Robert Smith

Robert Smith
Nome completoRobert James Smith
Data nacemento21 de abril de 1959 (64 anos)
Nado enBlackpool, Inglaterra Inglaterra
CónxuxeMary Poole
Ocupacióncantante, músico, letrista, produtor
Xéneropost-punk, rock gótico, new wave, rock alternativo
Instrumento(s)guitarra, voz
Selo(s) discográfico(s)Fiction, Geffen, Universal, Hansa, Polydor
Relacionado conThe Cure, Siouxsie and the Banshees, The Glove, Easy Cure, Crystal Castles, Malice, 65daysofstatic, The Twilight Sad, Cult Hero
Tempo en activo1976 - actualidade
Na rede
thecure.com
IMDB: nm0809733 MySpace: robertsmith Spotify: 0SHJWEBfbcjkE8bGiSTykk Musicbrainz: 7d1a1624-784b-4f89-8ff9-b9b493cd059d Songkick: 1042854 Discogs: 73783 Allmusic: mn0001033109 WikiTree: Smith-183792 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Robert James Smith, nado en Blackpool o 21 de abril de 1959, é guitarrista, vocalista e compositor do grupo inglés de rock The Cure. É o seu líder e único membro permanente dende a formación da banda en 1976.

Smith toca, ademais da guitarra, o baixo de 6 cordas e os teclados. O seu peculiar e enleado xeito de tocar a guitarra e o uso innovador dos efectos de flanger, chorus e phaser fixeron que fose considerado un guitarrista pioneiro no new wave e o indie rock. Robert tamén tocou na banda Siouxsie & the Banshees.

Traxectoria

Smith naceu en Blackpool (Lancashire). Criouse nunha familia católica de clase traballadora que se trasladou a Sussex. Estudou na Notre Dame Middle School e na St. Wilfrid's Comprehensive School en Crawley, e con 14 anos formou o seu primeiro grupo co seu irmán Richard e a súa irmá Janet.

Tivo a súa primeira guitarra eléctrica como regalo de Nadal e recibiu algunhas clases. Comezou a versionar cancións da época cos seus amigos Lol Tolhurst e Michael Dempsey. En outubro de 1976 a banda, chamada Malice e que xa contaba con Porl Thompson, comezou a ensaiar máis en serio e a realizar algún concerto. En xaneiro de 1977 a banda tomou o nome de "Easy Cure", e participou nun concurso de maquetas. Días máis tarde recibiron un telegrama onde lles convocaban para unha audición en Londres. Asinaron co selo Hansa, que finalmente rexeitou gravar o tema "Killing an Arab" e en agosto de 1978 reuníronse con Polydor, xa co nome The Cure, e naceu o seu primeiro álbum, Three Imaginary Boys.

Estética

Smith axudou a popularizar o estilo gótico coa súa imaxe habitual comosta por beizos pintados de vermello, pel pálida, o seu cabelo cardado negro, roupas tamén negras e zapatillas de deporte; unha estética que comezou a usar a principios dos anos 80.

As súas composicións para os primeiros álbums da banda centrábanse en temas como a depresión, a soidade e o illamento. O estado de ánimo sombrio deses traballos, xunto co seu comportamento no escenario, cementaron a imaxe gótica da banda.

A estética de The Cure pasou de sombría a psicodélica co seu álbum The Top. En 1986, Smith alterou a súa imaxe, aparecendo nos concertos e nas fotos promocionais co pelo curto de punta e vestindo polos.