Benetton Rugby Treviso
![]() | |||
Nome | Benetton Rugby | ||
---|---|---|---|
Unión | Federazione Italiana Rugby | ||
Fundación | 1932; hai 93 anos | ||
Sede | ![]() | ||
Estadio(s) | Stadio Comunale di Monigo | ||
Capacidade | 6.700 espectadores | ||
Presidente | Amerino Zatta | ||
Adestrador | Kieran Crowley | ||
Capitán | Dean Budd | ||
Liga(s) | Pro14 | ||
2018−19 | 3º (conferencia B) | ||
| |||
Na rede | |||
http://www.benettonrugby.it | |||
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() |
O Benetton Rugby é un equipo de rugby italiano con sede na cidade de Treviso (Véneto). O nome do club é, desde 1979, debido ao seu partrocinador, a compañía de moda Benetton. O equipo participa actualmente no Pro14, unha competición profesional que agrupa equipos de Gales, Escocia, Irlanda, Italia e Suráfrica. Até o ano 2010 o equipo competiu no Super 10, a máxima categoría do rugby transalpino. Nesta última competición, o Benetton conseguiu desde a súa fundación en 1932 quince títulos nacionais.
O equipo de Treviso ten achegado unha gran cantidade de xogadores á selección italiana, como por exemplo Alessandro Zanni e Leonardo Ghiraldini. Por outra banda, o erquipo ten utilizado moitos xogadores estranxeiros, incluído os campións do mundo Craig Green, John Kirwan e Michael Lynagh. O club xoga os seus partidos como local no Stadio Comunale di Monigo, un recinto inaugurado en 1973 con capacidade para 6.700 espectadores.
Historia
O Treviso Rugby foi fundado en 1932. Gañou o seu primeiro título en 1956, cando gañou a liga italiana, este foi o primeiro dos moitos éxitos do club. Durante a década dos '70, o club gañou a súa primeira Copa en 1970, e outra liga en 1978. O ano anterior Benetton convertérase no principal espónsor, chamándose o club dende aquela Benetton Rugby Treviso. Gañou a competición doméstica dúas veces nos anos '80, unha no 83 e outra no 89, e dous anos despois se proclamaría novamente campión (1992).
En 1995 o rugby converteuse nun deporte profesional. O Benetton Treviso competiu na Heineken Cup 1995/96, a tempada inaugural das competicións europeas de rugby. O Benetton Treviso xogou dous partidos na competición, gañando un e perdendo o outro. A seguinte campaña xogaron catro partidos na Copa de Europa de rugby, gañando unicamente un partido. Volveron gañar a Liga Italiana en 1997. Na tempada 1998/99 da Heineken Cup o equipo conseguiu gañar tres partidos, todo un éxito para eles.
O Benetton Treviso dominou as ligas italianas en títulos. Gañaron a Copa de Italia en 1998, ao igual que a liga, que tamén gañaron en 1999, 2001, 2003, 2004, 2006, 2007 e 2009. O Benetton Treviso competiu na European Challenge Cup nas tempadas 2000-01 e 2002-03. Gañou a metade dos seus partidos na Copa de Europa de rugby 2004-2005, mais na Copa de Europa de rugby 2007-2008 unicamente puideron gañar un partido fronte aos Newport Gwent Dragons. Conseguiu a súa vitoria europea máis importante na tempada 2009–10 da Heineken Cup, ao derrotar ao campión do Top 14 francés, o Perpignan por 9–8 en Treviso.
