Mario Casas
![]() (2017) ![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 12 de xuño de 1986 ![]() A Coruña, España ![]() |
Residencia | A Coruña Esparreguera Madrid ![]() |
Altura | 1,8 m ![]() |
Cor dos ollos | Castaño ![]() |
Actividade | |
Ocupación | actor, actor de televisión, actor de cinema, modelo, director de cinema ![]() |
Período de actividade | 2005 ![]() |
Familia | |
Parella | Eiza González (2023–2024) ![]() |
Irmáns | Óscar Casas ![]() |
Premios | |
| |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() |
Mario Casas Sierra, nado na Coruña o 12 de xuño de 1986, é un actor galego.
Traxectoria
Nado no barrio coruñés da Sardiñeira, en 1994 marchou vivir a Barcelona coa súa familia. Alí comezou a traballar en publicidade, ata que a finais do 2003 marchou estudar teatro a Madrid. En 2006 participa en SMS unha serie emitida en La Sexta. Nese mesmo ano Casas debuta no cine co filme El camino de los ingleses, dirixido por Antonio Banderas, mais a súa sona acadaríaa grazas á súa participación na serie de televisión española Los hombres de Paco.
No 2009 foi protagonista de dous dos filmes españois de máis éxito en recadación do ano; Fuga de cerebros, coprotagonizada con Amaia Salamanca, e mais Mentiras y gordas canda Yon González, Ana María Polvorosa, Ana de Armas e mais Hugo Silva. Ámbalas dúas conseguiron lideralo portelo nacional durante a fin de semana da súa estrea.
Vida persoal
Viviu en Collbató e Esparreguera (Barcelona). Foi relacionado sentimentalmente coa tamén actriz Amaia Salamanca, coa que protagonizou Fuga de cerebros. Ten dous irmáns que, coma el, son actores; Christian Casas e Óscar Casas, e mais unha irmá; Sheila Casas.
En 2009 empezou unha relación coa tamén actriz María Valverde Rodríguez, coñecéndose ó coincidir na rodaxe da película La mula, que se estreou en maio de 2013, debido a diversos problemas.[1]
Filmografía
Cinema
Ano | Título | Personaxe | Director | Notas |
---|---|---|---|---|
2006 | El camino de los ingleses | Moratalla | Antonio Banderas | |
2009 | Fuga de cerebros | Emilio Carbajosa Benito | Fernando González Molina | |
Mentiras y gordas | Toni | Alfonso Albacete e David Menkes | ||
2010 | Tres metros sobre el cielo | Hugo Olivera Castro (H) | Fernando González Molina | |
2011 | Carne de neón | Ricky | Paco Cabezas | |
2012 | Tengo ganas de ti | Hugo Olivera Castro (H) | Fernando González Molina | |
Grupo 7 | Ángel Lares Pacheco | Alberto Rodríguez | ||
2013 | Ismael | Félix Ambrose | Marcelo Piñeyro | |
Las brujas de Zugarramurdi | Antonio "Tony" | Álex de la Iglesia | Premio Feroz ao mellor actor secundario | |
La mula | Juan Castro | Michael Radford | Premio do Festival de Málaga ao mellor actor protagonista | |
2014 | Eden | Félix Arella | Shyam Madiraju | |
2015 | Palmeras en la nieve | Kilian | Fernando González Molina | |
Mi gran noche | Adanne | Álex de la Iglesia | Premio Feroz ao mellor actor de elenco | |
The 33 | Álex Vega | Patricia Riggen | ||
2016 | Toro | Christian Toro | Kike Maíllo | |
2017 | Contratiempo | Adrián Doria | Oriol Paulo | |
El bar | Nacho | Álex de la Iglesia | ||
2018 | Bajo la piel de lobo | Martinon | Samu Fuentes | |
El fotógrafo de Mauthausen | Francesc Boix | Mar Targarona | ||
2019 | Adiós | Juan Santos | Paco Cabezas | |
2020 | Hogar | Tomás | David Pastor e Álex Pastor | Filme para Netflix |
El practicante | Ángel Hernández | Carles Torras | ||
No matarás | Dani | David Victori | Premio Feroz ao mellor actor protagonista Premio Goya ó mellor actor protagonista |
Televisión
Ano | Título | Canle | Personaxe | Notas |
---|---|---|---|---|
2005 | Obsesión | La 1 | Nicolás «Nico» Castillo | 20 episodios |
2006 - 2007 | SMS | laSexta | Javier «Javi» Llorens | 184 episodios |
2007 - 2021 | Los hombres de Paco | Antena 3 | Aitor Carrasco Menéndez | 79 episodios |
2011 - 2013 | El barco | Antena 3 | Ulises Garmendia | 39 episodios |
2018 | Paquita Salas | Netflix | El mesmo | 1 episodio |
2019 | Instinto | Movistar+ | Marco Mur Seco | 8 episodios |
2021 | El inocente | Netflix | Mateo «Mat» Vidal Rivera | 8 episodios |
Curtametraxes
Ano | Título | Personaxe | Director |
---|---|---|---|
2007 | Sintonía diario Pop | Iván | Guillermo Mieza |
2009 | Paco | Paco | Jorge Roelas |
2010 | Dinero fácil | Jaime | Carlos Montero |
2010 | La wikipeli 2: Miedo | Sergio | Jaume Balagueró |
2014 | A Lonely Sun Story | Óscar | Juanma Suárez |
2021 | Amor a primera vista | El mesmo | Ian Pons Jewell |
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas
- Fansite oficial Arquivado 19 de abril de 2009 en Wayback Machine.