Emily Davison

Emily Davison
Nacemento11 de outubro de 1872
Lugar de nacementoLondres
Falecemento8 de xuño de 1913
Lugar de falecementoEpsom
SoterradaSt Mary's, High Church e Grave Of Emily Davison Approx 100 Yards North-West Of Church Of St Mary
NacionalidadeReino Unido de Gran Bretaña e Irlanda
Alma máterRoyal Holloway University of London, Universidade de Londres e Kensington Prep School
Ocupaciónsufraxista, activista polos dereitos das mulleres, suffragette e mestra
PremiosHunger Strike Medal
Na rede
WikiTree: Davison-1517 Find a Grave: 10754918 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Emily Wilding Davison, nada en Blackheath, Londres, o 11 de outubro de 1872 e finada en Epsom, Surrey, o 8 de xuño de 1913, foi unha militante do movemento polo voto feminino en Gran Bretaña que tras unha serie de accións que foron tanto destrutivas como violentas, se lanzou fronte ao cabalo do rei Xurxo V no Derby Epson Downs, resultando en feridas que causaron a súa morte cerebral, formalmente declarada catro días despois, pola insistencia da familia por un veredito de accidente.[1][2]

Traxectoria

Primeiros anos

Emily Wilding Davison era filla de Charles Davison e Margaret Davison, tiña dúas irmás e un irmán, e moitos medio-irmáns, incluído o capitán naval retirado Jocely Henry Davison, que prestou declaración na investigación.[3]

Tivo un bo desempeño na escola e unha educación universitaria. Estudou por primeira vez no colexio Royal Holloway de Londres, mais infelizmente, non puido continuar os seus estudos xa que súa nai enviuvara recentemente e sen traballo non podía pagar as taxas.

A pesar da miseria e con esforzo preparouse para traballar como profesora en Edgbaston e Worthing, o que lle permitiu obter diñeiro abondo para estudar lingua e literatura inglesa no colexio St. Hugh's pertencente á Universidade de Oxford e obtivo honras de primeira clase nos seus exames finais, a pesar de que neses tempos non estaba permitido ás mulleres o ingreso na graduación en Oxford. Non perdeu forzas e obtivo un posto para ensinar aos fillos dunha familia en Berkshire; posteriormente, en 1906, afiliouse á Women's Social and Political Union (WSPU), comprometéndose e envolvéndose máis en defender o dereito das mulleres. Dous anos despois abandonou o seu emprego como profesora para se dedicar a tempo enteiro á causa do sufraxio feminino.[4]

Activismo

Davison gañou a reputación de ser unha militante radical, unha vez que realizaba accións sen a aprobación da WSPU. Produto dos seus actos contra a opresión e a violación dos dereitos da muller, sumado á impotencia en que vivía, foi detida e encarcerada por varios delitos, entre eles un ataque contra un home que confundiu co Ministro de Facenda, David Lloyd George.[4]

As peticións a favor dos dereitos das mulleres e na súa propia defensa eran nulas, polo que Davison se declarou en folga de fame na prisión Strangeways e tivo que ser alimentada á forza. Na prisión de Holloway, como sinal de protesta polas inxustizas, lanzouse por unha escaleira de ferro sufrindo danos graves na columna vertebral.[5]

Morte

Emily Davison despois de ser atinxida polo cabalo do rei en 1913.

O propósito de Davison para asistir ao Derby do 4 de xuño de 1913 era claro: que se permitise ás mulleres votar. Mais en relación ao evento dramático, a maioría opina que estaba tentando pór un cartel sufraxista nun cabalo, mais calculou mal e foi brutalmente golpeada.[6]

Aínda que o filme gravado ese día mostra que ela ía para a fronte do cabalo, este tiña que deterse; porén, non se detivo e lanzouna ao chan, deixándoa inconsciente. Comentouse moito o tema, xa que ese mesmo día comprara un billete de tren de volta e tamén unha entrada para un baile sufraxista que se ía celebrar máis tarde ese mesmo día, o que indica que non tiña intención de sacrificarse.

Davison morreu catro días máis tarde no Epsom Cottage Hospital debido a unha fractura no cranio e lesións internas causadas polo incidente. O xinete que montaba o cabalo, de nome Herbert Jones, sufriu unha conmoción cerebral leve no accidente.

Legado

Funeral de Emily Davison.

En 1928, no funeral de Emmeline Pankhurst, unha das fundadoras do movemento sufraxista británico, Herbert Jones colocou unha ofrenda floral "para honrar a memoria da señora Pankhurst e da señorita Emily Davison".

Davison foi enterrada no patio da igrexa de Santa María de Morpeth. O cemiterio está preto de Longhorsley, onde vivira a súa nai. O funeral atraeu unha gran multitude. A súa lápida leva o lema USPM: "Actos, non palabras". O velorio celebrouse en Londres o 14 de xuño de 1913 e o cadaleito foi levado en tren a Morpeth para o enterro o 15 de xuño.

Na cultura popular

Davison foi interpretada pola actriz Natalie Press no filme Suffragette de 2015, que retrata a loita das mulleres polo dereito ao voto en Londres.

Notas

  1. "Emily Davison killed at the 1913 Derby" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 07 de xullo de 2011. Consultado o 25 de xullo de 2011. 
  2. "Historic Figures - Emily Davison" (en inglés). Consultado o 25 de xullo de 2011. 
  3. "Emily Wilding Davison". Consultado o 12-10-2016. 
  4. 4,0 4,1 Naylor, Fay. ""Emily Wilding Davison: Martyr or Firebrand?"" (PDF). Higher Magazine. Consultado o 12-10-2016. 
  5. "Emily Wilding Davison – Suffragette Martyr? |". Arquivado dende o orixinal o 19 de setembro de 2020. Consultado o 2016-10-12. 
  6. Thorpe, Vanessa (25-05-2013). "Truth behind the death of suffragette Emily Davison is finally revealed". The Guardian (en inglés). ISSN 0261-3077. 

Véxase tamén

Ligazóns externas