicola Larini | Sauber-Petronas | 1:27.690 | +3.217 | |
15 | 23 | Jan Magnussen | Stewart-Ford | 1:28.035 | +3.562 | |
16 | 18 | Jos Verstappen | Tyrrell-Ford | 1:28.094 | +3.621 | |
17 | 9 | Mika Häkkinen | McLaren-Mercedes | 1:28.135 | +3.662 | |
18 | 21 | Jarno Trulli | Minardi-Hart | 1:28.160 | +3.687 | |
19 | 19 | Mika Salo | Tyrrell-Ford | 1:28.224 | +3.751 | |
20 | 15 | Shinji Nakano | Prost-Mugen-Honda | 1:28.366 | +3.893 | |
21 | 20 | Ukyo Katayama | Minardi-Hart | 1:28.413 | +3.940 | |
22 | 2 | Pedro Diniz | Arrows-Yamaha | 1:28.696 | +4.496 | |
Fonte:[3]
|
Carreira
Pos | Nº | Piloto | Construtor | Voltas | Tempo/Retirada | Grella | Puntos |
---|---|---|---|---|---|---|---|
1 | 3 | Jacques Villeneuve | Williams-Renault | 72 | 1:52:01.715 | 1 | 10 |
2 | 6 | Eddie Irvine | Ferrari | 72 | +0.979 | 7 | 6 |
3 | 11 | Ralf Schumacher | Jordan-Peugeot | 72 | +12.089 | 6 | 4 |
4 | 16 | Johnny Herbert | Sauber-Petronas | 72 | +29.919 | 8 | 3 |
5 | 9 | Mika Häkkinen | McLaren-Mercedes | 72 | +30.351 | 17 | 2 |
6 | 8 | Gerhard Berger | Benetton-Renault | 72 | +31.393 | 12 | 1 |
7 | 7 | Jean Alesi | Benetton-Renault | 72 | +46.359 | 11 | |
8 | 19 | Mika Salo | Tyrrell-Ford | 71 | +1 volta | 19 | |
9 | 21 | Jarno Trulli | Minardi-Hart | 71 | +1 volta | 18 | |
10 | 23 | Jan Magnussen | Stewart-Ford | 66 | Motor | 15 | |
Ret | 17 | Nicola Larini | Sauber-Petronas | 63 | Trompo | 14 | |
Ret | 2 | Pedro Diniz | Arrows-Yamaha | 50 | Motor | 22 | |
Ret | 15 | Shinji Nakano | Prost-Mugen-Honda | 49 | Motor | 20 | |
Ret | 18 | Jos Verstappen | Tyrrell-Ford | 43 | Motor | 16 | |
Ret | 20 | Ukyo Katayama | Minardi-Hart | 37 | Trompo | 21 | |
Ret | 1 | Damon Hill | Arrows-Yamaha | 33 | Motor | 13 | |
Ret | 12 | Giancarlo Fisichella | Jordan-Peugeot | 24 | Colisión | 9 | |
Ret | 22 | Rubens Barrichello | Stewart-Ford | 24 | Hidráulica | 5 | |
Ret | 14 | Olivier Panis | Prost-Mugen-Honda | 18 | Eléctrico | 3 | |
Ret | 4 | Heinz-Harald Frentzen | Williams-Renault | 5 | Embrague | 2 | |
Ret | 5 | Michael Schumacher | Ferrari | 0 | Colisión | 4 | |
Ret | 10 | David Coulthard | McLaren-Mercedes | 0 | Colisión | 10 | |
Fonte:[4]
|
Notas
Récords:
- Ralf Schumacher foi o piloto máis novo do podio.
- Este foi o 600º Premio na historia de Fórmula Un.
Fitos: Jordan 100ª carreira; Rothmans Williams-Renault 100ª Pole position; Gerhard Berger 20ª Volta rápida.
Posicións logo da carreira
- Nota: Só están incluídos os cinco primeiros postos en ambos os grupos de clasificación.
Carreira anterior: Gran Premio do Brasil de 1997 |
Campionato Mundial de Fórmula 1 da FIA Temporada 1997 |
Carreira seguinte: Gran Premio de San Marino de 1997 |
Carreira anterior: Gran Premio da Arxentina de 1996 |
Gran Premio da Arxentina | Carreira seguinte: Gran Premio da Arxentina de 1998 |
Notas
- ↑ Weather info for the 1997 Argentine Grand Prix at Weather Underground
- ↑ "Irvine refuses to make issue of flag choice". irishtimes.com. Consultado o 18 de xullo de 2017.
- ↑ "1997 Argentine GP Qualifying". Chicane F1. Arquivado dende o orixinal o 17 de xuño de 2018. Consultado o 2007-08-06.
- ↑ "1997 Argentine Grand Prix". formula1.com. Arquivado dende o orixinal o 29 de outubro de 2014. Consultado o 24 de decembro de 2015.
Véxase tamén
Ligazóns externas
Detalles da carreira: "1997 Argentine GP". Chicane F1. Arquivado dende o orixinal o 17 de xuño de 2018. Consultado o 2007-08-06.