Docklands Light Railway

Docklands Light Rail

Tren do DLR na estación de Shadwell.
Información
CidadeLondres, Reino Unido
TipoMetro lixeiro
Liñas7
Estacións45
Pasaxeiros (día)~ 340.000 (2017)
Operacións
Inauguración31 de agosto de 1987

O Docklands Light Railway (Ferrocarril Lixeiro dos Docklands), máis coñecido polas siglas DLR, é unha rede de metro lixeiro automatizado, inaugurada en 1987 para servir as antigas zonas portuarias do leste de Londres, hoxe reconvertidas en barrios residencias e financeiros, coñecidas como Docklands.[1] Vai desde Stratford (norte) até Lewisham (sur), e desde Tower Gateway e Bank (oeste, distrito financeiro da Cidade de Londres) a Beckton, Aeroporto de Cidade do Londres e Woolwich Arsenal (leste).

O sistema emprega un cadro de persoal mínimo nos trens e principais estacións, porén as catro estacións baixo terra si están equipadas co número de traballadores mínimo preciso para cumprir coas normativas de seguridade ante a posíbel presenza de lumes.

Un DLR atravesa o longo viaduto de Westferry

O DLR opera baixo unha franquía concedida por Transport for London a Keolis Amey Docklands, unha joint venture entre a empresa de transporte Keolis e Amey plc, especialistas en infraestrutura. Durante 17 anos foi operado por Serco Docklands, parte do Grupo Serco.[2][3] O sistema é propiedade por Docklands Light Railway Ltd., empresa subsidiaria de TfL.[4] No curso 2013-2014, o DLR transportara uns 110.2 millóns de pasaxeiros.[5] A súa rede ten sido ampliada en diversas ocasións desde a súa estrea e na actualidade as autoridades locais están a considerar futuras extensións.

Mapa da rede

Notas

  1. "Docklands Light Railway Capacity Upgrading, United Kingdom". railway-technology.com. Consultado o 2016-08-23. 
  2. "SERCO LIMITED 00242246". HM Government. Consultado o 2016-08-23. 
  3. "Serco loses Docklands Light Railway franchise". Consultado o 2016-08-23. 
  4. "DOCKLANDS LIGHT RAILWAY LIMITED 02052677". HM Government. Consultado o 2016-08-23. 
  5. "Light Rail and Tram Statistics: England 2014/15" (PDF). Department for Transport. Consultado o 2016-08-23. 

Véxase tamén

Outros artigos