Mar do Labrador

Mar do Labrador
Mer du Labrador - Labrador Sea - Labradorhavet
Localización administrativa
EstadoDinamarca Dinamarca
Canadá
DivisiónGroenlandia Groenlandia Dinamarca Dinamarca
Canadá (CAN)
Localización xeográfica
Océano / MarOcéano Atlántico
ContinenteAmérica do Norte
Illa/sGroenlandia Dinamarca Dinamarca
Terra Nova Canadá
Xeografía
SubdivisiónsCumberland Sound
Accidentes
Características
Superficie841.000 km2 [1]
Profundiade máxima4.316 m
Profundidade media3.200 m[2]
Outros datos
Vía marítimaPaso do Noroeste
Mapa

Localización do mar do Labrador (inclúe as augas do estreito de Davis)

Mapa da rexión do mar do Labrador

O mar do Labrador (en francés: mer du Labrador, en inglés: Labrador Sea e en dinamarqués: Labradorhavet) é un corpo de auga do océano Atlántico Norte localizado entre a península canadense de Labrador e a illa danesa de Groenlandia. Está flanqueado por terras continentais en todos os seus bordos e a súa profundidade é duns 3 km. As súas augas conectan ao norte coas da baía de Baffin, a través do estreito de Davis.[3]

Xeoloxía

O mar de Labrador formouse probablemente polo espazamento do fondo mariño que empezou a ocorrer hai ao redor de 61 millóns de anos e parou fai preto de 40 millóns de anos.

Hai unha historia máis recente achega da forma do mar, durante a idade do xeo, a folla de xeo norteamericana colapsouse repetidas veces mandando vagas de icebergs cara ao mar do Labrador, no fondo do mar do Labrador hai unha capa de pedras irregulares (Glacial errático), isto é cachos de pedra que non coinciden con tamaño e o tipo de pedra nativas ao área en que se atopan, deixadas aí polos icebergs ao derretirse.

Unha das canles de turbidita máis grandes de mundo corre de Norte a Sur no medio do mar do Labrador. As avalanchas de turbidita corren esta canle por centenares de quilómetros, moitos delas terminando nas augas máis profundas de Nova Inglaterra.

Límites xeográficos

Segundo a Organización Hidrográfica Internacional («International Hydrographic Organization», IHO), na súa publicación Limits of oceans and seas (3ª edición de 1953),[4] o mar do Labrador (que ten o número de identificación 15A) ten os seguintes límites:

Notas

  1. Wilson, R. C. L; London, Geological Society of (2001). "Non-volcanic rifting of continental margins: a comparison of evidence from land and sea". Geological Society, London, Special Publications 187: 77. ISBN 978-1-86239-091-1. doi:10.1144/GSL.SP.2001.187.01.05. 
  2. EcuRed. "Mar_de_Labrador" (en castelán). Consultado o 30 de xullo do 2016. 
  3. Encyclopædia Britannica. "Labrador Sea". Consultado o 30 de xullo do 2016. 
  4. «Limits of oceans and seas», pax. 10.

Véxase tamén