Southampton Football Club
Southampton | ||||
---|---|---|---|---|
![]() | ||||
Nome | Southampton Football Club | |||
Alcume(s) | Saints | |||
Fundación | 21 de novembro de 1885 (139 anos) | |||
Estadio | St Mary's Stadium, Southampton, Inglaterra | |||
Inauguración | 1904 | |||
Capacidade | 32.505 | |||
Presidente | ![]() | |||
Adestrador | ![]() | |||
Liga | Premier League | |||
2019–20 | 11.º | |||
Vestimenta | Under Armour | |||
Patrocinador | LD Sports | |||
Na rede | ||||
http://www.saintsfc.co.uk/ | ||||
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() | ||||
| ||||
O Southampton Football Club é un equipo de fútbol profesional da cidade de Southampton, Inglaterra. Xogan actualmente na Premier League inglesa, tras o seu ascenso na tempada 2011-12 coma subcampións do Football League Championship.
Xogan os seus partidos coma locais no St Mary's Stadium, estadio ó que se trasladaron no ano 2001, tras xogar no The Dell. O equipo ten o alcume de "The Saints" (en galego, "os santos") dende a súa fundación en 1885, debido á súa historia coma equipo de fútbol dunha igrexa, fundado co nome de St Mary's Church of England Young Men's Association (ou St Mary's Y.M.A), e dende entón xogan de vermello e branco. O club mantén unha longa rivalidade co Portsmouth F.C. debido á súa proximidade xeográfica e á historia marítima de ambos os dous clubs. Os partidos entre os dous equipos son coñecidos coma South Coast Derby.
O club gañou unha FA Cup en 1976, e a mellor posición en liga da súa historia é un segundo posto na First Division na tempada 1983-84.[1] O Southampton descendeu da Premier League o 15 de maio de 2005, rematando así cunha xeira de 27 tempadas consecutivas na máxima categoría do fútbol inglés.
Tras tres tempadas xogando no Championship, os Saints descenderon á League One no ano 2009. Tras dous anos xogando na terceira división inglesa, o club ascendeu dous anos consecutivos baixo o mando de Nigel Adkins. Adkins levou ó Southampton ó 15º posto da Premier League, pero en xaneiro de 2013 foi substituído polo antigo adestrador do RCD Espanyol, o arxentino Mauricio Pochettino.
Xogadores
Cadro actual
Cadro actualizado a 17 de xaneiro de 2013.[2]
|
Cedidos
|
Palmarés
Nacional
Ligas
- Football League One e predecesoras: 1
- 1959–60
- Football League Third Division South: 1
- 1921–22
- Southern League: 6
- 1896–97, 1897–98, 1898–99, 1900–01, 1902–03, 1903–04
Copas
- FA Cup: 1
- 1975–76
- Football League Trophy: 1
- 2009–10
Notas
- ↑ Greg Struthers (19 de febreiro de 2006). "Caught in Time: Southampton finish runners-up in the First Division, 1984". The Times (UK). Arquivado dende o orixinal o 05 de agosto de 2011. Consultado o 4 de xaneiro de 2009.
- ↑ "Team Profiles". Southampton FC. Arquivado dende o orixinal o 06 de setembro de 2012. Consultado o 10 de outubro de 2012.