Shenyang

Shenyang (en chinés 沈阳市) é unha cidade chinesa, capital da provincia de Liaoning en Manchuria. Ata 1950 coñecida coma Mukden, é o maior e máis importante centro urbano do nordeste da República Popular da China, destacado núcleo industrial do país (3.372.216 h, censo 2000; máis de seis millóns na aglomeración).

Situada no extremo nororiental da conca baixa do río Liao, sempre foi lugar de fronteira, fronte aos pobos nómades do norte primeiro (dende o século X), os mongois despois, entre o imperio ruso e o xaponés no cambio do XIX ao XX; polo que as múltiples influencias de todas estas culturas reflectíronse na forma e vida da cidade.

Véxase tamén

Outros artigos


Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre xeografía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.