Vietnam Airlines
Vietnam Airlines | ||
---|---|---|
IATA VN | OACI HVN | Indicativo VIET NAM AIRLINES |
Fundación | 15 de xaneiro de 1956 (como Vietnam Civil Aviation) | |
Plan de voo frecuente | LotusMiles | |
Alianza | SkyTeam | |
Frota | 87 | |
Destinos | 64 | |
Páxina web: https://www.vietnamairlines.com |
Vietnam Airlines (vietnamita: Hãng Hàng không Quốc gia Việt Nam) é a aeroliña nacional de Vietnam.[1] Fundada en 1956 co nome Vietnam Civil Aviation, a compañía estableceuse como unha empresa estatal en abril de 1989. Vietnam Airlines ten a súa sede no distrito Long Biên de Hanoi, e ten centros de conexións no aeroporto de Nội Bài e no aeroporto de Tân Sơn Nhất. A aeroliña voa a 64 destinos en 17 países, sen contar os códigos compartidos.
Dende o seu nacemento ata principios dos 90, Vietnam Airlines era unha aeroliña menor dentro da industria aeronáutica xa que foi obstaculizada por unha variedade de factores, incluíndo a situación socioeconómica e política do país. Coa normalización das relacións do goberno cos Estados Unidos, a aeroliña foi capaz de medrar, mellorou os seus produtos e servizos e modernizou a súa anticuada frota. En 1996 o goberno vietnamita mercou 20 compañías de servizos para formar Vietnam Airlines Corporation, sendo a aeroliña a súa peza central. En 2010 a corporación reestruturouse nunha sociedade de responsabilidade limitada e pasou a chamarse Vietnam Airlines Company Limited. Un consello de administración de sete persoas, nomeadas polo primeiro ministro vietnamita, supervisa a compañía.
Como o transporte de pasaxeiros constitúe a súa actividade principal, Vietnam Airlines xoga un rol crucial no desenvolvemento económico do país. Posúe o 100% de Vietnam Air Service Company, unha aeroliña rexional do sur do país, o 70% da low-cost Jetstar Pacific Airlines, e o 49% da aeroliña nacional camboxana Cambodia Angkor Air. Ademais, a corporación ten ingresos procedentes do catering e do mantemento e revisións de avións a través de varias subsidiarias, como Vietnam Airlines Engineering Company e Vietnam Airlines Caterers. A compañía tamén diversificou os seus investimentos na industrias do alugueiro de aeronaves e servizos aeroportuarios, e está buscando fabricar compoñentes de aeronaves. A compañía tamén controla e opera unha división de carga, Vietnam Airlines Cargo.
Vietnam Airlines converteuse en membro de SkyTeam en xuño de 2010, sendo a primeira aeroliña do Sueste Asiático en unirse a esa alianza.
Frota
En novembro de 2018 a frota de Vietnam Airlines estaba formada polos seguintes avións:[2][3]
Frota de Vietnam Airlines
Avión | En servizo | Pedidos | Pasaxeiros | Notas | |||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
C | Y+ | Y | Total | ||||||
Airbus A321-200 | 57[4] | — | 16 | — | 162 | 178 | Un pintado coa librea de SkyTeam.[5] | ||
16 | — | 168 | 184 | ||||||
8 | — | 195 | 203 | ||||||
Airbus A321neo | 1[6] | 17 | 8 | — | 195 | 203[7] | Serán entregados entre 2018 e 2019.[8][9] | ||
Airbus A330-200 | 3 | — | 24 | — | 242 | 266 | Un pintado coa librea de SkyTeam.[5] Van ser retirados en 2018.[10] | ||
18 | — | 251 | 269 | ||||||
24 | — | 256 | 280 | ||||||
Airbus A350-900 | 12 | 2 | 29 | 45 | 231 | 305[11] | |||
ATR 72-500 | 3 | — | Descoñecido | ||||||
Boeing 787-9 | 11 | — | 28 | 35 | 211 | 274[11] | |||
28 | — | 283 | 311 | ||||||
Boeing 787-10 | — | 8 | Entregas a partir de 2019.[8] | ||||||
Total | 87 | 27 |
Notas
- ↑ "Aircraft News-May 8, 2017 | Airframes content from ATWOnline". 2017-05-09. Archived from the original on 09 de maio de 2017. Consultado o 2018-12-01.
- ↑ "Vietnam Airlines fleet: A321neo delays impact growth". CAPA Aviation. CAPA Aviation. Arquivado dende o orixinal o 27 de xuño de 2018. Consultado o 2018-12-02.
- ↑ "Our Fleet". Vietnam Airlines. Consultado o 2018-12-02.
- ↑ "Airbus Orders and deiveries – March 2018". Airbus. Arquivado dende o orixinal o 09 de abril de 2018. Consultado o 2018-12-02.
- ↑ 5,0 5,1 "SkyTeam livery fact sheet" (PDF). SkyTeam. Archived from the original on 27 de decembro de 2014. Consultado o 2018-12-02.
- ↑ "Vietnam Airlines adds first A321neo". Ch-aviation. Consultado o 2018-12-02.
- ↑ "Máy bay A321neo đầu tiên gia nhập đội bay Vietnam Airlines". Zing News. Arquivado dende o orixinal o 24 de novembro de 2018. Consultado o 2018-12-02.
- ↑ 8,0 8,1 "Air Lease Corporation Announces Placements of 12 New Airbus A321neo Aircraft with Vietnam Airlines" (Nota de prensa). Air Lease Corporation. 18 de outubro de 2016. Consultado o 2018-12-02.
- ↑ "Vietnam Airlines leases six A321neo aircraft". VietnamNet Bridge. 15 de febreiro de 2017. Arquivado dende o orixinal o 05 de novembro de 2018. Consultado o 2018-12-02.
- ↑ "Vietnam Airlines begins new chapter with A350s, 787s. Are 777-8Xs and a strategic investor next? | CAPA - Centre for Aviation". 2015-09-14. Archived from the original on 14 de setembro de 2015. Consultado o 2018-12-02.
- ↑ 11,0 11,1 "Vietnam Airlines to receive first 787-9 in May; A350-900 in June | Airframes content from ATWOnline". 2015-02-18. Archived from the original on 18 de febreiro de 2015. Consultado o 2018-12-02.