Apus

Apus
Apus
Nome latino Apus
Abreviatura Aps
Xenitivo Apodis
Simboloxía A Ave do paraíso
Ascensión recta 16 h
Declinación −75°
Área 206 graos cadrados

Rango 67º

Número de estrelas

(magnitude < 3)

0
Estrela máis brillante α Aps

(magnitude ap. 3.83)

Choiva de meteoros

Ningunha

Constelacións

lindeiras

Visible en latitudes entre +5° e −90°

Mellor visibilidade ás 21:00 (9 p.m.) durante o mes de xullo

Apus ou Ave do Paraíso[1][2] é unha constelación do sur. Aparece por primeira vez na Uranometría de Johann Bayer do (ano 1603), pero puido ser usada por navegantes con anterioridade.

Estrelas principais

  • α Apodis, a estrela máis brillante da constelación con magnitude 3,83, unha xigante laranxa a 411 anos luz.
  • β Apodis, tamén xigante laranxa de magnitude 4,23, a terceira estrela máis brillante de Apus. Unha posible compañeira de magnitude 12 atópase a 85 segundos de arco.
  • γ Apodis, a segunda estrela máis brillante na constelación con magnitude 3,89, unha xigante amarelo-laranxa a 160 anos luz.
  • δ Apodis, denominación compartida por dúas estrelas distintas: δ1 Apodis, xigante vermella e variable irregular, e δ2 Apodis, xigante laranxa.
  • θ Apodis, xigante vermella e variable semirregular, o seu brillo oscila entre a magnitude 6,4 e 8,6 nun período de 119 días.
  • R Apodis, aínda que leva a denominación de variable R, actualmente pénsase que non é unha estrela variable. A súa magnitude é 5,37.
  • NO Apodis, xigante vermella e variable semirregular, o seu brillo varía entre unha magnitude 5,71 e 5,95.

Obxectos Notables do espazo profundo

  • NGC 6101. AR: 16h 25m 48.0s Dec: -72°12'00" (Época 2000). Cúmulo globular feble, 7º ó norte de γ Apodis.
  • IGC 4499, cúmulo globular a 600.000 anos luz de distancia de moi difícil observación.

Mitoloxía

Apus refírese ó ave do paraíso que se coñeceu coma Ave da India. Outros indican que provén do grego ἄπους apus que significa "sen pés", facendo referencia o mito grego sobre paxaros que parecían non ter patas durante voo.

Representación das constelacións de Apus, Hydrus, Grus, Pavo, Tucana e outras austrais.

Notas

  1. "A Real Academia Galega aproba os nomes normalizados das constelacións". Real Academia Galega. 12 de novembro de 2020. 
  2. Cambados Márquez, Xoaquín Evaristo. "Algunhas notas referentes ó nome galego estándar das constelacións" (PDF). Consultado o 12 de outubro de 2016. 

Véxase tamén

Ligazóns externas