Compás de Debuxo (constelación)

Circinus
Circinus
Nome latino Circinus
Abreviatura Cir
Xenitivo Circini
Simboloxía Compás
Ascensión recta 15 h
Declinación −60°
Área 93 graos cadrados

Rango 85°

Número de estrelas

(magnitude < 3)

0
Estrela máis brillante α Cir

(magnitude ap. 3,2)

Choiva de meteoros

Ningunha

Constelacións

lindeiras

Visible en latitudes entre +10° e −90°

Mellor visibilidade ás 21:00 (9 p.m.) durante o mes de xuño

Compás de Debuxo,[1] Circinus ou Compás[2] é unha das constelacións pequenas do sur (declinación −50 a −60 graos).

Historia

Esta constelación foi inventada no século XVIII, e foi inserida por Nicolas Louis de Lacaille, quen tiña unha fascinación pola ciencia secular, de onde sacou numerosos nomes para as constelacións. Dado que é unha creación do século XVIII, non foi visible para as culturas do Mediterráneo, polo que non existe mitoloxía anterior ó século XVIII asociada con esta constelación.

Estrelas principais

  • α Circini, a estrela máis brillante da constelación, unha variable Alfa2 Canum Venaticorum cunha magnitude que varía entre 3,18 e 3,21.
  • γ Circini, estrela dobre, onde as súas compoñentes están separadas 0,9 segundos de arco.
  • δ Circini, estrela de magnitude 5,04, é unha estrela azul do raro tipo espectral O moi afastada de nós, a uns 6500 anos luz.
  • AX Circini, de magnitude 5,87, é unha estrela dobre e variable cefeida.
  • BU Circini, estrela variable Beta Cephei.

Outras estrelas con desginación de Bayer

  • β Cir 4,07; ε Cir 4,85; ζ Cir 6,09; θ Cir 5,08; η Cir 5,16

Obxectos Notables do espazo profundo

Notas

  1. Boullón, Ana; Méndez, Luz; Alfonso, Xurxo Mariño; Vladu, Adina Ioana; Rei, Elisa Fernández; García, Noelia; Magariños, Carmen; Pawley, Martin; Llanes, Noemi Basanta. "Estudos de Onomástica Galega IX. Os outros nomes". Real Academia Galega. Consultado o 2025-01-21. 
  2. Cambados Márquez, Xoaquín Evaristo. "Algunhas notas referentes ó nome galego estándar das constelacións" (PDF). Consultado o 12 de outubro de 2016. 

Véxase tamén

Ligazóns externas