Campionato Mundial de Fórmula 1 de 1995
Tipo | Fórmula 1 |
---|---|
Deporte | automobilismo |
Organizador | Federación Internacional do Automóbil |
Número de participantes | 35 |
Localización e Datas | |
Intervalo de tempo | 26 de marzo de 1995 – 12 de novembro de 1995 |
Número de edición | 46 (1995) |
Competición | |
Campionato do Mundo de pilotos de Fórmula 1 | Michael Schumacher |
Campionato do Mundo de Construtores | Benetton Formula |
Datos estatísticos | |
Carreires | 17 |
O Campionato Mundial de Fórmula 1 de 1995 foi a 46ª tempada de Fórmula 1 organizada pola Fédération Internationale de l'Automobile (FIA), e a 38ª Copa Internacional de Construtores de F1. O campionato contou con dezasete Grandes Premios que se iniciaron o 26 de marzo e finalizaron o 12 de novembro.
Resumo
Por segundo ano consecutivo, o campionato de pilotos foi gañado por Michael Schumacher, o piloto de Benetton derrotou a Damon Hill de Williams por 33 puntos. Benetton - Renault gañou o Campionato de Construtores, derrotando a WilliamsF1- Renault por 29 puntos.
A tempada de F1 1995 ofreceu varios accidentes espectaculares, entre eles sete Grandes Premios afectados pola choiva e 4 Grandes Premios con bandeira vermella na primeira volta da carreira.
A Fórmula Un cambiou os regulamentos antes do inicio da tempada de 1995. O cambio máis significativo foi o da cilindrada. Esta reduciuse de 3´5 litros a 3´0 litros, co fin de reducir a velocidade. Todos os coches equiparonse con cabina de protección lateral, e a apertura da cabina fíxose máis grande que os coches de 1994. Os aleróns dianteiros e traseiros foron modificados para reducir a carga aerodinámica, o que reduce velocidade nas curvas. Estes cambios foron feitos como reacción á morte de Roland Ratzenberger e Ayrton Senna no Gran Premio de San Marino de 1994, que morreron por feridas na cabeza e o pescozo. Algúns dos circuítos de F1 cambiáronse, con grandes escapatorias como en Monza e Imola.
A tempada destacou pola rivalidade entre Schumacher e Hill, con Schumacher gañando nove carreiras e Hill catro carreiras. Os pilotos de Benetton e Williams dominaron a tempada, logrando a vitoria en todas as carreiras agás unha gañada por Jean Alesi nun Ferrari. Durante a tempada, Ferrari demostrou ser moi competitivo na maioría das carreiras, pero a mala sorte e algúns problemas de confiabilidade evitaron que ambos pilotos gañasen máis dunha carreira. Ferrari tamén impresionou ao asinar ao dobre campión Schumacher para a tempada de 1996.[1] Jean Alesi, Johnny Herbert (Benetton Renault) e David Coulthard (Williams Renault) gañaron as súas primeiras carreiras na F1.
Pilotos e construtores
Foto | Equipo | Construtor | Chasis | Motor | Pneu. | Nº | Piloto | Carreiras | Piloto de probas |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Mild Seven Benetton Renault | Benetton |
B195 | Renault RS7 3.0 V10 | G | 1 | Michael Schumacher | Todas | Emmanuel Collard | |
2 | Johnny Herbert | Todas | |||||||
Nokia Tyrrell Yamaha | Tyrrell |
023 | Yamaha OX10C 3.0 V10 | G | 3 | Ukyo Katayama | 1-13, 15-17 | Gabriele Tarquini | |
Gabriele Tarquini | 14 | ||||||||
4 | Mika Salo | Todas | |||||||
Rothmans Williams Renault | Williams |
FW17 FW17B |
Renault RS7 3.0 V10 | G | 5 | Damon Hill | Todas | Jean-Christophe Boullion Alain Menu | |
6 | David Coulthard | Todas | |||||||
Marlboro McLaren Mercedes | McLaren |
MP4/10 MP4/10B MP4/10C |
