Oleg Blokhin

Oleg Blokhin
Información persoal
Nome Oleg Blokhin
Nacemento 5 de novembro de 1952
Lugar de nacemento Kíiv
Altura 1,80
Posición Dianteiro
Información de club
Club actual retirado
Na rede
FIFA: 174409 UEFA: 5320 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Oleh Volodymyrovych Blokhin, nado o 5 de novembro de 1952 en Kíiv, Unión Soviética, hoxe Ucraína, é un adestrador de fútbol que anteriormente xogou de dianteiro na selección da Unión Soviética. Foi galardoado co Balón de Ouro en 1975.

Traxectoria

Dinamo Kíiv

Case toda a súa carreira transcorre no Dinamo Kiev, excepto os derradeiros anos nos terreos de xogo, onde formou parte do Vorwärts Steyr austríaco e do Aris grego. É o máximo anotador da liga soviética de tódolos tempos con 211 goles, así coma o xogador con máis encontros disputados (432). A nivel de equipo, con el o Dinamo gañou a liga da URSS en oito ocasións e dúas Recopas, en 1975 e 1986.

Selección

Blokhin é o futbolista que máis encontros xogou coa camisola da Unión Soviética, cun total de 112, amais de se-lo máximo anotador con 42 goles. Participou nos mundiais de 1982 e 1986.

Adestrador

Despois do seu retiro, Blokhin adestrou varios clubs gregos entre eles o Olympiakos FC, PAOK e o Ionikos. En setembro do 2003 chega ao cargo de adestrador da selección ucraína. Baixo a súa batuta a escuadra chega ata os cuartos de final do Mundial de Fútbol Alemaña 2006, perdendo contra a Italia, que finalmente serían os campións do torneo.

Persoal

No ano 2002 Ole Blokhin foi elixido para o Verkhovna Rada (Parlamento de Ucraína) por segunda vez. En outubro dese mesmo ano únese ao Partido Socialdemócrata de Ucraína. Nos últimos tempos o seu cargo na selección de fútbol concentra tódolos seus esforzos e non anda en ningunha actividade política.

Blokhin estivo casado con Irina Deriugina, a famosa ximnasta campioa do mundo en exercicios libres, mais a parella divorciouse en 1990. Teñen unha filla.

Xogador de Ouro

En novembro do 2003, para celebra-lo aniversario da UEFA, fíxose unha selección na que a federación de cada país tivo que escoller ó seu mellor xogador dos últimos 50 anos. Son os chamados Xogadores de Ouro da UEFA. Blokhin foi escollido pola Federación de Fútbol de Ucraína.[1]

Polémica racista en 2006

O 22 de febreiro de 2006 nunha entrevista (en ruso)na páxina de deportes ucraína sport.com.uaArquivado 28 de setembro de 2007 en Wayback Machine., Blokhin fixo as seguintes declaracións: "Cantos máis ucraínos xoguen na liga nacional, máis exemplos para os rapaces. Que aprendan de Shevchenko ou Blokhin e non dalgún Zumba-Bumba ó que baixaron dunha árbore, lle deron dous plátanos a agora xoga na liga ucraína. [...] Lembro cando eu xogaba ó fútbol; se perdiamos un encontro non era doado camiñar polas rúas de Kiev - Había moitos amigos aí fóra que podían darche unha boa malleira. Pero que sentido ten baterlle a un estranxeiro? De acordo, ti bates nel - o seguinte que fará será colle-las maletas e marchar."

Estes comentarios recibiron unha morea de críticas da prensa occidental.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas