Mahmoud Abbas
Mahmoud Abbas | |
---|---|
Nome completo | محمود رضا عباس |
Nacemento | 15 de novembro de 1935 e 26 de marzo de 1935 |
Lugar de nacemento | Safed |
Nacionalidade | Estado de Palestina |
Relixión | Sunnismo |
Alma máter | Universidade de Damasco e Universidade Russa da Amizade dos Povos |
Ocupación | político e xurista |
Cónxuxe | Amina Abbas |
Fillos | Yasser Abbas |
Coñecido por | The Other Side: The Secret Relationship Between Nazism and Zionism |
Premios | Orden da Amistade, Order of Merit of Duarte, Sanchez and Mella, Order of Francisco de Miranda, Order of Glory and Honor, honorary doctor of the Moscow State Institute of International Relations, honorary doctor of the Peoples' Friendship University of Russia, National Order of Merit, Order of Mubarak the Great, Order of Isa II, Order of Merit, Order of the Republic (Tunisia), Medal of Friends of the Algerian Revolution, Order of the State of Palestine, Orde da Estrela de Romanía, Order of the Distinguished Rule of Nishan Izzuddin, Order of the Grand Star of Djibouti, Order of Al-Fakhr, Juan Pablo Duarte Order of Merit, Order of Zayed, Order of Umayyad e National Order of Merit |
Na rede | |
https://president.ps | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Mahmud Abbas (en árabe:محمود عباس), nado o 26 de marzo de 1935 en Safad, Galilea, é o presidente (rais) da Autoridade Nacional Palestina (ANP) desde o 9 de xaneiro de 2005.
Traxectoria
Mocidade e educación
Naceu na vila de Safed, que naquel entón era parte do Mandato británico de Palestina. Xunto á súa familia converteuse en refuxiado durante a guerra de 1948, marchándose finalmente a Siria. Alí Mahmud foi á escola e se graduou na Universidade de Damasco antes de ir a Exipto, onde estudou dereito.
Carreira política
Estivo entre os fundadores de Fatah; o seu nome na clandestinidade era Abu Mazen. Durante a década do 70 foi un membro activo do FDLP. Entra no Consello Nacional Palestino en 1968. En 1981 é elixido membro da OLP. participou nas conversacións de paz de Madrid e Oslo en 1991 e 1993, respectivamente. En 1996 accede ao posto de Secretario Xeral do Comité Executivo da OLP. Máis adiante, en 2003, é nomeado primeiro ministro, pero dimite pouco despois por discrepancias coas faccións radicais e con Arafat.
Mahmud Abbas advertiu á organización Hamas o 8 de outubro de 2006 que el chamará a novas eleccións lexislativas se Hamas non acepta un goberno de coalición. Coa condición de recoñecer a Israel que el presentou para unha coalición. Pero non é claro se Abbas ten o poder de chamar a novas eleccións.