Mercedes FO 110 3.0 V10 | G | 7 | Mark Blundell | 1-2, 5-17 | Jan Magnussen Mark Blundell | |
Nigel Mansell | 3-4 | ||||||||
8 | Mika Häkkinen | 1-14, 16-17 | |||||||
Jan Magnussen | 15 | ||||||||
Footwork Hart | Footwork |
FA16 | Hart 830 3.0 V8 | G | 9 | Gianni Morbidelli | 1-7, 15-17 | n/a | |
Max Papis | 8-14 | ||||||||
10 | Taki Inoue | Todas | |||||||
MTV Simtek Ford[2] | Simtek |
S951 | Ford EDB 3.0 V8 | G | 11 | Domenico Schiattarella | 1-5 | Hideki Noda | |
12 | Jos Verstappen | 1-5 | |||||||
Total Jordan Peugeot B&H Total Jordan Peugeot |
Jordan |
195 | Peugeot A10 3.0 V10 | G | 14 | Rubens Barrichello | Todas | n/a | |
15 | Eddie Irvine | Todas | |||||||
Pacific Grand Prix Ltd | Pacific |
PR02 | Ford EDC 3.0 V8 | G | 16 | Bertrand Gachot | 1-8, 15-17 | Oliver Gavin | |
Giovanni Lavaggi | 9-12 | ||||||||
Jean-Denis Délétraz | 13-14 | ||||||||
17 | Andrea Montermini | Todas | |||||||
Larrousse Ford[3] | Larrousse |
LH95 | Ford | G | 19 | Christophe Bouchut | Ningunha | Éric Bernard Emmanuel Collard Eric Hélary Elton Julian | |
20 | Érik Comas | Ningunha | |||||||
Parmalat Forti Ford | Forti |
FG01 | Ford EDD 3.0 V8 | G | 21 | Pedro Diniz | Todas | n/a | |
22 | Roberto Moreno | Todas | |||||||
Minardi Scuderia Italia | Minardi |
M195 | Ford EDM 3.0 V8 | G | 23 | Pierluigi Martini | 1-9 | Giancarlo Fisichella | |
Pedro Lamy | 10-17 | ||||||||
24 | Luca Badoer | Todas | |||||||
Ligier Gitanes Blondes | Ligier |
JS41 | Mugen-Honda MF-301 3.0 V10 | G | 25 | Aguri Suzuki | 1-3, 9, 15-16 | Franck Lagorce | |
Martin Brundle | 4-8, 10-14, 17 | ||||||||
26 | Olivier Panis | Todas | |||||||
Scuderia Ferrari SpA | Ferrari |
412T2 | Ferrari 044/1 3.0 V12 | G | 27 | Jean Alesi | Todas | Nicola Larini | |
28 | Gerhard Berger | Todas | |||||||
Red Bull Sauber Ford | Sauber |
C14 | Ford ECA Zetec-R 3.0 V8 | G | 29 | Karl Wendlinger | 1-4, 16-17 | Norberto Fontana | |
Jean-Christophe Boullion | 5-15 | ||||||||
30 | Heinz-Harald Frentzen | Todas |
Cambios nos equipos
- Ao final da tempada de 1994, Team Lotus deixou a F1 logo de 36 anos no campionato, gañara 6 campionatos de pilotos e 7 de construtores. Os activos do equipo foron comprados por David Hunt, irmán do campión de Fórmula 1 de 1976 James Hunt, quen anunciou que o nome de Lotus sería utilizado por Pacific Grand Prix baixo o nome Pacific Team Lotus.
- Despois do aumento das débedas logo da tempada de 1994 Larrousse deixou a Fórmula Un. Orixinalmente inscribíronse para a tempada de 1995 baixo o nome de Larrousse Junior Team cos pilotos Christophe Bouchut e Érik Comas, pero non apareceron en ningunha das carreiras. As conversacións posteriores sobre a fusión co equipo de Fórmula 3000 DAMS viñéronse abaixo.
- O equipo de Fórmula 3000 Forti entrou na Fórmula Un para a tempada de 1995.
Calendario de 1995 Resultados
O Gran Premio do Pacífico, orixinalmente prevista para o 16 de abril, foi trasladado ao 22 de outubro debido aos efectos da gran terremoto de Hanshin.
Grandes Premios
Pilotos
|
Negra – Pole |
Construtores
Pos | Construtor | Coche nº |
BRA |
ARX |
SMR |
ESP |
MON |
CAN |
FRA |
RU |
ALE |
HUN |
BEL |
ITA |
POR |
EUR |
PAC |
XPN |
AUS |
Puntos |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
1 | Benetton-Renault | 1 | 1 | 3 | Ret | 1 | 1 | 5 | 1 | Ret | 1 | 11 | 1 | Ret | 2 | 1 | 1 | 1 | Ret | 137 |
2 | Ret | 4 | 7 | 2 | 4 | Ret | Ret | 1 | 4 | 4 | 7 | 1 | 7 | 5 | 6 | 3 | Ret | |||
2 | Williams-Renault | 5 | Ret | 1 | 1 | 4 | 2 | Ret | 2 | Ret | Ret | 1 | 2 | Ret | 3 | Ret | 3 | Ret | 1 | 112 |
6 | 2 | Ret | 4 | Ret | Ret | Ret | 3 | 3 | 2 | 2 | Ret | Ret | 1 | 3 | 2 | Ret | Ret | |||
3 | Ferrari | 27 | 5 | 2 | 2 | Ret | Ret | 1 | 5 | 2 | Ret | Ret | Ret | Ret | 5 | 2 | 5 | Ret | Ret | 73 |
28 | 3 | 6 | 3 | 3 | 3 | 11 | 12 | Ret | 3 | 3 | Ret | Ret | 4 | Ret | 4 | Ret | Ret | |||
4 | McLaren-Mercedes | 7 | 4 | Ret | 5 | Ret | Ret | Ret | 7 | Ret | Ret | Ret | Ret | 2 | Ret | 8 | 10 | 2 | NTS | 30 |
8 | 6 | Ret | 10 | Ret | 5 | Ret | 11 | 5 | Ret | Ret | 5 | 4 | 9 | Ret | 9 | 7 | 4 | |||
5 | Ligier-Mugen-Honda | 25 | 8 | Ret | 11 | 9 | Ret | 10 | 4 | Ret | 6 | Ret | 3 | Ret | 8 | 7 | Ret | NTS | Ret | 24 |
26 | Ret | 7 | 9 | 6 | Ret | 4 | 8 | 4 | Ret | 6 | 9 | Ret | Ret | Ret | 8 | 5 | 2 | |||
6 | Jordan-Peugeot | 14 | Ret | Ret | Ret | 7 | Ret | 2 | 6 | 11 | Ret | 7 | 6 | Ret | 11 | 4 | Ret | Ret | Ret | 21 |
15 | Ret | Ret | 8 | 5 | Ret | 3 | 9 | Ret | 9 | 13 | Ret | Ret | 10 | 6 | 11 | 4 | Ret | |||
7 | Sauber-Ford | 29 | Ret | Ret | Ret | 13 | 8 | Ret | Ret | 9 | 5 | 10 | 11 | 6 | 12 | Ret | Ret | 10 | Ret | 18 |
30 | Ret | 5 | 6 | 8 | 6 | Ret | 10 | 6 | Ret | 5 | 4 | 3 | 6 | Ret | 7 | 8 | Ret | |||
8 | Footwork-Hart | 9 | Ret | Ret | 13 | 11 | 9 | 6 | 14 | Ret | Ret | Ret | Ret | 7 | Ret | 12 | Ret | Ret | 3 | 5 |
10 | Ret | Ret | Ret | Ret | Ret | 9 | Ret | Ret | Ret | Ret | 12 | 8 | 15 | Ret | Ret | 12 | Ret | |||
9 | Tyrrell-Yamaha | 3 | Ret | 8 | Ret | Ret | Ret | Ret | Ret | Ret | 7 | Ret | Ret | 10 | Ret | 14 | 14 | Ret | Ret | 5 |
4 | 7 | Ret | Ret | 10 | Ret | 7 | 15 | 8 | Ret | Ret | 8 | 5 | 13 | 10 | 12 | 6 | 5 | |||
10 | Minardi-Ford | 23 | Ret | Ret | 12 | 14 | 7 | Ret | Ret | 7 | Ret | 9 | 10 | Ret | Ret | 9 | 13 | 11 | 6 | 1 |
24 | Ret | NTS | 14 | Ret | Ret | 8 | 13 | 10 | Ret | 8 | Ret | Ret | 14 | 11 | 15 | 9 | NTS | |||
— | Forti-Ford | 21 | 10 | NC | 15 | Ret | 10 | Ret | Ret | Ret | Ret | Ret | 13 | 9 | 16 | 13 | 17 | Ret | 7 | 0 |
22 | Ret | NC | 16 | Ret | Ret | Ret | 16 | Ret | Ret | Ret | 14 | Ret | 17 | Ret | 16 | Ret | Ret | |||
— | Pacific-Ford | 16 | Ret | Ret | Ret | Ret | Ret | Ret | Ret | 12 | Ret | Ret | Ret | Ret | Ret | 15 | Ret | Ret | 8 | 0 |
17 | 9 | Ret | Ret | NTS | DSC | Ret | NC | Ret | 8 | 12 | Ret | Ret | Ret | Ret | Ret | Ret | Ret | |||
— | Simtek-Ford | 11 | Ret | Ret | Ret | 12 | NTS | 0 | ||||||||||||
12 | Ret | 9 | Ret | 15 | NTS | |||||||||||||||
Pos | Construtor | Coche nº |
BRA |
ARX |
SMR |
ESP |
MON |
CAN |
FRA |
RU |
ALE |
HUN |
BEL |
ITA |
POR |
EUR |
PAC |
XPN |
AUS |
Puntos |
Nota: Benetton Renault e Renault Williams non lograron puntos para o Campionato de Construtores polos seus postos no Gran Premio do Brasil, pois considerouse que usaron combustible ilegal.
Notas
- ↑ Collings, Timothy (5 de agosto de 1995). "Schumacher signs for Ferrari". Motorsport.com. Arquivado dende o orixinal o 31 de xaneiro de 2016. Consultado o 17 de agosto de 2015.
- ↑ O equipo Simtek retirouse logo da carreira de Mónaco.
- ↑ A pesar de estar inscrito, o equipo Larrousse non disputou ningunha carreira.
Véxase tamén
Ligazóns externas
- formula1.com – clasificación oficial de pilotos de 1995
- formula1.com – clasificación oficial de construtores de 1995
- 1995 FIA Formula One World Championship – Drivers positions at web.archive.org Consultado o 13 de outubro de 2010
- 1995 FIA Formula One World Championship – Constructors placings at web.archive.org Consultado o 13 de outubro de 2010