Condado de Champaña

Modelo:Xeografía políticaCondado de Champaña
Comté de Champagne (fr) Editar o valor en Wikidata

Localización
lang=gl Editar o valor en Wikidata
CapitalTroyes (1125–século XII)
Provins (século XII–1335) Editar o valor en Wikidata
Poboación
Lingua usadalingua francesa Editar o valor en Wikidata
Datos históricos
Creaciónséculo XII Editar o valor en Wikidata
Disolución1314 Editar o valor en Wikidata

Condados de Francia contra 1030.
Condados de Francia contra 1180.

O condado de Champaña era unha xurisdición feudal de Francia, formada pola unión de varios condados da casa de Blois (Meaux, Provins e Troyes) e varios señoríos; durante un tempo dominaron o condado de Reims pero finalmente non o deron conservado. O condado tiña autoridade feudal sobre varios señoríos e condados como Rumigny, Châtillon, Epernay, Vitry, Nogent, Château Renard, Mezieres, Bray, Grandpré, Braine, Joinville, Rethel, Porcien, Joigny, Bar-sur-Aube e Bar-sur-Seine.

Historia

En 1152 á morte de Teobaldo IV o Grande de Blois, os dominios da casa dividíronse en tres grupos:

O fillo máis vello Henrique I, o liberal, recibiu estes territorios baixo o título de Conde de Champaña e Brie (Champaña era o nome da rexión de Troyes e señorías anexas, e Brie o nome da rexión de Meaux e señorías próximos); Teobaldo V, o segundo fillo, recibiu Blois, Chartres, etc. e o pequeno Estevo, o condado de Sancerre. O primeiro que usara o título de Conde de Champaña no canto de Conde de Troyes foi Hugo I sobre 1102.

A liña do condado extinguiuse con Henrique III de Champaña (rei Henrique I de Navarra) ao que herdou a súa filla Xoana de Champaña ou Navarra, que trouxo aos condados do seu marido, o rei Filipe IV de Francia. Champaña e Brie xa non saíron do dominio real.

Lista dos Condes de Champaña

Véxase o condado de Troyes (Champaña) e o condado de Meaux (Brie).

Condes de Troyes e Meaux (con Provins)

Casa de Vermandois

Casa de Blois

  • 1022 - 1037: Eudes II de Blois (9831037), conde de Blois, de Reims, de Meaux e de Troyes, primo Casou en primeiras nupcias en 1003 con Matilde de Normandía († 1006). Casado en segundas nupcias con Ermengarda de Auvernia.
  • 1037 - 1047: Estevo II († 1047), conde de Meaux e Troyes, fillo (con Ermengarda de Auvernia).
  • 1047 - 1066: Eudes IV (II) († 1115), conde de Meaux e Troyes, fillo. En 1066 marchou a Inglaterra con Guillerme o conquistador que o nomeou Conde de Aumâle e quedou en Inglaterra. O seu tío adquiriu entón os seus dominios de Champaña.
  • 1066 - 1089: Teobaldo III de Blois (10191089), conde de Blois, de Meaux e de Troyes, fillo de Eudes II de Blois e Ermengarda de Auvernia. Casado en primeiras nupcias con Garsenda, filla do conde Herberto I de Maine. Casado en segundas nupcias con Adelaida de Valois, filla de Raúl III de Vexin.

Á morte de Teobaldo III, os dous condados da campaña foron separados:

Condes de Meaux
Condes de Troyes
  • 1089 - 1093: Eudes III de Troyes († 1093), conde de Troyes, fillo de Teobaldo III de Blois e Adelaida de Valois.
  • 1093 - 1125: Hugo I de Champaña († 1126), conde de Troyes, adoptou o título de Conde de Champaña en 1102, irmán do precedente.

Condes de Champaña e Brie

  • 1102 - 1125: Hugo I de Champaña († 1126), fillo de Teobaldo III de Blois e Adelaida de Valois. Primeiro en titularse como conde de Champaña no canto do Conde de Troyes. Casado en primeiras nupcias (1093 e separado en 1104) con Constanza († 1125), filla do rei Filipe I de Francia. Casado en segundas nupcias (1110) con Isabel de Borgoña, filla do conde Estevo I de Borgoña.
  • 1201 - 1253: Teobaldo IV de Champaña coñecido como o Cancioneiro ou o Póstumo (12011253), conde de Champaña e Brie, fillo. Foi rei de Navarra como Teobaldo I dende 1234 ata 1253. Casado en primeiras nupcias en 1220 con Xertruda de Dagsbourg († sobre 1225), en segundas nupcias en 1222 con Inés de Beaujeu († 1231) e en terceiras nupcias en 1232 con Margarida de Borbón-Dampierre († 1256).
  • 1253 - 1270: Teobaldo V de Champaña (12381270), conde de Champaña e Brie, rei de Navarra (co nome de Teobaldo II), fillo (con Margarida de Borbón-Dampierre). Casado en 1255 con Isabel de Francia (12421271).

Véxase tamén

Bibliografía

  • Auguste Longnon, Documents relatifs au comté de Champagne et de Brie, 1172-1361, Imprimerie Nationale, París 1901 : Presentación, Volume primeiro, Volume segundo e Volume terceiro.
  • Michel Bur, La formation du comté de Champagne (v. 950-v. 1150), Nancy, 1977.
  • Arnaud Baudin, Emblématique et pouvoir en Champagne. Les sceaux des comtes de Champagne et de leur entourage (fin XIe-début XIVe siècle), Éd. Dominique Guéniot, Langres, 2012.
  • Alphonse Roserot, Dictionnaire historique de la Champagne méridionale (Aube) des origines à 1790, Langres, 1943.

Ligazóns externas