Século I
século I adC < século I > século II
Período de tempo que abrangue dende o 1 de xaneiro do ano 1 ata o 31 de decembro do ano 100 da era cristiá.
Acontecementos importantes
Galiza
- Constrúese a vía XVIII do Itinerario de Antonino, calzada romana destinada a unir Bracara Augusta (Braga), Asturica Augusta (Astorga) e Lucus Augusti (Lugo), cunha lonxitude total de preto de 350 km.
- Tamén se constrúe a ponte romana de Ourense, ponte co maior arco de luz de todo o Imperio Romano.
Europa
- 7: o príncipe Cunobelino dos catuvellaunos vence aos trinovantes na Britania e establece a súa capital en Camulodunum (hoxe Colchester).
- 9: tres lexións romanas foron emboscadas e destruídas na batalla da fraga de Teutoburgo polos xermánicos liderados por Arminio.
- 9: o príncipe Cunobelino é coroado rei dos catuvellaunos, o seu reino domina o sur de Britania.
- 14: morre Octavio Augusto, primeiro emperador de Roma. O seu fillo/fillastro/xenro adoptivo Tiberio ascende ao trono.
- c. 36: conversión do Paulo de Tarso.
- 40: a crise sucesoria estala na corte do rei Cunobelino e o seu fillo máis novo foi exiliado, o príncipe Adminio, foxe á corte de Calígula en Roma.
- 42: morre o rei Cunobelino, o seu fillo Carataco convértese en rei. El e o seu irmán conquistan gran parte do sueste de Britania, ampliando o territorio ata Atrebates, expulsando ao rei Verica. O rei Verica viaxa a Roma á corte de Claudio para axudar a recuperar o seu trono.
- 43: comeza a conquista romana de Britania. Fúndase Londinium (Londres), aínda que puido existir séculos antes desta data.
- 60: a raíña Boadicea dos icenos en Britania rebélase contra os romanos. A rebelión fracasa, tres grandes cidades son eliminadas.
- 64: grande incendio de Roma, primeira persecución masiva romana de cristiáns, primeiro recoñecemento significativo dos cristiáns en Roma.
- 66 - 73: Primeira guerra xudeorromana.
- 69: tras a morte de Nerón, o Imperio Romano cae na súa primeira guerra civil agora coñecida como o "Ano dos Catro Emperadores".
- 69: Cartimandua, raíña dos brigantes no norte de Britania, é derrocada nunha guerra civil. Isto fixo que os romanos consigan anexionar o reino.
- 77: Plinio o Vello publica os dez primeiros libros da Naturalis Historia.
- 78: os romanos conquistan aos ordovicos, situados no actual norte de Gales, así como aos siluros.
- 79: Pompeia e Herculano destruídas pola erupción do Monte Vesubio.
- 80: remata a construción do Coliseo de Roma.
- 83: en Roma, a castración de escravos está prohibida.
- 86: o xeneral romano, e futuro emperador, Traxano comeza unha campaña para esmagar un levantamento en Xermania.
- 88: remata a Primeira Guerra Dacia: Decébalo convértese en rei cliente de Roma, recibe cartos, artesáns e máquinas de guerra para protexer as fronteiras do Imperio Romano.
- 92: os marcomanos son derrotados polos romanos no Danubio.
- 98: Tácito menciona aos suiones, os futuros suecos.
- 98: os godos instálanse no norte de Polonia, ao que chamaron Gothiscandza, e conforman a cultura Wielbark.
Oriente
- comezos do século I: Nace Xesús de Nazaret o mesías da relixión cristiá en Palestina, inicio da expansión do cristianismo. Paulo de Tarso levou a Roma as ensinanzas do cristianismo.
- 6: censo de Quirinio.
- 27: Xesús comeza o seu ministerio (data tradicional).
- c. 34: lapidación de Estevo Mártir.
- 50: celébrase o concilio de Xerusalén.
- 70: destrución do templo de Herodes en Xerusalén polos romanos baixo Tito.
- Celébrase o Concilio de Yavne.
África
- 87: o romano Xulio Materno explora África occidental.
Asia
- 2: primeiro censo da China, un dos máis precisos da historia chinesa.
- 9 - 11: Wang Mang derrocou temporalmente a dinastía Han de China.
- 9 - 23: comeza a dinastía Xin.
- 25: a dinastía Han é restaurada por Liu Xiu, quen se proclama Emperador Guangwu de Han.
- 28 - 75: co emperador Ming de Han o budismo chega a China.
- 29: estabelécese a tribo Bunlap, entre outras, na acabada de colonizar illa de Pentecoste.
- 29: os monxes budistas de Sri Lanka escriben primeiro as ensinanzas de Buda e crean o canon Pali durante o cuarto Concilio Budista.
- 30: rexións do que hoxe é Afganistán, Paquistán e o norte da India están baixo o control do Imperio Cuxano.
- 31: a crucifixión de Xesús (data tradicional).
- 40-43: estalan disturbios en Vietnam polas irmás Trung.
- 41-54: Rachias, embaixador enviado desde Sri Lanka á corte de Claudio.
- 58 - 88: reinado de Ming e Zhang.
- 68: o reino de Funan establécese no delta do Mekong, unha rede solta de estados do sueste asiático continental. A capital é Vyadhapura ou o actual distrito de Ba Phnum en Camboxa. Kaundinya, un brahmán indio establece o reino de Funan anterior a Angkor en Camboxa.
- 70: a India ve o fin das dinastías helenísticas.
- 73: a dinastía Han lanza unha gran campaña contra os xiongnu, aos que se atopan na batalla de Yiwulu no oasis de Kumul, unha vitoria militar final dirixida polo xeneral Dou Gu (m. 88).
- 74: os xenerais chineses Dou Gu e Geng Bing toman o control de Turfán.
- 78: o príncipe indio Aji Caka introduce nas illas indonesias a lingua sánscrita e a escritura Pallawa, utilizadas para inscribir palabras e frases xavanesas.
- 85: Baekje invade os arredores de Silla na península coreana. A guerra continúa ata o tratado de paz de 105.
- 89: batalla de Ikh Bayan: O exército chinés Han baixo o mando de Dou Xian, aliado cos xiongnu do sur, vence sobre o xiongnu do norte.
- 94: o xeneral chinés Ban Chao completa a súa conquista da conca do Tarim tomando Yānqi, que está situada na estratéxica Ruta da Seda.
Personaxes destacadas
- Apolonio de Tiana (3 a.C. - 98): filósofo, matemático e místico grego.
- Arminio (16/17 a. C. - 48): señor da guerra alemán, coñecido pola súa vitoria na batalla do fraga de Teutoburgo.
- Boadicea (? - 61): raíña dos icenos, liderou unha rebelión en Britania contra os romanos.
- Calígula (12 - 41): primeiro emperador romano asasinado.
- Claudio (10 a.C. - 54): emperador romano, baixo o seu reinado a illa de Britania foi conquistada.
- Cneo Xulio Agrícola (40 - 93): soldado romano, gobernador de Britania, coñecido por romanizar a rexión.
- Decébalo (81 - 105): rei dos dacios, coñecido por vencer aos romanos.
- Domiciano (51 - 96): emperador romano, último emperador da dinastía Flavia.
- Estrabón (64/63 a. C. - 24): filósofo e xeógrafo grego.
- Filón de Alexandría (10/15 a. C. - 45/50): filósofo xudeu.
- Herón de Alexandría (10 a.C. - 70): enxeñeiro e matemático grego.
- Ignacio de Antioquía (35/50 a. C. - 98-117): bispo da Igrexa Católica en Antioquía.
- Xesús de Nazaret (6 a.C./4 a.C. - 30?): mesías da relixión cristiá.
- Xoán Bautista (5 a.C. - 30): predicador xudeu, profeta do cristianismo e do islam.
- Xudas Iscariote (27 a.C. - 33?): apóstolo de Xesucristo, coñecido por traizoalo.
- Xulio César Xermánico (15 a.C. - 19): soldado romano, coñecido polas súas vitorias.
- Liu Xiu (5 a.C. - 57): emperador chinés, restableceu a dinastía Han.
- Livia Drusilla (57 a.C. - 29): esposa de Octavio Augusto e primeira emperatriz de Roma.
- Marco Valerio Marcial (40 - 104): poeta romano.
- María Magdalena (1 a.C. - 70?): seguidora de Xesús de Nazaret, considerada santa polas igrexas católica, ortodoxa e anglicana.
- Nerón (37 - 68): emperador romano, primeiro emperador que perseguiu o cristianismo.
- Octavio Augusto (63 a.C. - 14): fillo adoptivo de Xulio César, o primeiro emperador de Roma.
- Ovidio (43 a.C. - 17): poeta romano.
- Paulo de Tarso (? - 67): apóstolo de Xesucristo e predicador cristián.
- Plinio o Vello (23 - 79): filósofo e naturalista romano.
- Plutarco de Queronea (? - 120): historiador romano.
- Policarpo de Esmirma (70 - 155): santo da Igrexa Católica.
- Lucio Anneo Séneca (4 a.C. - 65): filósofo estoico romano, titor do emperador Nerón.
- Lucio Elio Sexano (20 a.C. - 31): soldado romano, tomou o poder no Imperio Romano en pouco tempo.
- Simón Pedro (1 a.C. - 67?): apóstolo de Xesucristo, considerado pola Igrexa católica como o seu primeiro papa.
- Publio Cornelio Tácito (55 - 120): cónsul romano, gobernador, senador e historiador.
- Tiberio (42 a.C. - 37): emperador romano, fillo de Octavio Augusto.
- Tito (39 - 81): emperador romano, baixo o seu reinado rematouse a construción do Coliseo.
- Vespasiano (9 - 79): emperador romano, fundador da dinastía Flavia.
Invencións e descubrimentos
- O Códice, a primeira forma do libro moderno, aparece no Imperio Romano.
- Varios inventos de Herón de Alexandría, incluíndo a turbina de vapor, o hydraulis e outras máquinas que funcionan con auga.
- c. 23: morre o astrónomo chinés Liu Xin, documentou 1080 estrelas diferentes, entre outros logros.
- 31: o enxeñeiro e estadista chinés da dinastía Han Du Shi (m. 38) de Nanyang inventou o primeiro fol de motor hidráulico coñecido para quentar o alto forno na fundición de ferro fundido. Utilizou un complexo dispositivo mecánico que era alimentado pola corrente contra unha roda hidráulica, unha práctica que continuaría na China.
- 71: comeza en Roma o uso de peches con chave de deseño enxeñoso.
- 78: o inicio da Saka Era utilizada polos calendarios do sur de Asia.
- c. 80: aínda que Filón de Bizancio describiu a bomba hidráulica de cadea saqiya a principios do século II a. C..
Este artigo sobre efemérides é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |