Acanthus

Acanthus é un xénero de plantas fanerógamas da orde das lamiales, que é o tipo da familia das acantáceas.

As súas especies son nativas das rexións tropicais e temperadas do Vello Mundo, coa maior diversidade na rexión mediterránea e Asia.

O seu nome vulgar é acanto.[1] A súa especie tipo é Acanthus mollis, que en Galicia, ademais de como acanto coñécese tamén como herba cepeira e herba da bruxa.[1]

Comprende cerca de 90 especies descritas e, destas, só unhas trinta son aceptadas hoxe.[2]

Características

As especies de Acanthus son plantas herbáceas perennes de 30 a 70 cm de altura, máis ou menos pilosas ou glabras. As follas, basais, miden de 20 a 100 cm de longo e de 5 a 20 cm (algunhas até 30) cm de largo, e son de forma elíptica ou ovada, pinnatífidas, inciso-dentadas, glabras pola face, e pilosas nos nervios dol revés, con pecíolos de 20-60 por 2 cm; as superiores teñen 1,5-4 por 1-2,5 cm, son ovado-lanceoladas, espiñentas no ápice, e sésiles. A inflorescencia, densa, chega até os 2 m de lonxitude. As brácteas miden 2,5-4 por 2 cm, son ovado-oblongas, dentadas, máis ou menos espiñentas, purpúreas no ápice e abrancazadas na base, con 7 nervios, pubescentes; as bractéolas son sublineares, subespiñentas e pubescentes. El cáliz, pulverulento, está formado por sépalos externos de 4-5,5 cm, ovado-rómbicos, ciliados, e os internos de 0,6-0,7 cm. A corola é abrancazada, con nerviación purpúrea; o labio inferior mide de 3,5–5 cm, é trilobulado e pubescente. Os estames, de 3-3,5 cm, son arqueadoscon filamentos glabros e anteras de 10-12 por 2–3 mm, pilosas na cara interior. O ovario, de 4-5 por 2–3 mm, é ovoide, piloso no ápice con estilo de 3–4 cm, máis longo que os estames, e coas ramas estigmatíferas de 1-1,5 mm. O froito é unha cápsula de 2-3,5 cm, ovoide, con sementes de 10–12 mm, lisas. O número de cromosomas é de 2n = 56.[3]

Taxonomía

Descrición

O xénero foi descrito por Linneo e publicado en Species Plantarum 2: 639. 1753.[4]

Etimoloxía

O nome científico Acanthus procede do latín acanthus, que deriva do grego antigo άκανθα, -ης ákantha, -ēs "planta espñenta", probabelmente por composición entre acer, acris de aceo, acies, "punzante" e anthos, "flor", do grego άκρτς e άνθός. Virxilio emprega este vocábulo nas xeórgicas (4, 123) e Plinio o Vello describe dúas especies na súa Naturalis historia (22, XXXIV, 76): as actuais Acanthus spinosus L. e Acanthus mollis L.; esta última denominábse tamén paederos e melamphyllos, e a súa raíz usábase para as queimaduras e as luxacións ("quod aliqui paederota vocant, alii melamphyllum, huius radices ustis luxatisque mire prosunt").[5][6][7]

Especies aceptadas

  • Acanthus arboreus Forssk. - África central e occidental
  • Acanthus austromontanus Vollesen
  • Acanthus carduaceus Griff. - Himalaia
  • Acanthus caudatus Lindau - Angola
  • Acanthus dioscoridis L. - Turquía
  • Acanthus ebracteatus Vahl] - Sueste Asiático
  • Acanthus eminens C.B.Clarke - África tropical
  • Acanthus flexicaulis Bremek - Sumatra
  • Acanthus gaed Lindau - África tropical
  • Acanthus greuterianus Snogerup, B.Snogerup & Strid
  • Acanthus guineensis Heine & P.Taylor - África tropical
  • Acanthus hirsutus Boiss. - Turquía
  • Acanthus hungaricus (Borbás) Baen. - Balcáns
  • Acanthus ilicifolius L. - Asia
  • Acanthus kulalensis Vollesen
  • Acanthus latisepalus C.B.Clarke
  • Acanthus leucostachyus Wall. ex Nees - Asia
  • Acanthus longibracteatus Kurz
  • Acanthus mayaccanus Büttner - Conca do Congo
  • Acanthus mollis L. - Mediterráneo
  • Acanthus montanus (Nees) T.Anderson - África occidental
  • Acanthus polystachyus Delile - África tropical
  • Acanthus seretii De Wild. - Congo
  • Acanthus spinosus L. - Mediterráneo
  • Acanthus ueleensis De Wild. - África tropical
  • Acanthus villaeanus De Wild. - África tropical
  • Acanthus volubilis Wall. - Asia
  • Acanthus xiamenensis R.T.Zhang - China.[2][8]

Cultivo e usos

Varias especies, especialmente A. spinosus e A. mollis, cultívanse como plantas ornamentais.

As follas de Acanthus mollis inspiraron na Grecia antiga a decoración da capitel corintio.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

  • Bailey, L. H. & E. Z. Bailey (1976): Hortus Third i–xiv, 1–1290. Nova York: MacMillan.
  • Flora of China Editorial Committee (2011): Fl. China 19: 1–884. Science Press & Missouri Botanical Garden Press, Beijing & St. Louis.
  • Idárraga-Piedrahíta, A.; R. D. C. Ortiz; R. Callejas Posada & M. Merello (2011): Flora de Antioquia. Catálogo de las Plantas Vasculares, vol. 2. Listado de las Plantas Vasculares del Departamento de Antioquia. pp. 1–939.
  • Nelson, C. H. (2008): Cat. Pl. Vasc. Honduras, 1–1576.

Outros artigos

Ligazóns externas