Elenco
Os seguintes son os xogadores dos Treviso para o Pro14 de 2019−20.[1]
Premios e distincións
- Liga Italiana de Rugby:
- Copa de Italia:
Estatísticas
Pro12
Ano | Pos. | Xogos | Vitorias | Empates | Derrotas | Bonus | Puntos |
---|---|---|---|---|---|---|---|
2010–11 | 10º | 22 | 9 | 0 | 13 | 2 | 38 |
2011–12 | 10º | 22 | 7 | 0 | 15 | 8 | 36 |
2012–13 | 7º | 22 | 10 | 2 | 10 | 6 | 50 |
2013–14 | 11º | 22 | 5 | 1 | 16 | 8 | 30 |
2014–15 | 11º | 22 | 3 | 1 | 18 | 5 | 19 |
2015–16 | 12º | 22 | 3 | 0 | 19 | 8 | 20 |
2016–17 | 10º | 22 | 5 | 0 | 17 | 3 | 23 |
Pro14
Ano | Conferencia | Pos. | Xogos | Vitorias | Empates | Derrotas | Bonus | Puntos |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|
2017–18 | Conferencia B | 5th | 21 | 11 | 0 | 10 | 11 | 55 |
2018–19 | Conferencia B | 3º | 21 | 11 | 2 | 8 | 9 | 57 |
Cuartos de final | Munster 15–13 Benetton Rugby | |||||||
2019–20 | Conferencia B | 1º | 0 | 0 | 0 | 0 | 0 | 0 |
Challenge Cup
Ano | Conferencia | Pos. | Xogos | Vitorias | Empates | Derrotas | Bonus | Puntos | |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
2000–01 | Grupo 1 | 2º | 6 | 5 | 0 | 1 | 0 | 10 | |
2002–03 | 2º rolda | Newcastle Falcons 43 – 32 Treviso (marcador acumulado) | |||||||
2016–17 | Grupo 1 | 3º | 6 | 2 | 0 | 4 | 0 | 8 | |
2018–19 | Grupo 5 | 2º | 6 | 4 | 0 | 2 | 4 | 20 |
Champions Cup
Ano | Conferencia | Pos. | Xogos | Vitorias | Empates | Derrotas | Bonus | Puntos |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|
1995–96 | Grupo 1 | 2º | 2 | 1 | 0 | 1 | 0 | 2 |
1996–97 | Grupo 1 | 4º | 4 | 1 | 0 | 3 | 0 | 2 |
1997–98 | Grupo 5 | 3º | 6 | 2 | 0 | 4 | 0 | 4 |
1998–99 | Grupo 4 | 3º | 6 | 3 | 0 | 3 | 0 | 6 |
1999–00 | Grupo 5 | 3º | 6 | 2 | 0 | 4 | 0 | 4 |
2001–02 | Grupo 2 | 4º | 6 | 1 | 0 | 5 | 0 | 2 |
2003–04 | Grupo 5 | 3º | 6 | 1 | 0 | 5 | 1 | 5 |
2004–05 | Grupo 2 | 3º | 6 | 3 | 0 | 3 | 2 | 14 |
2005–06 | Grupo 4 | 4º | 6 | 0 | 0 | 6 | 3 | 3 |
2006–07 | Grupo 1 | 4º | 6 | 0 | 0 | 6 | 0 | 0 |
2007–08 | Grupo 1 | 4º | 6 | 1 | 0 | 5 | 1 | 5 |
2008–09 | Grupo 3 | 4º | 6 | 0 | 0 | 6 | 0 | 0 |
2009–10 | Grupo 1 | 4º | 6 | 1 | 0 | 5 | 1 | 5 |
2010–11 | Grupo 5 | 4º | 6 | 0 | 0 | 6 | 1 | 1 |
2011–12 | Grupo 5 | 4º | 6 | 1 | 1 | 4 | 1 | 7 |
2012–13 | Grupo 2 | 4º | 6 | 1 | 0 | 5 | 1 | 5 |
2013–14 | Grupo 5 | 4º | 6 | 0 | 0 | 6 | 0 | 0 |
2014–15 | Grupo 5 | 4º | 6 | 1 | 0 | 5 | 0 | 4 |
2015–16 | Grupo 4 | 4º | 6 | 0 | 0 | 6 | 0 | 0 |
2017–18 | Grupo 5 | 4º | 6 | 0 | 0 | 6 | 4 | 4 |
2019–20 | Grupo 1 | 4º | 0 | 0 | 0 | 0 | 0 | 0 |
Notas
- ↑ "Giocatori". Benetton Rugby. Consultado o 14 de novembro de 2019.