Lacerta

Lacerta
Lacerta
Nome latino Lagarto
Abreviatura Lac
Xenitivo Lacertae
Simboloxía O Lagarto
Ascensión recta 22.5 h
Declinación 45°
Área 201 graos cadrados

Rango 68º

Número de estrelas

(magnitude < 3)

0
Estrela máis brillante α Lacertae

(magnitude ap. 3.8)

Choiva de meteoros

Ningunha

Constelacións

lindeiras

Visible en latitudes entre +90° e −35°

Mellor visibilidade ás 21:00 (9 p.m.) durante o mes de outubro

Lacerta ou Lagarto,[1] é unha das 88 constelacións recoñecidas pola Unión Astronómica Internacional. Está situada a uns 20 graos ó leste de Deneb (α Cygni). O corpo do lagarto vai en dirección norte-sur. Foi recollida no atlas de Johannes Hevelius no 1690.

Estrelas principais

  • α Lacertae, a estrela máis brillante de magnitude +3,8 e cor branca, a 102 anos luz de distancia.
  • β Lacertae, na punta de arriba do lagarto, só a cuarta estrela máis brillante, de magnitude 4,4 e cor amarela-laranxa.
  • 1 Lacertae, no extremo inferior da figura, a segunda estrela máis brillante con magnitude 4,1.
  • 10 Lacertae, de magnitude 4,88, estrela azul 26.800 veces máis luminosa co Sol que se atopa a uns 1000 anos luz.
  • AR Lacertae, é cunha magnitude 6.09, unha das variables RS Canum Venaticorum máis brillantes.
  • DD Lacertae (12 Lacertae), estrela variable Beta Cephei de magnitude 5,25.
  • EV Lacertae, anana vermella estrela fulgurante a 16,5 anos luz do sistema solar.
  • ADS 16402, estrela binaria, cunha compoñente secundaria que ten un planeta extrasolar (HAT-P-1b).
  • Roe 47, unha estrela múltiple que consiste en cinco compoñentes (magnitudes 5.8, 9.8, 10.1, 9.4, 9.8).

Obxectos Notables do espazo profundo

  • Galaxia BL Lacertae, de magnitude 13, prototipo do tipo de galaxias (obxectos BL Lac) que emiten gran cantidade de enerxía.
  • Cúmulo aberto NGC 7209, de magnitude 6,7 a 2900 anos luz de nós, ten uns 300 millóns de anos de idade.
  • Cúmulo aberto NGC 7243, cunha extensión de 20 arcmin e magnitude 6,4 que se atopa a 2900 anos luz.
  • NGC 7265, galaxia elíptica de magnitude 12,2 situada 2º ó sueste de 1 Lacertae; é a máis brillante dun triplete de galaxias.
Johannes Hevelius 1611-1687

Historia

Antes de que Johannes Hevelius adoptara o nome de Lacerta, outros nomes foron propostos para nomear a esta parte do firmamento. Entre eles Sceptrum et Manus Iustitiae (O Cetro e a man da Xustiza) e Frederici Honores, en alusión a Frederico o Grande de Prusia. Sendo coma é unha constelación moderna, non ten mitoloxía asociada.

Notas

  1. Cambados Márquez, Xoaquín Evaristo. "Algunhas notas referentes ó nome galego estándar das constelacións" (PDF). Consultado o 12 de outubro de 2016. 

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas