Praia do Orzán
Praia do Orzán | |
---|---|
![]() Praia do Orzán. | |
![]() ![]() ![]() | |
Características xerais | |
Lonxitude | 780 m |
Grao de ocupación | Alta |
Grao de urbanización | Urbana |
Paseo marítimo | ![]() |
Características específicas | |
Condicións do baño | ![]() |
Aspectos medioambientais | |
Bandeira Azul | Si |
Seguridade | |
Equipo de vixilancia | Si |
Sinalización do perigo | Si |
Policía local | Si |
Equipo de salvamento | Si |
Accesibilidade | |
Accesible a discapacitados | ![]() |
Sinalización do acceso | ![]() |
A praia do Orzán é unha praia urbana da cidade da Coruña situada na enseada do Orzán, xunto ao paseo marítimo.
Características
Conta con aseos públicos, duchas, vixilancia, aparcadoiro, posto de socorro e acceso para discapacitados. Está prohibida a entrada con animais.
É habitual a práctica do surf e bodyboard cando as condicións meteorolóxicas son as axeitadas, marea baixa e vento do sueste. Celébranse diversos campionatos ó longo do ano, como son unha proba do circuíto galego de surf.
As liñas do bus que ata aló chegan son a 3A, a 4, a 6, a 6A e a 11.