Signal Iduna Park
Coordenadas: 51°29′33″N 7°27′06″L / 51.4925, 7.451667
Signal Iduna Park | |
---|---|
Datos | |
Localización | Dortmund, Alemaña |
Nomes antigos | Westfalenstadion World Cup Stadium Dortmund |
Construción | |
Inauguración | 2 de abril de 1974 |
Arquitecto | Planungsgruppe Drahtler |
Custo | 32,7 millóns de marcos (1974) 111,6 millóns de euros (est. 2005) |
Estadio | |
Superficie | Céspede |
Dimensións | 105 x 68 |
Capacidade | 80.720 (nacional) 65.982 (internacional) |
Propietario | Westfalenstadion Dortmund |
Localía | Borussia Dortmund |
Eventos | |
Copa do Mundo de fútbol de 1974 Copa do Mundo de fútbol de 2006 |
O Westfalenstadion, coñecido por motivos de patrocinio como Signal Iduna Park, é un estadio de fútbol situado na cidade de Dortmund, no estado federado de Renania do Norte-Westfalia, ao oeste de Alemaña. É a sede habitual do club de fútbol Borussia Dortmund. Coas súas torres de suspensión amarelas o estadio é un símbolo da cidade.
Foi reconstruído para ser unha das subsedes da Copa Mundial de Fútbol de 2006 celebrada en Alemaña, converténdose entón no estadio de fútbol máis grande do país. Para este evento, o estadio levou temporalmente o nome de Estadio da Copa Mundial da FIFA de Dortmund, por razóns estipuladas no regulamento da FIFA. A arquitectura externa do Signal Iduna Park está composta de oito alicerces de suxeición amarelos de 62 metros de altura. O resto da estrutura é de aceiro.